Gabriel Batistuta

futbolista arxentino

Gabriel Omar Batistuta, nado en Reconquista (Provincia de Santa Fe) o 1 de febreiro de 1969, é un exfutbolista arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro, foi alcumado futbolisticamente coma Batigol. No seu momento foi o máximo goleador da historia da Selección de fútbol da Arxentina, até que foi superado por Leo Messi. Tamén foi adestrador de fútbol e xogador de Polo no seu país natal.

Modelo:BiografíaGabriel Batistuta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gabriel Omar Batistuta Zilli Editar o valor en Wikidata
1 de febreiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Reconquista, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, xornalista, Xogador de polo, actor Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1988–1989 Club Atlético Newell's Old Boys 16(4)
1989–1990   CA River Plate 19(3)
1990–1991   CA Boca Juniors 30(13)
1991–2000   ACF Fiorentina 269(168)
2000–2003 AS Roma 63(30)
2003–2003 cesión   Inter de Milán 12(2)
2003–2005 Al-Arabi Sports Club 21(25)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1991–2002   Arxentina 78(56)
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 Editar o valor en Wikidata

Páxina webbatistuta.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5020766 FIFA: 75952 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Debutou na primeira división arxentina co CA Newell's Old Boys no ano 1988, ao finalizar esa tempada fichou por un dos grandes da liga, o CA River Plate, porén mediada a tempada fichou polo eterno rival, o CA Boca Juniors. As súas boas actuacións fixeron que en 1991 dera o salto a Europa, ao fichar pola ACF Fiorentina da Serie A italiana.

No equipo italiano pasou os mellores anos da súa carreira, militando no mesmo nove tempadas sendo o máximo goleador do campionato en 1995 e gañando a Copa e Supercopa italianas en 1996.

No verán do ano 2000 fichou polo AS Roma, onde xogou os últimos anos ao máximo nivel, xa que ao final de 2003 foi cedido ao Inter de Milán no que acabou a tempada antes de fichar polo Al-Arabi de Qatar, onde se retirou do fútbol profesional en 2005.

Deixou unha profunda impresión na Serie A italiana, da que é un dos máximos goleadores estranxeiros da súa historia.

Palmarés

editar

Competicións por equipos

editar
Título Club País Ano
Primeira División CA River Plate   Arxentina 1990/89
Serie B ACF Fiorentina   Italia 1994
Copa de Italia ACF Fiorentina   Italia 1996
Supercopa de Italia ACF Fiorentina   Italia 1996
Serie A AS Roma   Italia 2001
Supercopa de Italia AS Roma   Italia 2001
Liga de Qatar Al-Arabi   Qatar 2004

Coa selección de fútbol da Arxentina

editar
Título Seleccionado País Ano
Copa América Selección Arxentina   Chile 1991
Copa Kirin Selección Arxentina   Xapón 1992
Copa Rey Fahd Selección Arxentina   Arabia Saudita 1992
Copa Artemio Franchi Selección Arxentina   Arxentina 1993
Copa América Selección Arxentina   Ecuador 1993

Estatísticas

editar
Club Tempada Liga Copa Nac. Copa Inter. Total
Enc. Goles Enc. Goles Enc. Goles Enc. Goles
CA Newell's
  Arxentina
1988/89 23 6 - - 5 3 28 9
Total 23 6 - - 5 3 28 9
CA River Plate
  Arxentina
1989/90 24 4 - - - - 24 4
Total 24 4 - - - - 24 4
CA Boca Juniors
  Arxentina
1990/91 37 13 - - 10 6 47 19
Total 37 13 - - 10 6 47 19
ACF Fiorentina
  Italia
1991/92 27 13 3 1 - - 30 14
1992/93 32 16 3 3 - - 35 19
1993/94 26 16 4 3 2 2 32 21
1994/95 32 26 5 2 - - 37 28
1995/96 31 19 8 8 - - 39 27
1996/97 32 13 3 2 7 4 42 19
1997/98 31 21 5 3 - - 36 24
1998/99 28 21 6 4 3 1 37 26
1999/00 30 23 3 0 11 6 44 29
Total 269 168 40 26 23 13 332 207
AS Roma
  Italia
2000/01 28 20 - - 3 1 31 21
2001/02 23 6 1 0 8 0 32 6
2002 17 4 2 1 6 1 25 6
Total 68 30 3 1 17 2 88 33
Inter de Milán
  Italia
2003 12 2 - - - - 12 2
Total 12 2 - - - - 12 2
Al-Arabi SC
  Qatar
2003/04 23 26 - - - - 23 26
2004/05 3 0 - - - - 3 0
Total 26 26 - - - - 26 26
Total na súa carreira 459 249 43 27 47 27 557 300

Véxase tamén

editar
Predecesor:
Abel Balbo
Futbolista Arxentino do Ano
1998
Sucesor:
Hernán Crespo