Primeira Liga de Iugoslavia

(Redirección desde «Primeira División de Iugoslavia»)

A Primeira Liga de Iugoslavia, chamada oficialmente Primeira Liga Federal de Fútbol (en serbio: Прва савезна лига у фудбалу / Prva savezna liga u fudbalu, en croata: Prva savezna liga u nogometu, en esloveno: Prva zvezna nogometna liga, en macedonio: Прва сојузна лига, en albanés: Liga e parë federale), foi a máxima categoría do sistema de ligas de fútbol do Reino de Iugoslavia (1918–1941) e do seu Estado sucesor, a República Federal Socialista de Iugoslavia (1945–1992).

Primeira Liga de Iugoslavia
Fundación1923
RexiónIugoslavia
ConfederaciónUEFA
CopaCopa de Iugoslavia
DescensoSegunda Liga
Máis laureadoEstrela Vermella (19 títulos)
OrganizadorAsociación de Fútbol de Iugoslavia

A liga estivo dominada principalmente por clubs serbios e croatas, sendo o Estrela Vermella de Belgrado o equipo máis laureado, con 19 títulos, seguido do Partizan, con 11.

Trala disolución de Iugoslavia, a UEFA recoñeceu como sucesora da Primeira Liga Iugoslava á Primeira Liga da FR de Iugoslavia, da República Federal de Iugoslavia, liga que máis tarde foi renomeada como Primeira Liga de Serbia e Montenegro, e que se disputou ata a súa desaparición en 2006, sendo sucedida á súa vez polas actuais Superliga de Serbia e Primeira División de Montenegro.

Historia editar

 
O Građanski Zagreb, primeiro campión iugoslavo en 1923.

Reino de Iugoslavia (1923-1940) editar

En 1920 a Asociación de Fútbol de Iugoslavia dividiu o territorio do Reino de Iugoslavia (chamado ata 1930 Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) en cinco subfederacións (Zagreb, Belgrado, Liubliana, Saraxevo e Split), e instounas a iniciar cadanseu campionato de fútbol na primavera de 1920 co obxectivo de disputar no outono un campionato a nivel nacional entre os cinco vencedores. Con todo, rematadas as competicións territoriais, a Asociación non conseguiu organizar o torneo nacional nin nese ano nin nos dous seguintes.[1]

Finalmente o primeiro campionato iugoslavo levouse a cabo en 1923, en formato de copa, isto é, con eliminación directa, con seis participantes, trala inclusión dunha nova subfederación, a de Osijek. O primeiro campión foi o Građanski Zagreb. En 1927 pasou a disputarse en formato de liga, fórmula que se continuou usando nos seguintes anos coa excepción das tempadas 1931/32 e 1935/36.[2]

Foi organizada durante os primeiros anos pola Asociación de Fútbol de Iugoslavia con nome en croata (Nogometni Savez Jugoslavije), fundada en abril de 1919 en Zagreb,[3] ata que a finais de 1929 xurdiron desacordos entre as sucursais da asociación de Zagreb e Belgrado. Isto provocou que a sede da asociación se trasladase a Belgrado en maio de 1930, onde adoptou o nome serbio de Fudbalski Savez Jugoslavije e continuou operando a liga ata que esta quedou suspendida debido ao estalido da segunda guerra mundial.[4] Debido ao traslado da sede, os xogadores e adestradores croatas boicotearon a selección iugoslava. Coa invasión de Iugoslavia por parte do Eixe establecéronse ligas croatas e serbias separadas, que se disputaron durante a guerra.

Entre 1927 e 1940 xogáronse dezasete tempadas do campionato, sendo todos os títulos conquistados por equipos ou ben croatas (Građanski Zagreb, Concordia Zagreb, HAŠK Zagreb e Hajduk Split) ou ben serbios (BSK Belgrado e Jugoslavija Belgrado). Durante esta época non existiu unha segunda división a nivel iugoslavo. Durante a década de 1920 os vencedores de cada subfederación accedían directamente ao campionato nacional, mentres que na seguinte década disputábanse eliminatorias para acceder á liga nacional do ano seguinte. A finais dos anos 30 naceron as federacións de fútbol de Serbia, Croacia e Eslovenia, que pasaron a organizar campionatos propios, cuxos mellores clasificados accedían á liga nacional.

A tempada 1940/41 non chegou a disputarse debido á invasión de Iugoslavia por parte das potencias do Eixe.[5] A invasión tivo como resultado a partición de Iugoslavia entre Alemaña, Italia, Hungría e Bulgaria e a creación do Estado Independente de Croacia.

Durante a guerra (1941-1945) editar

Durante a guerra, disputáronse dúas ligas separadas no antigo territorio do Reino de Iugoslavia: o campionato do Estado Independente de Croacia e o campionato da Serbia ocupada.

Primeira Liga de Iugoslavia (1946-1992) editar

Co final da Segunda guerra mundial e a instauración da República Federal Popular de Iugoslavia volveu organizarse o campionato iugoslavo de fútbol. Xa en 1945 levouse a cabo un torneo de eliminación directa entre os representantes de varias das federacións, así como do Exército Popular Iugoslavo, proclamándose campión o equipo serbio. Ese mesmo ano os clubs disputaron a fase de clasificación para o novo campionato nacional, rebautizado como Primeira Liga, ao que foi invitado ademais un equipo italiano, o Ponziana, coa esperanza por parte do goberno da integración de Trieste en Iugoslavia.[6]

O campionato disputouse dende entón en formato de liga, cun número crecente de clubs participantes ata a tempada 1968/69, cando se xogou entre 18 equipos, número que se mantivo constante en todas as edicións seguintes. Profesionalizouse totalmente en 1967.[7] O Estrela Vermella de Belgrado foi o club máis laureado da competición, sumando 19 títulos e 9 subcampionatos, seguido polo tamén serbio Partizan, con 11. O Hajduk Split é o club croata que máis títulos logrou, con 7, por diante dos 4 do Dinamo Zagreb.

A tempada 1990/91 foi a última que se celebrou no seu formato habitual, participando no campionato clubs de todas as unidades federativas de Iugoslavia. A ruptura do país tamén dividiu a súa liga principal en varias máis pequenas.

Historial editar

Tempada a tempada editar

Tempada Campión Subcampión Terceiro Máximo goleador[8] Goles
1923 Građanski Zagreb (1) SAŠK Sarajevo Dragan Jovanović (Jugoslavija) 4
1924 Jugoslavija (1) Hajduk Split Dragan Jovanović (Jugoslavija) 6
1925 Jugoslavija (2) Građanski Zagreb Dragan Jovanović (Jugoslavija) 4
1926 Građanski Zagreb (2) Jugoslavija Dušan Petković (Jugoslavija) 4
1927 Hajduk Split (1) BSK Beograd Kuzman Sotirović (BSK Beograd) 6
1928 Građanski Zagreb (3) Hajduk Split Ljubo Benčić (Hajduk Split) 8
1929 Hajduk Split (2) BSK Beograd Đorđe Vujadinović (BSK Beograd) 10
1930 Concordia (1) Jugoslavija Blagoje Marjanović (BSK Beograd) 10
1930–31 BSK Beograd (1) Concordia Đorđe Vujadinović (BSK Beograd) 12
1931–32 Concordia (2) Hajduk Split Svetislav Valjarević (Concordia) 10
1932–33 BSK Beograd (2) Hajduk Split Vladimir Kragić (Hajduk Split) 21
Non disputada (1933-1934)
1934–35 BSK Beograd (3) Jugoslavija Leo Lemešić (Hajduk Split) 18
1935–36 BSK Beograd (4) Slavija Sarajevo Blagoje Marjanović (BSK Beograd) 5
1936–37 Građanski Zagreb (4) Hajduk Split Blagoje Marjanović (BSK Beograd) 21
1937–38 HAŠK Zagreb (1) BSK Beograd August Lešnik (Građanski Zagreb) 17
1938–39 BSK Beograd (5) Građanski Zagreb August Lešnik (Građanski Zagreb) 22
1939–40 Građanski Zagreb (5) BSK Beograd Svetislav Glišović (BSK Beograd) 10
Non disputada debido á Segunda guerra mundial
1945 SR Serbia (1) JNA SR Croatia Stjepan Bobek (JNA) 8
1946–47 Partizan (1) Dinamo Zagreb Estrela Vermella Franjo Wölfl (Dinamo Zagreb) 28
1947–48 Dinamo Zagreb (1) Hajduk Split Partizan Franjo Wölfl (Dinamo Zagreb) 22
1948–49 Partizan (2) Estrela Vermella Hajduk Split Frane Matošić (Hajduk Split) 17
1950 Hajduk Split (1) Estrela Vermella Partizan Marko Valok (Partizan) 17
1951 Estrela Vermella (1) Dinamo Zagreb Hajduk Split Kosta Tomašević (Estrela Vermella) 16
1952 Hajduk Split (2) Estrela Vermella Lokomotiva Stanoje Jocić (BSK Beograd) 13
1952–53 Estrela Vermella (2) Hajduk Split Partizan Todor Živanović (Estrela Vermella) 17
1953–54 Dinamo Zagreb (2) Partizan Estrela Vermella Stjepan Bobek (Partizan) 21
1954–55 Hajduk Split (3) BSK Beograd Dinamo Zagreb Predrag Marković (BSK Beograd)
Kosta Tomašević (Spartak Subotica)
Bernard Vukas (Hajduk Split)
20
1955–56 Estrela Vermella (3) Partizan Radnički Beograd Muhamed Mujić (Velež Mostar)
Tihomir Ognjanov (Spartak Subotica)
Todor Veselinović (Vojvodina)
21
1956–57 Estrela Vermella (4) Vojvodina Hajduk Split Todor Veselinović (Vojvodina) 28
1957–58 Dinamo Zagreb (3) Partizan Radnički Beograd Todor Veselinović (Vojvodina) 19
1958–59 Estrela Vermella (5) Partizan Vojvodina Bora Kostić (Estrela Vermella) 25
1959–60 Estrela Vermella (6) Dinamo Zagreb Partizan Bora Kostić (Estrela Vermella) 19
1960–61 Partizan (3) Estrela Vermella Hajduk Split Zoran Prljinčević (Radnički Beograd)
Todor Veselinović (Vojvodina)
16
1961–62 Partizan (4) Vojvodina Dinamo Zagreb Dražan Jerković (Dinamo Zagreb) 16
1962–63 Partizan (5) Dinamo Zagreb Željezničar Mišo Smajlović (Željezničar) 18
1963–64 Estrela Vermella (7) OFK Beograd Dinamo Zagreb Asim Ferhatović (FK Sarajevo) 19
1964–65 Partizan (6) FK Sarajevo Estrela Vermella Zlatko Dračić (NK Zagreb) 23
1965–66 Vojvodina (1) Dinamo Zagreb Velež Mostar Petar Nadoveza (Hajduk Split) 21
1966–67 FK Sarajevo (1) Dinamo Zagreb Partizan Mustafa Hasanagić (Partizan) 18
1967–68 Estrela Vermella (8) Partizan Dinamo Zagreb Slobodan Santrač (OFK Beograd) 22
1968–69 Estrela Vermella (9) Dinamo Zagreb Partizan Vojin Lazarević (Estrela Vermella) 22
1969–70 Estrela Vermella (10) Partizan Velež Mostar Slobodan Santrač (OFK Beograd)
Dušan Bajević (Velež Mostar)
20
1970–71 Hajduk Split (4) Željezničar Dinamo Zagreb Petar Nadoveza (Hajduk Split)
Božo Janković (Željezničar)
20
1971–72 Željezničar (1) Estrela Vermella OFK Beograd Slobodan Santrač (OFK Beograd) 33
1972–73 Estrela Vermella (11) Velež Mostar OFK Beograd Slobodan Santrač (OFK Beograd)
Vojin Lazarević (Estrela Vermella)
25
1973–74 Hajduk Split (5) Velež Mostar Estrela Vermella Danilo Popivoda (Olimpija Ljubljana) 17
1974–75 Hajduk Split (6) Vojvodina Estrela Vermella Dušan Savić (Estrela Vermella)
Boško Đorđević (Partizan)
20
1975–76 Partizan (7) Hajduk Split Dinamo Zagreb Nenad Bjeković (Partizan) 24
1976–77 Estrela Vermella (12) Dinamo Zagreb Sloboda Tuzla Zoran Filipović (Estrela Vermella) 21
1977–78 Partizan (8) Estrela Vermella Hajduk Split Radomir Savić (FK Sarajevo) 21
1978–79 Hajduk Split (7) Dinamo Zagreb Estrela Vermella Dušan Savić (Estrela Vermella) 24
1979–80 Estrela Vermella (13) FK Sarajevo Radnički Niš Safet Sušić (FK Sarajevo)
Dragoljub Kostić (Napredak Kruševac)
17
1980–81 Estrela Vermella (14) Hajduk Split Radnički Niš Milan Radović (Rijeka) 26
1981–82 Dinamo Zagreb (4) Estrela Vermella Hajduk Split Snješko Cerin (Dinamo Zagreb) 19
1982–83 Partizan (9) Hajduk Split Dinamo Zagreb Sulejman Halilović (Dinamo Vinkovci) 18
1983–84 Estrela Vermella (15) Partizan Željezničar Darko Pančev (Vardar) 19
1984–85 FK Sarajevo (2) Hajduk Split Partizan Zlatko Vujović (Hajduk Split) 25
1985–86 Partizan (10) Estrela Vermella Velež Mostar Davor Čop (Dinamo Vinkovci) 20
1986–87 Partizan (11) Velež Mostar Estrela Vermella Radmilo Mihajlović (Željezničar) 23
1987–88 Estrela Vermella (16) Partizan Velež Mostar Duško Milinković (Rad) 16
1988–89 Vojvodina (2) Estrela Vermella Hajduk Split Davor Šuker (Osijek) 18
1989–90 Estrela Vermella (17) Dinamo Zagreb Hajduk Split Darko Pančev (Estrela Vermella) 25
1990–91 Estrela Vermella (18) Dinamo Zagreb Partizan Darko Pančev (Estrela Vermella) 34
1991–92 Estrela Vermella (19) Partizan Vojvodina Darko Pančev (Estrela Vermella) 25

Títulos por club editar

Club Títulos Tempadas
Estrela Vermella 19 1951, 1952–53, 1955–56, 1956–57, 1958–59, 1959–60, 1963–64, 1967–68, 1968–69, 1969–70, 1969–70, 71–71–7, 7–7, 8–7 1980–81, 1983–84, 1987–88, 1989–90, 1990–91, 1991–92
Partizan 11 1946–47, 1948–49, 1960–61, 1961–62, 1962–63, 1964–65, 1975–76, 1977–78, 1982–83, 1985–1986, 1985–1976
Hajduk Split 9 1927, 1929, 1950, 1952, 1954–55, 1970–71, 1973–74, 1974–75, 1978–79
OFK Beograd 5 1931, 1933, 1935, 1936, 1939
Građanski Zagreb 5 1923, 1926, 1928, 1937, 1940
Dinamo Zagreb 4 1948, 1954, 1958, 1982
Jugoslavija 2 1924, 1925
Concordia 2 1930, 1932
Sarajevo 2 1967, 1985
Vojvodina 2 1966, 1989
HAŠK 1 1938
Željezničar 1 1972

Títulos por república editar

República Títulos Clubs
Serbia 39 Estrela Vermella, Partizan, OFK Beograd, Jugoslavija, Vojvodina
Croacia 21 Hajduk Split, Građanski Zagreb, Dinamo Zagreb, Concordia, HAŠK
Bosnia e Hercegovina 3 Sarajevo, Željezničar
Macedonia 0
Montenegro 0
Eslovenia 0

Clasificación histórica da Primeira Liga de Iugoslava editar

Só os 12 primeiros clubs.[9]

Club X G E P GF GC GD P
1 Estrela Vermella 1335 719 328 288 2560 1415 +1145 1766
2 Partizan 1335 657 354 324 2285 1428 +857 1668
3 Dinamo Zagreb 1302 597 366 339 2151 1495 +656 1560
4 Hajduk Split 1302 587 346 369 2088 1486 +602 1520
5 Vojvodina 1221 465 311 445 1670 1595 +75 1241
6 Sarajevo 1228 447 311 470 1674 1773 -99 1205
7 Velež Mostar 1174 435 309 430 1668 1615 +53 1179
8 Željezničar 1063 403 274 386 1456 1424 +32 1080
9 OFK Beograd 977 343 281 353 1355 1355 0 967
10 Radnički Niš 979 339 250 390 1088 1244 -156 928
11 Vardar 1005 328 251 426 1195 1459 -264 907
12 Rijeka 898 310 252 336 1083 1163 -80 857

Máximos goleadores editar

Lista completa de xogadores que marcaron 100 goles ou máis no período 1946-1992.[8]

Nome Goles Partidos Porcentaxe Clubs Período
1 Slobodan Santrač 218 365 0.60 OFK Beograd, Partizan, Galenika 1965–1974, 1976–1980, 1982–1983
2 Darko Pančev 168 243 0.69 Vardar, Estrela Vermella 1982–1992
3 Dušan Bajević 166 322 0.51 Velež Mostar 1966–1977, 1981–1983
4 Bora Kostić 158 257 0.61 Estrela Vermella 1951–1961, 1962–1966
5 Frane Matošić 149 Hajduk Split 1946–1953
6 Toza Veselinović 145 227 0.64 Vojvodina, Partizan, Proleter Zrenjanin 1948–1949, 1951–1961, 1967–1968
7 Stjepan Bobek 129 201 0.64 Partizan 1945–1956
Zoran Prljinčević 129 Radnički Beograd, Estrela Vermella 1953-1965
9 Dušan Savić 120 202 0.59 Estrela Vermella 1973–1982
10 Dragan Džajić 113 330 0.34 Estrela Vermella 1963–1973, 1974–1975, 1977–1978
11 Vojin Lazarević 112 188 0.60 Sutjeska Nikšić, Estrela Vermella 1964–1965, 1966–1970, 1972–1974
12 Josip Bukal 111 258 0.43 Željezničar 1963–1973, 1977–1978
13 Petar Nadoveza 108 217 0.50 Hajduk Split 1963–1973
14 Kosta Tomašević 104 156 0.67 Estrela Vermella, Spartak Subotica 1946–1956
15 Vahid Halilhodžić 103 207 0.50 Velež Mostar 1972–1981
16 Snješko Cerin 103 Dinamo Zagreb 1976–1986
17 Petar Nikezić 102 301 0.34 Vojvodina, Osijek 1967–1978, 1979–1982
18 Zlatko Vujović 101 240 0.42 Hajduk Split 1977–1986

Ligas sucesoras editar

 
Gráfico cronolóxico dos campionatos sucesores da Primeira Liga iugoslava

Independencias de Eslovenia e Croacia editar

En xuño de 1991 Eslovenia declarou a súa independencia e en outubro do mesmo ano Croacia fixo o mesmo. Como consecuencia, as súas asociacións de fútbol separáronse da Asociación de Fútbol de Iugoslavia polo que ambas comezaron a organizar as súas propias ligas de fútbol. A PrvaLiga púxose en marcha a finais de 1991, mentres que a Prva HNL croata disputou a súa primeira edición en 1992. Afectada pola guerra de Croacia, a tempada celebrouse ao longo dun só ano natural, de febreiro a xuño de 1992. As dúas ligas continúan desde entón.

Tempada 1991/92 editar

A tempada 1991/92 foi a última que se celebrou oficialmente baixo o nome de RFS de Iugoslavia, aínda que os clubs eslovenos e croatas xa abandonaran a competición para xogar nas súas propias ligas. Disputaron a liga iugoslava os clubs das catro unidades federativas restantes, pero debido ao estalido da guerra de Bosnia cara ao final da tempada, os clubs bosníacos nunca a remataron. O Željezničar de Saraxevo só conseguiu xogar 17 dos 33 partidos programados, mentres que o Sloboda Tuzla e o Velež Mostar quedaron sen disputar as últimas xornadas. Aínda así, dado que a maioría dos partidos si se puideron xogar segundo o previsto, o Estrela Vermella de Belgrado foi recoñecido como o último campión da Primeira Liga iugoslava.

Macedonia e FR Iugoslavia editar

Os clubs macedonios abandonaron a competición despois da tempada 1991/92, no momento da creación da nova Primeira División de Macedonia. Durante a tempada 1992/93, os clubs bosníacos estaban todos sen actividade debido á loita total que se desenvolvía no país, coa única excepción do Borac de Banja Luka (o principal equipo serbio de Bosnia da época) que se trasladou temporalmente a Belgrado e uniuse a unha nova liga xunto a clubs de Serbia e Montenegro, a chamada Primeira Liga da FR Iugoslavia. A liga disputouse con ese nome ata a tempada 2002/03, cando a República Federal de Iugoslavia cambiou o seu nome a Serbia e Montenegro, e polo tanto tamén o fixo a liga, que pasou a chamarse Primeira Liga de Serbia e Montenegro. Finalmente, en xuño de 2006 Montenegro declarou a súa independencia e abandonou pacificamente a unión, polo que a partir da tempada 2006/07 comezou a disputarse unha liga montenegrina organizada pola súa asociación de fútbol. Por outra banda, como sucesora legal de Serbia e Montenegro, Serbia tamén conseguiu a continuidade da liga do país que se formou como Prva liga (Primeira Liga) en 1992, e que foi rebautizada como Superliga no verán de 2005.

Bosnia e Hercegovina editar

Bosnia e Hercegovina proclamou a independencia a finais do inverno de 1992, e xa en abril do mesmo ano a Federación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina solicitou a adhesión á FIFA e á UEFA.[10] Mentres tanto, debido ao estalido da guerra de Bosnia en abril de 1992, non se disputou ningún partido na tempada 1992/93. A finais de 1993 algunhas partes do país relanzaron competicións de fútbol cun alcance reducido. Pero do mesmo xeito que o país estaba dividido por liñas étnicas, tamén o estaba o fútbol.

En 1993 os croatas de Bosnia iniciaron a Primeira Liga de Herzeg-Bosnia, circunscrita a clubs da República Croata de Herzeg-Bosnia. Ese mesmo ano, os serbios de Bosnia tamén organizaron a súa propia liga, a chamada Primeira Liga da República Srpska, nos territorios da República Srpska. A competición baixo o auspicio da N/FSBiH non se retomou ata a tempada 1995/96, cando se creou a Primeira Liga de Bosnia e Hercegovina.[10]

Estas tres ligas de fútbol separadas funcionaron en Bosnia e Hercegovina ata o ano 2000. En 1998 a UEFA admitiu a N/FSBiH como membro de pleno dereito e no 2000 comezou a disputarse a Premijer Liga de Bosnia e Hercegovina.[10] Aínda que durante as dúas primeiras tempadas só participaron clubs da Federación de Bosnia e Herzegovina, a partir de 2002 uníronse tamén os equipos da República Serbia, quedando unha soa liga unificada.[10]

Ligas actuais editar

A UEFA recoñeceu á RF Iugoslavia e posteriormente a Serbia como o único sucesor oficial de Iugoslavia e, en consecuencia, os clubs da RF Iugoslavia mantiveron a clasificación e a posición dentro da UEFA.[12]

Notas editar

  1. "NATIONAL FINALS NOT PLAYED". claudionicoletti.eu (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  2. "SISTEM TAKMIČENJA U KRALJEVINI JUGOSLAVIJI". fsgzrenjanin.com (en bosníaco). Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  3. "Povijest". hns-cff.hr (en bosníaco). Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  4. "Fudbalski savez Srbije - History" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2009. Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  5. Puric, Bojan; Schöggl, Hans; Stokkermans, Karel. "Yugoslavia 1940/41". rsssf.org (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  6. "Amatori Ponziana, la squadra che scelse Tito" (en italiano). 12 de novembro de 2020. Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  7. Lanfranchi, Pierre; Taylor, Matthew (2001). Moving with the Ball: The Migration of Professional Footballers (en inglés). Berg Publishers. p. 119. ISBN 978-1-85973-307-3. 
  8. 8,0 8,1 "Yugoslavia/Serbia - List of Topscorers". rsssf.org (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  9. "ALL TABELA PRVE SAVEZNE LIGE JUGOSLAVIJE". bihsoccer.com. Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "History". nfsbih.ba (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  11. "Kosovo relishing the future". UEFA (en inglés). Consultado o 25 de outubro de 2022. 
  12. "Serbia". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2007. Consultado o 25 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar