Paolo Rossi
Paolo Rossi, nado na provincia de Prato o 23 de setembro de 1956 e finado en Siena o 9 de decembro de 2020,[1] foi un futbolista italiano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección italiana. No ano 1982, levou a Italia a conquista-lo título mundial por terceira vez. Ao anotar seis goles fíxose coa Bota de Ouro e co Balón de Ouro. Até o de agora é o único xogador en gaña-los tres premios nunha soa competición.
Paolo Rossi | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Paolo Rossi | ||
Nacemento | 23 de setembro de 1956 | ||
Lugar de nacemento | Prato | ||
Falecemento | 9 de decembro de 2020 | ||
Lugar de falecemento | Siena | ||
Altura | 1,77 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1976 | Como | 6 | (0) |
1976–1979 | Vicenza | 94 | (60) |
1979–1980 | → Perugia (cedido) | 28 | (13) |
1981–1985 | Juventus | 83 | (24) |
1985–1986 | Milan | 20 | (2) |
1986–1987 | Hellas Verona | 20 | (4) |
Selección nacional | |||
1977–1986 | Italia | 48 | (20) |
Na rede | |||
http://pablitorossi.com | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
CarreiraEditar
Os comezosEditar
Rossi naceu en Santa Lucía, na Toscana. O seu debut profesional prodúcese no Como, equipo ao cal a Juventus o enviara para que fose collendo experiencia. Pouco despois chega ao Vicenza. Na tempada 1976-77 o goles de Rossi levan á escuadra á primeira división italiana, a Serie A. Ao ano seguinta anota 24 goles, polo que é chamado para a selección que disputa o Mundial de Fútbol Arxentina 1978. Aquí Paolo Rossi confírmase coma un dos grandes goleadores daqueles tempos. En 1979 o Vicenza descende á Serie B, e o xogador é cedido ao Perugia.
EscándaloEditar
Na súa estancia no Perugia veuse involucrado nun escádalo de apostas, o chamado (Totonero)), co resultado de que Rossi foi suspendido por dous anos. El sempre dixo que era inocente e que esta condena era unha inxustiza. No seu libro "Ho fatto piangere il Brasile" unha das persoas que o acusaran admite que os cargos que se lle imputaron eran unha invención.
Mundial de 1982Editar
Rossi volta da suspensión xusto a tempo para disputalo Mundial de Fútbol España 1982, mais tanto a prensa coma os seareiros italianos concidían en que estaba nun pobre estado de forma. E dende logo nos tres primeiros encontros non lles deu motivo para mudaren a súa opinión.
O adestrador italiano, Bearzot, seguiu a confir nel cara a segunda fase do torneo, ande se enfrontarían á Arxentina e ó Brasil, o favorito para facerso co campionata. Aquel Brasil contaba cunha morea de estrelas coma Zico, Sócrates, Falcão... Mais Rossi respondeu ao desafío. Marcou os tres goles na vitoria contra o Brasil por 3-2.
Nas semifinais, contra Polonia marcou outros dous goles, e na final contra a Alemaña anotou o primeiro gol. Italia remataría gañando a final por 3-1. Os seus méritos neste mundial outorgáronlle o Balón de Ouro de 1982.
Últimos anosEditar
En 1982 foi para a Juventus onde conseguiu gañar unha Recopa en 1984 e a Copa de Europa en 1985.
Pouco despois pasou polo AC Milán e finalmente rematou os seus días de futbolista no Verona, onde se retirou en 1987.
Tamén se dedicou á construción. Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores futbolistas vivos.
NotasEditar
- ↑ Cugini, Mimmo (10 de decembro de 2020). "È morto Paolo Rossi, simbolo dell'Italia Mondiale del 1982". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 10 de decembro de 2020.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial do xogador Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en italiano)