Estadio Royal Bafokeng
O Royal Bafokeng é un estadio multipropósito, mais principalmente dedicado á práctica do fútbol e do rugby, situado en Rustenburg, Suráfrica. Recibe o seu nome da Nación Royal Bafokeng que habita a zona, a cal construíu e xestiona o recinto. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Royal Bafokeng | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Custo | $270 millóns | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Provincia | Noroeste (Suráfrica) | |||
Distrito municipal | Bojanala Platinum District Municipality (en) ![]() | |||
Concello local | Rustenburg Local Municipality (en) ![]() | |||
Vila | Phokeng (en) ![]() ![]() | |||
Localización | Rustenburg, Suráfrica | |||
Datas | ||||
Fundación | 1999 ![]() | |||
Inauguración | 1999 | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 ![]() | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 44.530 | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Tribo Royal Bafokeng | |||
Ocupante | Platinum Stars Football Club (pt) ![]() ![]() | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarConstruído en 1999, orixinalmente para a práctica do rugby, o estadio foi adecuado para a práctica do fútbol de cara á Copa do Mundo. Tiña capacidade para 38.000 espectadores, mais para a disputa do Mundial de 2010 foi ampliado a 44.530 afeccionados.[1]
A remodelación do Royal Bafokeng completouse en marzo de 2009 para acoller catro partidos da Copa FIFA Confederacións 2009. Anteriormente fora escenario de moitos encontros da Premier Soccer League, a pesar de que Rustenburg non conta con equipo propio. Tamén neste estadio se xogaron encontros oficiais da selección de fútbol de Suráfrica.[2]
Copa do Mundo 2010
editar- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Partidos
editarO Royal Bafokeng albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
12 de xuño | Primeira rolda | Inglaterra | Estados Unidos | ||||
15 de xuño | Primeira rolda | Nova Zelandia | Eslovaquia | ||||
19 de xuño | Primeira rolda | Ghana | Australia | ||||
22 de xuño | Primeira rolda | México | Uruguai | ||||
24 de xuño | Primeira rolda | Dinamarca | Xapón | ||||
26 de xuño | Oitavos de final | Estados Unidos | Ghana |
Notas
editar- ↑ "Terra: Copa Confederacións". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 24 de abril de 2021.
- ↑ "Fifa.com: Royal Bafokeng Stadium.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2010.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Royal Bafokeng |
- Estadio Royal Bafokeng en fifa.com Arquivado 04 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.