Marisol Yagüe

política española

Marisol Yagüe, nada en La Línea de la Concepción (provincia de Cádiz) en 1952, é unha política española.

Infotaula de personaMarisol Yagüe
Biografía
Nacemento(es) Marisol Yagüe Reyes Editar o valor em Wikidata
1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
La Línea de la Concepción, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Marbella
2003 – 2006
← Julián MuñozTomás Reñones Crego → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGrupo Independiente Liberal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Converteuse en alcaldesa de Marbella o 13 de agosto de 2003 grazas a unha moción de censura apoiada por oito tránsfugas do que era entón o seu partido (o GIL, Grupo Independiente Liberal), tres edís do PSOE e outros tres do PA, arrebatándolle o posto ao ata entón alcalde Julián Muñoz, tamén do GIL.

Tras a moción de censura, Yagüe abandonou o GIL tras 12 anos e pasou ao Grupo mixto A xunto aos tránsfugas do GIL. Trátase da primeira muller que se converteu en rexedora marbellí e o inicio do seu mandato supuxo o fin de máis dunha década de goberno do GIL no municipio.

Escándalos editar

Como alcaldesa, Yagüe enfrontouse a varios escándalos de corrupción. En 2006 a súa casa foi embargada de forma preventiva despois de que unha empresa construtora a acusase de tentar pagarlle a reforma que fixera á súa vivenda con diñeiro municipal.[1][2][3] O 1 de abril de 2006 ingresou en prisión incondicional como imputada polo caso Malaya, aínda que saíu do cárcere posteriormente baixo fianza.

O 27 de xaneiro de 2016 ingresou no cárcere de Alhaurín de la Torre para cumprir unha pena de cinco anos e medio polo caso Malaya.[4]

En 2020, a Audiencia de Málaga iniciou un xuízo contra Yagüe, que foi acusada polos delitos de prevaricación e malversación e por designar ao seu marido no ano 2003 (tamén procesado nesta causa) como coordinador nunha área do Concello de Marbella sen seguir os procedementos legais estabelecidos.[3]

Notas editar

  1. Europa Press/Redacción (8 de marzo de 2006). "Decretan el embargo preventivo de la casa de la alcaldesa de Marbella por un impago millonario". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 2023-06-11. 
  2. Simón, Hugo (23 de decembro de 2005). "Copasur insinúa que Yagüe usó dinero público en la obra de su casa". La Opinión de Málaga (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (12 de outubro de 2020). "Nuevo capítulo judicial contra Yagüe, exalcaldesa de Marbella: al banquillo por colocar a su marido". El Español (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023. 
  4. Bayona, V.R. (27 de xaneiro de 2016). "Marisol Yagüe ingresa en la prisión de Alhaurín de la Torre para cumplir su condena por el caso Malaya". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar