Estadio Peter Mokaba

O Estadio Peter Mokaba en Polokwane, Suráfrica, é un campo de fútbol con capacidade para 46.000 espectadores, construído para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. Foi inaugurado en 2010.

Peter Mokaba
Peter Mokaba-stadion
Datos
Coordenadas23°55′29″S 29°28′08″L / -23.924689, 29.468765
LocalizaciónPolokwane, Suráfrica
Construción
Inauguración2010
ArquitectoAFL Architects
Custo$150 millóns
Estadio
SuperficieDesso GrassMaster
Capacidade46.000
Eventos
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Trátase dun do cinco novos estadios construídos para o Campionato do Mundo de 2010, e atópase no Complexo Deportivo Peter Mokaba. Está situado aproximadamente a 5 km do centro da cidade, e a súa capacidade para o campionato será de 46.000 espectadores.[1]

O complexo deportivo leva o nome do falecido Peter Mokaba, un soado activista político da sección xuvenil do Congreso Nacional Africano durante o apartheid. Nacera e vivira en Polokwane, e foi moi recoñecido polo seu espírito de loita e liderado contra o racismo. Ademais, dáse a circunstancia de que foi situado na provincia de Limpopo, a de maior cantidade de futbolistas federados de todo o país.[2]

Características

editar

A forma da grande estrutura de formigón está inspirada nunha árbore local chamada Baobab, cunha estrutura de aceiro que suxeita o teito plano desde cada esquina do estadio, e co apoio nuns troncos sobre os que se asentan as ramplas de circulación vertical. As instalacións foron organizadas para ofrecer un cómodo acceso, estacionamento e circulación dos afeccionados que asisten aos encontros tanto de fútbol como de rugby que se poderán disputar no seu interior.

Copa do Mundo 2010

editar

Partidos

editar

Albergou durante o campionato catro partidos, todos eles da fase de grupos. Os encontros foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
13 de xuño Primeira rolda Alxeria  
0 - 1
  Eslovenia
30.325
17 de xuño Primeira rolda Francia  
0 - 2
  México
35.370
22 de xuño Primeira rolda Grecia  
0 - 2
  Arxentina
38.891
24 de xuño Primeira rolda Paraguai  
0 - 0
  Nova Zelandia
34.850
  1. "Fifa.com: Peter Mokaba.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2010. 
  2. "Fifa.com: Estadio Peter Mokaba.". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 de xuño de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar