Saul Malatrasi

futbolista italiano

Saul Malatrasi, nado en Calto, Rovigo, o 17 de febreiro de 1938, é un exfutbolista e exadestrador italiano, que xogaba principalmente como defensa. Militou en varios dos principais equipos italianos, conquistando numerosos títulos, entre eles tres ligas, dúas Copas de Europa, tres Copas Intercontinentais e dúas Recopas de Europa. Foi o primeiro futbolista en gañar a Copa de Europa con dous equipos diferentes e o único que o fixo con dous equipos da mesma cidade (Milan e Inter). Foi tamén o primeiro en gañar tres edicións da Copa Intercontinental.

Malatrasi
Información persoal
Nome Saul Malatrasi
Nacemento 17 de febreiro de 1938
Lugar de nacemento Calto
Altura 177 centímetros
Posición Defensa
Centrocampista
Carreira xuvenil
Calto
–1957 SPAL
1957–1958 Castelmassa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1959 SPAL 25 (0)
1959–1963 Fiorentina 78 (1)
1963–1964 Roma 28 (2)
1964–1966 Inter de Milán 22 (0)
1966–1967 Lecco 27 (0)
1967–1970 Milan 68 (0)
1970–1972 SPAL 55 (0)
1972–1973 Pro Patria 23 (0)
Selección nacional
1960 Italia sub-23 1 (0)
1963–1965 Italia B 3 (0)
1965–1969 Italia 3 (0)
Adestrador
1975–1976 Legnago
1981 Pescara
1982–1983 Pontedera
1984–1985 Forlì
1987–1988 Angizia Luco
1988–1989 Lodigiani
1990–1991 Celano
Na rede
UEFA: 75622 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Natural de Calto, comezou a xogar ao fútbol no equipo da súa cidade natal, pasando logo ao equipo do SPAL. Tras xogar cedido un ano no Castelmassa para adquirir experiencia, foi subido ao primeiro equipo aos 19 anos. Debutou na Serie A o 21 de setembro de 1958, nun empate sen goles ante a Juventus,[1] e disputou un total de 25 partidos durante a tempada na posición de lateral.[2]

No verán de 1959 foi traspasado á Fiorentina, onde xogou como defensa pero tamén como centrocampista.[3] Militou durante catro tempadas no club toscano,[2] conquistando na segunda delas a Recopa de Europa, a Copa de Italia, a Copa da Amizade Italo-francesa e a Copa dos Alpes.[3][4] Xogou ademais as finais da Recopa de Europa 1961/62 e da Copa de Italia 1959/60, perdendo contra Atlético de Madrid e Juventus respectivamente.

En 1963 foi contratado pola Roma, coa que disputou 28 partidos no campionato de Serie A 1963/64, marcando dous goles. O equipo gañou a Copa de Italia, pero a final celebrouse en novembro de 1964, cando Malatrasi xa deixara o club, fichando polo Inter de Milán.

 
Malatrasi (á dereita) disputando co Inter de Milán a Copa Intercontinental de 1964 ante o Independiente.

Chegou ao equipo lombardo por petición do histórico adestrador Helenio Herrera, como alternativa a Carlo Tagnin, aínda que por necesidade tivo que substituír o lesionado Armando Picchi no posto de líbero. Disputou 15 partidos de liga durante a súa primeira tempada cos nerazzurri,[5] ano no que o equipo gañou o scudetto, a Copa de Europa e a Copa Intercontinental. Nesta última, gañada ante o Independiente arxentino, Malatrasi foi titular tanto no partido de volta como no de desempate disputado no Santiago Bernabéu.[6] Ao ano seguinte os nerazzurri volveron gañar o campionato de liga e a Copa Intercontinental, mentres que na Copa de Europa caeron en semifinais fronte ao Real Madrid.

Ao final da tempada Malatrasi foi vendido ao Lecco, tamén da Serie A, onde disputou 27 partidos nunha campaña que acabou co descenso do club.[2] Con todo, as súas boas actuacións fixeron que se fixase nel o Milan, que o fichou no verán de 1967.

Nereo Rocco despregouno como líbero, posición que xa ocupara na súa etapa no Inter.[2] Na súa primeira tempada no equipo rossonero gañou o scudetto e a Recopa de Europa.[7] Ao ano seguinte proclamouse campión da Copa de Europa, sendo titular na final contra o Ajax de Johan Cruyff no Santiago Bernabéu. Converteuse así no primeiro futbolista en conquistar o título con dous equipos diferentes, e no único en logralo con dous clubs da mesma cidade.

En outubro de 1969 converteuse no primeiro futbolista en gañar tres veces a Copa Intercontinental, sendo titular fronte ao Estudiantes tanto na ida como na volta.[8][9]

Coa súa carreira preto da fin, decidiu regresar ao seu primeiro equipo, o SPAL, co que xogou dúas tempadas na Serie C, disputando un total de 55 partidos.[1] Militou unha última campaña no Pro Patria de Busto Arsizio, antes de retirarse do fútbol en 1973.[1]

Selección italiana editar

Foi internacional coa selección italiana sub-23 e coa selección B,[1] antes de debutar coa selección absoluta de Italia en 1965, nun partido contra Alemaña Oriental.[10] Disputou un total de 3 partidos coa absoluta, os dous últimos en 1969.

Como adestrador editar

Despois de sacar o curso de adestrador en outubro de 1971, regresou ao SPAL, onde exerceu como segundo adestrador durante dúas tempadas. A continuación pasou polo Legnago, onde permaneceu só unha tempada, antes de volver ao SPAL como técnico do equipo xuvenil.

Na tempada 1980/81 substituíu a Antonio Trebiciani á fronte dos xuvenís da Roma, levando o equipo á vitoria do Torneo de Viareggio de 1981.

No verán de 1981 foi contratado polo Pescara, equipo da Serie B, para substituír a Aldo Agroppi.[11] Con todo, foi destituído tras 4 derrotas nos primeiros 5 partidos.[11] Posteriormente adestrou o Pontedera, o Forlì,[12] o Angizia Luco e o Lodigiani.[13]

Características técnicas editar

Era un futbolista polivalente, capaz de xogar como lateral, como central, como líbero e como centrocampista. Como defensa era rochoso, fiable,[14] e seguro e ordenado nos pases.[15]

Palmarés editar

Fiorentina
Roma
Inter de Milán
Milan

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sappino, Marco (2000). Dizionario biografico enciclopedico di un secolo del calcio italiano (en italiano) 2. Milán: Baldini&Castoldi. ISBN 88-8089-862-0. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 V.V. A.A. (2005). La Raccolta completa degli Album Panini (en italiano) (1 ed.). La Gazzetta dello Sport. 
  3. 3,0 3,1 "MALATRASI Saul". atf-firenze.it (en italiano). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  4. "Cup of Italian-Swiss Friendship". rsssf.com (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  5. "Saul Malatrasi". Football Club Internazionale Milano (en italiano). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  6. "Intercontinental Club Cup 1964". rsssf.com (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  7. "Saul Malatrasi". magliarossonera.it (en italiano). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  8. "Estudiantes – Milan: la Coppa insanguinata" (en italiano). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  9. "Intercontinental Club Cup 1969". rsssf.com (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  10. "Italy - International Matches 1960-1969". rsssf.com (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  11. 11,0 11,1 "La storia del Pescara Calcio dal 1980 al 1980". solopescara.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2009. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  12. "Storia". forlifc.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2011. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  13. V.V. A.A. (1988). Almanacco illustrato del calcio (en italiano). Edizioni Panini. p. 318. 
  14. "Saul Malatrasi". enciclopediagiallorossa.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  15. Mancini, Gabriella (6 de maio de 2003). "Malatrasi duplex: ha vinto con tutti e due i club". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 29 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar