Borislav Cvetković

futbolista serbio

Borislav Cvetković, nado en Karlovac o 30 de setembro de 1962, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol serbio. Foi internacional coa selección iugoslava e medallista olímpico de bronce nos Ánxeles 1984.

Cvetković
Información persoal
Nome Borislav Cvetković
Nacemento 30 de setembro de 1962
Lugar de nacemento Karlovac
Altura 180 centímetros
Posición dianteiro
Carreira xuvenil
Karlovac
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1980–1986 Dinamo Zagreb 151 (44)
1986–1988 Estrela Vermella 63 (22)
1988–1991 Ascoli 84 (20)
1992–1993 Maceratese 26 (8)
1993–1994 Casertana 19 (6)
1994–1995 Borac Čačak 7 (1)
Total 350 (101)
Selección nacional
1983–1988 Iugoslavia 14 (2)
Adestrador
2003–2004 Obilić
2009–2010 Sopot
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Formouse futbolisticamente no Karlovac, pasando logo ao Dinamo Zagreb, co que debutou en 1980 na Primeira División de Iugoslavia. Xogou durante seis tempadas no club croata, gañando unha liga e unha Copa de Iugoslavia e debutando en competicións europeas, ao disputar a Copa de Europa e a Recopa de Europa.

En 1986 fichou polo Estrela Vermella. Na súa primeira tempada chegou ata os cuartos de final da da Copa e Europa, onde foi eliminado polo Real Madrid, e con 7 goles, foi o máximo goleador da competición. Ao ano seguinte gañou unha nova liga iugoslava.

En 1988 deixou o seu país e fichou polo Ascoli, da Serie A. Xogou durante tres anos no club das Marcas, disputando un total de 59 partidos na máxima categoría e marcando 13 goles.

Con todo, a súa carreira viuse truncada en 1991, cando sufriu unha grave lesión que o mantivo inactivo durante todo un ano. Despois pasou a xogar na Serie D, primeiro no Maceratese e despois na Casertana, para rematar definitivamente a súa carreira en 1995 nas filas do Borac Čačak.

Selección de Iugoslavia editar

Foi internacional coa selección de Iugoslavia en 14 ocasións, marcando 2 goles. Disputou a Eurocopa de 1984 e participou nos Xogos Olímpicos de 1984, gañando a medalla de bronce. Ademais foi o máximo goleador do torneo olímpico, con 5 goles, empatado co seu compañeiro Stjepan Deverić e co francés Daniel Xuereb.

Adestrador editar

Despois de retirarse dedicouse ao labor de adestrador., Comezou dirixindo os xuvenís do Obilić, collendo as rendas do primeiro equipo na tempada 2003/04. Máis tarde foi brevemente segundo adestrador de Dragomir Okuka no banco da selección sub-21 de Serbia e Montenegro e entre 2005 e 2006 foi axudante de Walter Zenga no Estrela Vermella de Belgrado.

En 2008 volveu ao Estrela Vermella como segundo adestrador de Zdeněk Zeman e na tempada 2009/10 dirixiu o filial do club na segunda división serbia.

Vida persoal editar

Era irmán máis novo do tamén futbolista Zvjezdan Cvetković, co que coincidiu durante anos no Dinamo Zagreb.[1]

Palmarés editar

Dinamo Zagreb
Estrela Vermella

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar