Jozef Štibrányi

futbolista eslovaco

Jozef Štibrányi, nado en Vlčkovce, República Eslovaca, o 11 de xaneiro de 1940, é un exfutbolista eslovaco.

Štibrányi
Información persoal
Nome Jozef Štibrányi
Nacemento 11 de xaneiro de 1940
Lugar de nacemento Vlčkovce
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1962 Spartak Trnava 97 (12)
1963–1964 Dukla Praha 7 (0)
1965–1966 Spartak Trnava 17 (2)
1966–1970 Vítkovice
Selección nacional
1960–1963 Checoslovaquia 9 (1)
Na rede
FIFA: 58444 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Militou en varios equipos checoslovacos como o Spartak Trnava ou o Dukla Praha e foi internacional coa selección de Checoslovaquia. Disputou o Mundial de 1962 en Chile, formando parte do combinado checoslovaco que alcanzou a final, perdendo contra o Brasil de Garrincha e Pelé. Marcou un gol durante o torneo, na vitoria por 1-0 contra España no estadio Sausalito de Viña del Mar,[1] chegando só á área e superando cun disparo bombeado ao porteiro vasco Carmelo Cedrún.[2]

Notas editar

  1. "Checoslovaquia 1-0 España 1962". FIFA (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2022. 
  2. Checoslovaquia 1-0 España 1962 (YouTube) (en castelán). 2010. Consultado o 2 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar