Omar Sívori

futbolista arxentino

Enrique Omar Sívori, nado en San Nicolás de los Arroyos, Provincia de Buenos Aires, o 2 de outubro de 1935 e falecido na mesma cidade o 17 de febreiro de 2005), foi un futbolista e adestrador ítalo-arxentino.

Omar Sívori
EnriqueSivori 1956.jpeg
Información persoal
Nome Enrique Omar Sívori
Nacido 2 de outubro de 1935
Lugar San Nicolás de los Arroyos
Falecido 17 de febreiro de 2005
Lugar San Nicolás de los Arroyos
Altura 1,70
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual retirado
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Debutou en River Plate no 1954, ós 17 anos de idade, onde gañou a Liga arxentina en 1955 e 1956. Xogou 63 encontros e anotou 28 goles.

En 1957 fichou pola Juventus da Serie A italiana pola cifra récord de 10 millóns de pesos arxentinos. Alí gañou tres títulos de Liga (1958, 1960 e 1961), dúas Copas de Italia (1959 e 1960) e foi o máximo anotador da Liga italiana (1960). Xogou 215 partidos e anotou 135 goles.

Ao obte-la dobre nacionalidade ítalo-arxentina puido gaña-lo Balón de Ouro coma mellor xogador europeo en 1961.

En 1965 foise ao SSC Napoli, no que ficou catro tempadas. Despois de retirarse dirixiu, entre outros, a Rosario Central, River Plate e á Selección arxentina.

Selección nacionalEditar

Foi internacional coas Selecciones arxentina e italiana. Pola escuadra arxentina xogou 18 encontros e anotou 9 goles, e tamén gañou a Copa América 1957. Pola selección italiana xogou 9 encontros, anotando 8 goles.

ClubsEditar

TítulosEditar

Campionatos nacionaisEditar

  • River Plate - (Arxentina) - 1955
  • River Plate - (Arxentina) - 1956
  • Juventus FC - (Italia) - 1957
  • Juventus FC - (Italia) - 1959 (Copa de Italia)
  • Juventus FC - (Italia) - 1959
  • Juventus FC - (Italia) - 1960 (Copa de Italia)
  • Juventus FC - (Italia) - 1960

Copas internacionaisEditar

  • Selección nacional de fútbol da Arxentina - (Arxentina) - 1957 (Copa América)

Distincións individuaisEditar

Participacións nos MundiaisEditar

Ligazóns externasEditar