Ramón Vázquez García

futbolista español

Ramón Vázquez García, máis coñecido como Ramón, nado en Alcalá de Guadaíra o 14 de febreiro de 1964, é un ex futbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Ramón
Información persoal
Nome Ramón Vázquez García
Nacido 14 de febreiro de 1964
Lugar Alcalá de Guadaíra
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Retirado
Carreira xuvenil
Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1983 Sevilla B
1983–1992 Sevilla 215 (45)
1985–1986Recreativo (cedido) 38 (12)
1992–1993 Deportivo da Coruña 0 (0)
1993–1994 Albacete 17 (0)
Selección nacional
España sub-21
1986–1989 España 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Criouse na canteira do Sevilla FC, club no que desenvolveu case toda a súa carreira futbolística. A súa progresión truncouse por unha grave lesión de xeonllo en 1992.

TraxectoriaEditar

Seu pai era o futbolista Eugenio Vázquez, que xogou entre outros no Betis, mentres que súa nai traballara un tempo na casa de Ramón Sánchez-Pizjuán, presidente do Sevilla FC.[1]

Criouse futbolisticamente na canteira do Sevilla FC, debutando co primeiro equipo en Primeira División na tempada 1982/83.[2] Combinou o filial co primeiro equipo ata 1985, cando saíu cedido ao Recreativo de Huelva, na Segunda División.[1] Co club decano fixo unha gran tempada, anotando 15 goles, e ao seu regreso en Sevilla gañou a titularidade e sumou 16 goles en liga e un en Copa.

Continuou no club hispalense ata 1992, contabilizando un total de 244 partidos e 51 goles. En xuño de 1992 comprometeuse co Deportivo da Coruña para a tempada 1992/93 pero disputou antes un último partido co Sevilla, correspondente á derradeira xornada da 1991/92 fronte ao Valladolid. Nese partido sufriu unha grave lesión tras unha entrada de Vicente Engonga, rompendo os ligamentos do seu xeonllo esquerdo.[3] Un ano e un mes despois, e sen se ter estreado co Deportivo, foi traspasado ao Racing de Santander, que acababa de ascender a Primeira.[4] Con todo, volveu ao Deportivo uns días despois, ao non pasar con éxito o seu xeonllo o recoñecemento médico.

Finalmente, debutou co Deportivo no Teresa Herrera 1993, na final de consolación fronte á Lazio. Entrou no campo preto do final, como substituto de Alfredo e anotou o gol do empate e logo o derradeiro e decisivo lanzamento na quenda de penaltis.[5] Disputou tamén o Trofeo Juan Acuña fronte ao Universidad Católica de Chile, xogando de novo os minutos finais e marcando outro gol.[5] Con todo, non entrou nos plans de Arsenio e foi cedido ao Albacete, onde dispuxo de poucos minutos durante a tempada. En agosto de 1994, con 30 anos, anunciou a súa retirada.[6]

Tras a súa retirada volveu ao Sevilla FC, incorporándose á secretaría técnica do club.[7]

Selección españolaEditar

Foi internacional coa selección española en tres ocasións. Debutou con esta o 21 de xaneiro de 1987 fronte aos Países Baixos no Camp Nou. Marcou un único gol coa selección, nun amigable fronte a Inglaterra no Santiago Bernabéu.

Vida persoalEditar

Seu pai, Eugenio Vázquez, foi futbolista entre outros do Betis e o Recreativo de Huelva. O seu fillo Javi Vázquez, tamén futbolista, milita no UD Ibiza.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Ramón Vázquez: “La base de lo que hoy es el Sevilla empezó por reconocer que el club estaba en la ruina”" (en castelán). 17 de xuño de 2020. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  2. "RAMÓN VÁZQUEZ: "AHORA ES MUY DIFÍCIL QUE SALGAN JUGADORES DE CALLE, PERO SON MÁS COMPLETOS EN TODO"" (en castelán). 29 de abril de 2020. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  3. "Ramón: «Ha sido mala suerte y ya está»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 9 de xuño de 1992. p. 44. 
  4. "El Deportivo traspasa a Ramón Vázquez". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 1993. p. 41. 
  5. 5,0 5,1 "Despertar de un mal sueño". El País (en castelán). 25 de agosto de 1993. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 
  6. "Ramón confirma su retirada". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de agosto de 1994. p. 50. 
  7. "Javi Vázquez, tras la estela de su padre Ramón" (en castelán). 2 de novembro de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar