Marcelino Martínez

futbolista galego

Marcelino Martínez Cao, nado en Ares o 29 de abril de 1940, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Marcelino Martínez
Información persoal
Nome Marcelino Martínez Cao
Nacemento 29 de abril de 1940 (83 anos)
Lugar de nacemento Ares
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Numancia Ares
1957–1958 Galicia de Mugardos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1959 Racing de Ferrol 30 (2)
1959–1970 Zaragoza 231 (70)
Total 262 (72)
Selección nacional
1961 España B 2 (2)
1961–1967 España 14 (4)
Na rede
FIFA: 53731 UEFA: 38116 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Xogador histórico do Real Zaragoza, co que gañou dúas Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Feiras, é principalmente recordado polo gol que lle anotou a Lev Iashin, porteiro da Unión Soviética, na final da Eurocopa de 1964, co que a selección española gañou o seu primeiro título.

Traxectoria editar

Inicios (1940-1958) editar

Comezou a xogar ao fútbol nas praias de Ares e logo estivo interno ata os 16 anos no Seminario Maior de Santiago de Compostela, onde continuou xogando ao fútbol.[1][2] Tras deixar o seminario e pasar brevemente polo Numancia de Ares e o Galicia de Mugardos, fichou en 1958 polo Racing de Ferrol, que militaba en Segunda División.[3]

Real Zaragoza (1958-1970) editar

Despois dunha tempada en Ferrol, foi contratado polo Real Zaragoza por unha gran suma de diñeiro.[3] Pouco despois converteuse no primeiro xogador do Zaragoza en ser internacional coa selección española. Xogou no equipo aragonés entre 1959 e 1970 e integrou xunto a Lapetra, Villa, Canário e Santos o grupo de futbolistas coñecido como "os cinco magníficos". Disputou 332 partidos e marcou 119 goles, sendo aínda hoxe o máximo goleador da historia do club. Durante a súa estancia en Zaragoza o equipo gañou os seus primeiros títulos: dúas Copas do Xeneralísimo e a Copa de Feiras de 1964, cun gol de Marcelino na final fronte ao Valencia.

Retirouse aos 29 anos e volveu a Ares, onde se dedicou ao negocio da construción.[1][3]

Selección española editar

Foi 14 veces internacional coa selección española, coa que debutou o 23 de novembro de 1961 nun partido fronte a Marrocos. Na Eurocopa de 1964 pasou á historia como o autor do gol que lle deu á selección española o seu primeiro título. Foi na final disputada o 21 de xuño de 1964 no Estadio Santiago Bernabéu fronte á Unión Soviética. Só dous minutos despois do gol inicial de Pereda no minuto 6, Galimzián Khusainov empatou o partido, e non foi ata o minuto 84 cando Marcelino recibiu un pase de Pereda e cun cabezazo conseguiu bater ao mítico porteiro Lev Iashin, alcumado "a araña negra", para poñer o 2-1 definitivo.[3]

Palmarés editar

Real Zaragoza

Selección española

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Otero, Pablo M. (17 de xullo de 2011). "Un 'Magnífico' cabezazo que vive ahora del ladrillo". Marca (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  2. "Marcelino, cuéntame otra vez" (en castelán). 6 de xuño de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Araguas, Vicente. "Entrevista a Marcelino" (PDF) (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar