Sócrates (futbolista)

futbolista brasileiro

Sócrates Brasileiro Sampaio de Souza Vieira de Oliveira, nado en Belém do Pará o 19 de febreiro de 1954 e finado en São Paulo o 4 de decembro de 2011, foi un futbolista brasileiro, máis coñecido como Sócrates. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira en 60 ocasións.

Sócrates
Información persoal
Nome Sócrates Brasileiro Sampaio de
Souza Vieira de Oliveira
Nacemento 19 de febreiro de 1954
Lugar de nacemento Belém do Pará
Falecemento 4 de decembro de 2011
Lugar de falecemento São Paulo
Altura 1,93 m
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1974–1976 Botafogo 57 (24)
1978–1984 Corinthians 297 (172)
1984–1985 Fiorentina 25 (6)
1986–1987 Flamengo 20 (5)
1988–1989 Santos 5 (2)
1989 Botafogo 0 (0)
2004 Garforth Town 1 (0)
Selección nacional
1979–1986 Brasil 60 (22)
Na rede
Musicbrainz: 2a183e7a-9a5b-4655-8cf8-f7160cf9df7f Discogs: 1857547 FIFA: 63627 Find a Grave: 81552303 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A maioría da súa carreira transcorreu no Corinthians entre 1978 e 1984. Na tempada 1984-85 probou sorte en Europa, fichando pola Fiorentina, porén ao rematar o ano volveu ao Brasil, primeiro ao Flamengo e finalmente ó Santos. Retirouse xogando no Garforth Town AFC‎ inglés.

Formou un gran grupo na selección brasileira con xogadores como Zico ou Falcão, destacando o paso polo mundial de España 1982.

Unha vez retirado exerceu como adestrador durante un tempo, dirixindo ao Botafogo, LDU Quito e a Associação Desportiva Cabofriense.

Vida persoal editar

Faleceu dunha infección intestinal[1].

Notas editar