Abrir o menú principal

Severino Reija

futbolista español

Severino Reija Vázquez, nado en Lugo o 25 de novembro de 1938, é un ex-futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.

Severino Reija
Información persoal
Nome completo Severino Reija Vázquez
Nacemento 25 de novembro de 1938 (81 anos)
  Lugo
Nacionalidade España
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Oza Juvenil
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1959 Deportivo da Coruña
1959–1969 Zaragoza 253 (1)
Selección nacional
1960 España sub-21 2 (0)
1961 España B 1 (0)
1962–1967 España 20 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou xogando ao fútbol no equipo do colexio dos Salesianos de Lugo. Logo pasou ao Oza Juvenil da cidade da Coruña, e posteriormente ao Deportivo da Coruña. Co equipo branquiazul xogou na Segunda División ata que ficha polo Real Zaragoza, co que debuta en primeira o 13 de setembro de 1959 no partido Real Valladolid 2 - Zaragoza 1. Xogou dez temporadas no equipo zaragozano, ata que se retirou en 1969.

Selección nacionalEditar

Foi internacional nunha vintena de ocasións, e coa selección española participou nos mundiais de 1962 e de 1966.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar