Salvatore Schillaci
Salvatore Schillaci, nado en Palermo o 1 de decembro de 1964, é un exfutbolista siciliano, coñecido como "Totó" Schillaci.
Salvatore Schillaci | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de decembro de 1964 |
Lugar de nacemento | Palermo |
Nacionalidade | Italia |
Ocupación | futbolista e actor |
Premios | World Cup Golden Ball e Cavaleiro da Ordem do Mérito da República Italiana |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
No 1983 empezou xogando para o Messina FC, club que daquela alternaba as series B e C (2ª e 3ª categorías italianas). Xogou seis anos no club siciliano, ata que foi contratado pola Juventus de Turín. Destacou como especialista goleador e no club turinés gañou unha Copa de Italia e unha Copa da UEFA. En 1992 ficha polo Inter de Milán e tras unha temporada mediocre continuou a súa carreira no Júbilo Iwata da Liga xaponesa. Retirouse neste mesmo club aos 35 anos no 1999.
O seu fútbol Editar
Foi un 9 puro, un dianteiro centro presionante, oportunista, sen grandes capacidades técnicas, pero si físicas e, sobre todo, cunha gran capacidade goleadora. O seu gran momento foi a Copa do Mundo de Italia 90, da que foi o seu máximo goleador.