Reino de Hungría (1920-1946)

Reino de Hungría (en húngaro: Magyar Királyság), é o nome que recibiu o Estado húngaro entre 1920 e 1946 ata que, logo da derrota na segunda guerra mundial, transformouse na República Popular de Hungría. Malia ser un reino, non tiña rei, senón un rexente, o antigo almirante austrohúngaro Miklós Horthy. Logo do longo período de rexencia conservadora (1920-1944), o país quedou dominado pola Alemaña nazi en 1944; despois da ocupación militar de marzo, o rexente foi substituído por Ferenc Szálasi, fascista do Partido da Cruz Frechada, en outubro. Expulsadas as forzas alemás polas soviéticas en 1944-1945, o país quedou controlado pola Unión Soviética.

Modelo:Xeografía políticaReino de Hungría
Magyar Királyság (hu) Editar o valor em Wikidata

HimnoHimnusz Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°29′54″N 19°02′25″L / 47.4983, 19.0403Coordenadas: 47°29′54″N 19°02′25″L / 47.4983, 19.0403
CapitalBudapest Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua húngara Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de febreiro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Disolución1 de febreiro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porRepública da Hungria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor em Wikidata
• Regent of Hungary (en) Traducir Editar o valor em WikidataMiklós Horthy Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaCoroa húngara Editar o valor em Wikidata

Logo da derrota militar da República Soviética Húngara a finais do verán de 1919, xa que os conservadores eran partidarios de restaurar no trono húngaro ao antigo emperador mentres que o Exército e os radicais de dereita rexeitaban a volta dos Habsburgo, decidiuse a implantación temporal dunha rexencia en marzo de 1920.[1] O réxime do rexente Horthy caracterizouse polo seu carácter conservador,[2] chauvinistamente nacionalista e profundamente anticomunista.[3] A rexencia sostívose sobre unha alianza inestable de conservadores e ultradereitistas.[4] A política exterior caracterizouse polo revisionismo —a revisión total ou parcial dos tratados de paz para obter condicións máis favorables para as partes prexudicadas— e o antibolxevismo —piar do réxime contrarrevolucionario e internamente convertido en antisemitismo e rexeitamento da democracia—.[5] En novembro ratificouse o Tratado de Trianon, imposto polos vencedores da primeira guerra mundial, a pesar do rexeitamento xeral ás duras cláusulas —o país perdía arredor de dous terzos da súa poboación e territorio—.[6] A política de entreguerras en Hungría estivo dominada pola obsesión da clase política polas perdas territoriais sufridas co Tratado de Trianon, que deixaban fóra das novas fronteiras do reino a máis de tres millóns de húngaros, maioritarios nalgúns territorios limítrofes.[7] O revisionismo territorial non só concentrou as enerxías políticas da nación, senón que tamén serviu para xustificar a falta de reformas internas.[8] O fin do período de inestabilidade interna que seguiu á caída da república soviética comezou co nomeamento como presidente do goberno de Bethlen,[9][10] candidato de consenso entre conservadores e radicais de dereita.[11] Cunha política exterior pacífica e tendo posto fin á inestabilidade interna, logrou o ingreso do país na Sociedade de Nacións en 1922.[12] A estabilidade política acadada permitiulle axiña negociar créditos estranxeiros que melloraron a situación económica.[13] Co apoio de Horthy, o control das eleccións e o dominio do partido gobernamental que tiña asegurado o Goberno, puido gobernar sen oposición durante unha década no cumio dun sistema que non só apoiábase no partido, senón tamén na Administración do Estado, o clero, a banca ou a aristocracia rural.[14] O sistema político era parlamentario, mais non democrático senón autoritario.[15] Estaba dominado pola nobreza latifundista e o funcionariado, frecuentemente tamén de orixe aristocrática.[16] Logo dun curto período expulsados do poder polas revolucións da posguerra, en 1919 retomárono, restaurando o sistema político e social anterior á contenda mundial.[16] Os traballadores urbanos e campesiños, dous terzos da poboación total, carecían de toda influencia no goberno da nación.[16] A neutralización dos socialistas fixo que a radicalización popular a finais da década seguinte encauzárase a través do fascismo.[17]

A Gran Depresión produciu unha gran crise económica e social que puxo en dificultades o modelo político de Bethlen.[18] Nesta situación, o rexente e os principais políticos decidiron chamar a Gyula Gömbös, representante dos radicais e a persoa con máis probabilidades de calmar as masas.[19] Gömbös pouco a pouco foi colocando aos seus partidarios nos postos medios e principais da Administración e o Exército.[20] Unha vez dimitido Bethlen, a figura do rexente adquiriu unha importancia fundamental durante a década de 1930, en especial a partir de 1935.[21] Converteuse no árbitro da política nacional, tanto pola crecente parálise gobernamental debida ao cisma entre conservadores e radicais de dereita, como polo prestixio do que gozaba entre a maioría dos grupos de dereita do país.[22] Horthy tentou gardar o equilibrio entre as dúas correntes da dereita nacional.[21] Nos últimos oito anos da súa rexencia, o poder alemán e a popularidade do Reich entre parte da poboación marcaron intensamente a política nacional e desbarataron todo intento de restaurar o modelo conservador da década de 1920.[23] Alemaña aliviou a crise económica do país desatada durante a Gran Depresión e facilitou a consecución dos seus anhelos de revisión territorial, mais ao prezo de convertelo progresivamente no seu satélite.[23] Os sucesivos Gobernos fracasaron nos seus intentos de limitar a influencia alemá e a dereitización do país, en parte pola súa negativa a renunciar ás súas aspiracións revisionistas, que dependían de Berlín, que favorecía o robustecemento da ultradereita húngara.[24]

Grazas á nova proximidade a Alemaña e Italia, o país recuperou parte dos territorios perdidos en Checoslovaquia na Primeira arbitraxe de Viena en novembro de 1938.[25] Daquela Alemaña xa obtivera un papel fundamental na política húngara.[26] O desexo popular de cambios, a actitude reaccionaria do Goberno, oposto a eles, a impotencia da esquerda e o poderío dos movementos fascistas en Europa favoreceron o crecemento da ultradereita radical como oposición favorable ás reformas.[27] Na Segunda arbitraxe de Viena, organizado por Italia e Alemaña no outono de 1940, Hungría recuperou o norte de Transilvania, cedido forzosamente por Romanía.[28] O país entrou en guerra do lado do Eixe, primeiro contra Iugoslavia e máis tarde contra a URSS (a finais de xuño) e os Aliados occidentais (en decembro).[21] Os intentos de cambiar de bando realizados ao final da contenda fracasaron, tanto polo desexo de manter os territorios recuperados e o anticuado sistema social, como pola reticencia gobernamental a tratar coa Unión Soviética.[29] Para evitar un cambio de bando similar ao italiano, os alemáns invadiron sen oposición o país en marzo de 1944.[30] O novo Consello de Ministros, supervisado por un representante alemán, quedou encargado de reformar o Exército e a economía nacionais en favor do esforzo bélico alemán e de poñer fin ao «problema xudeu».[31] Os alemáns deron un golpe de Estado que acabou coa rexencia de Horthy e entregou o poder a Ferenc Szálasi, caudillo do Partido da Cruz Frechada.[32] Finalmente, os soviéticos lograron expulsar aos alemáns do territorio húngaro, devastado polos combates, o 4 de abril de 1945.[33] Todas as anexións húngaras foron declaradas nulas na posguerra.[34]

Con máis da metade da poboación adicada á agricultura, a distribución da terra seguiu a ser extremadamente desigual.[35] En xeral o campesiño húngaro era moi pobre.[35] Fomentouse a industrialización do país para tratar de reducir a superpoboación rural, mais a industria nunca chegou a crecer o suficiente como para absorber o exceso de poboación do agro.[36] A Gran Depresión golpeou con forza a economía húngara, e en especial a agricultura: os prezos do cereal, exportación crucial para Hungría, afundíronse no mercado mundial.[37] A grave crise económica favoreceu o aumento da influencia das potencias fascistas, Italia e Alemaña, únicos compradores da produción agrícola húngara que deixou de absorber o mercado internacional —e, no caso de Alemaña, receptor de parte dos seus desempregados— e o poder da dereita radical.[38] En 1938, Alemaña controlaba xa algo máis do 50 % das importacións e as exportacións húngaras.[39] O aumento do comercio con Alemaña e o inicio do rearmamento sacaron ao país da depresión económica na segunda metade da década de 1930.[32] As condición de vida e traballo dos obreiros industriais seguiron a ser malas, mais o desenvolvemento de industrias relacionadas co rearmamento eliminaron practicamente o desemprego.[40] Polo que respecta á poboación xudía, en 1930 representaba o 5,1 % do total da nación.[41] Case a metade residía na capital, onde ocupaba un papel primordial na industria, o comercio ou as finanzas.[42] A finais desta década e principios da seguinte, promulgáronse unha serie de importantes leis discriminatorias que limitaron gravemente os seus dereitos e minguaron notablemente a súa situación económica.[43] Durante a segunda guerra mundial, un total de 565 000 xudeus foron asasinados nos territorios controlados por Hungría.[44]

Política editar

Reino sen rei editar

A finais de xullo de 1919, o Exército romanés rompeu as liñas do exército vermello húngaro, que se disolveu.[45] O Goberno soviético entregou o poder a un novo exclusivamente socialista e moderado que non puido impedir a toma da capital.[45] Coa aquiescencia romanesa, o novo Goberno foi substituído pouco despois por outro máis conservador.[45][46] As forzas do almirante Miklós Horthy, reunidas en Szeged baixo protección francesa, entraron na capital logo da retiradas das tropas romanesas ao seu país a comezos do inverno.[45][47][48][49] Os contrarrevolucionarios anticomunistas e monárquicos estenderon o terror branco, que xa comezara no oeste do país a finais do verán coa caída da república soviética,[48] tentando borrar todo vestixio do breve período comunista.[45][50][51] Deste xeito, no país desatouse unha onda de persecucións contra os membros de movementos de esquerda e contra o pobo xudeu.[52][50][53][54][48][49][a] Os grupos paramilitares, con métodos similares ás bandas criminais, adicáronse así mesmo á extorsión,[1] o roubo, as torturas e o asasinato, en ocasións con pretextos políticos.[56] O poder quedou en mans dunha inestable coalición de dereita conservadora e fascista, unha reducida camarilla de aristócratas, funcionarios e militares.[4][57] O campesiñado, farto das exaccións do Goberno comunista, e as cidades —a excepción dos traballadores industriais—, ao bordo da fame, aceptaron o regreso da oligarquía a cambio da restauración da orde,[58] mesmo a pesar dos desmáns dos paramilitares, que foron diminuíndo ao final do período contrarrevolucionario.[59] En xeral, o país volvérase de dereitas logo dos meses de Gobernos revolucionarios.[60]

 
Xura de Miklós Horthy como rexente o 1 de marzo de 1920, cargo que mantivo ata outubro de 1944.

Por presión da Entente,[48] organizáronse novas eleccións cun censo ampliado e, por primeira vez na historia do país, voto feminino e segredo.[61][1] O resultado das votacións, celebradas en xaneiro de 1920, foi o xurdimento de dous importantes partidos de centrodereita,[48] divididos internamente entre conservadores e radicais de dereita.[61][62]

En 1920, a primeira lei aprobada aboliu todas as medidas promulgadas polos Gobernos revolucionarios de Mihály Károlyi e Béla Kun.[63][62] Dado que os conservadores eran partidarios de restaurar no trono húngaro ao antigo emperador Carlos IV de Hungría, mentres que o Exército e os radicais de dereita, aínda que partidarios da monarquía, rexeitaban o regreso dos Habsburgo, decidiuse a implantación temporal dunha rexencia[1] con amplos poderes.[64][65][66][b] A pesar das preferencias dalgúns conservadores, o Exército e os destacamentos paramilitares —que ocuparon a sede do Parlamento durante a votación—[1] impuxeron como rexente ao seu candidato, Horthy,[62] que asumiu o cargo o 1 de marzo.[66][64][67] Único rexente do período de entreguerras, mantívose como xefe do Estado ata outubro de 1944.[64]

Contrarrevolución editar

Con Horthy na rexencia, os radicais impuxeron o seu programa político ao Parlamento: a aprobación dunha reforma agraria parcial, a promulgación de lexislación antisemita de numerus clausus —a primeira da Europa de posguerra—[68] e a restauración dos castigos corporais[69] para algúns delitos —símbolo dun endurecemento da disciplina social—.[70] O Parlamento tivo tamén que ratificar o 13 de novembro o Tratado de Trianon —asinado o 4[71][72] de xuño—,[c] imposto polos vencedores da guerra mundial, a pesar do rexeitamento xeral ás duras cláusulas —o país perdía arredor de dous[72] terzos da súa poboación e territorio—.[6][74] Os intentos do primeiro ministro Teleki de limitar as perdas a cambio de concesións a Francia e axuda aos poloneses, engarzados daquela na guerra polaco-soviética, fracasaron.[74][75] Tanto no Goberno como no Parlamento, dominaban figuras de escasa experiencia política, de orixe máis pequenoburgués que aristócrata e máis novos que os que controlaran a política nacional no período anterior á guerra —situación que mudou a partir de 1921 coa chegada dos Gobernos conservadores de István Bethlen—.[76]

O ano que seguiu á restauración monárquica foi de gran axitación no país.[77][78] O estado da economía e a situación internacional do país eran moi graves.[72] O antigo monarca tratou en dúas ocasións de recuperar o trono en 1921, infrutuosamente.[77][79][80][66][d] O Goberno, con escasa autoridade, tolerou o terror dos grupos paramilitares contra o pobo xudeu, os socialistas e os intelectuais de esquerda.[77] O gran número de persoas refuxiadas —entre trescentos e catrocentas mil, a maioría de clase media—[81][82] chegados dos territorios perdidos supuxo un gran problema para o país.[77] Ata xullo de 1921, cando o Goberno prohibiu a entrada masiva de novos refuxiados, o problema non deixou de medrar coa chegada mensual de milleiros deles.[83] Formados por numerosos representantes das clases medias empobrecidas —oficiais desmobilizados, funcionarios de territorios perdidos—,[82] apoiaban ás organizacións protofascistas no seu desexo de implantar un modelo político autoritario no que esperaban medrar.[84] O país acollía a case 17 000 oficiais, mentres que o tratado de paz só permitía conservar 1 750; o Goberno tiña escaso control sobre o Exército.[85] As esixencias de emprego estatal de boa parte dos refuxiados e a imposibilidade de obtelo no reducido país alentaron de xeito constante o revisionismo,[e] única solución satisfactoria tanto para o Estado como para os refuxiados.[86] A grande importancia da poboación xudía na industria e o comercio, cara aos que o Goberno trataba de encamiñar aos refuxiados para asentalos, e o habitual fracaso na competencia destes con aquela avivaron o antisemitismo entre os refuxiados e a súa insistencia por recuperar empregos estatais.[87] A inestabilidade nacional facía fuxir aos investidores estranxeiros, aínda que o Goberno non se vira xa ameazado polo campesiñado —resignado a aceptar a nova situación—, os obreiros —reprimidos—[54] ou as clases medias —fartas de experimentos sociais e dos excesos dos paramilitares de dereita—.[77] A fin do terror era necesario para obter o recoñecemento internacional do Goberno e recibir axuda económica.[54][78][f]

Década de Bethlen editar

 
Bethlen (esquerda), a figura dominante da política húngara nos anos vinte.

O final do período de inestabilidade comezou co nomeamento como presidente do Goberno de Esteban Bethlen,[9][10] candidato de consenso entre conservadores —como hábil político e membro dunha das principais familias aristocráticas húngaras— e os radicais de dereita —xa que era calvinista e refuxiado da perdida Transilvania, o que aseguraba que mantivese unha posición revisionista[88] e nacionalista—.[11] Político veterano, hábil e pragmático,[88][89] obtivo axiña unha grande influencia[90][27] sobre Horthy —cada vez máis próximo[91] aos conservadores, a pesar das súas estreitas[92] relacións cos extremistas de dereita—.[11][93] A súa actitude liberal-conservadora, intermedia entre os dous grupos que sostiñan o réxime —o conservador e o radical de dereita—, marcou a política do país durante o seu longo período á fronte do Goberno.[11] Fundamentalmente, o novo presidente do Goberno levou a cabo un cambio reaccionario, unha restauración do sistema político e social anterior á guerra.[54][91][9][94]

Bethlen comezou por acabar coa axitación de ultradereita,[12][95] en parte mediante o suborno dalgúns dos seus dirixentes, aos que nomeou para cargos oficiais.[11] Os grupos paramilitares, encargados de cohibir a obreiros e campesiños e de intimidar á oposición política,[92] eran xa innecesarios e convertéranse nunha ameaza para a elite contrarrevolucionaria conservadora.[96] O proceso foi lento e levou case dous anos, en parte porque existían poderosos partidarios dos grupos paramilitares, tanto no Exército como na Administración civil, entre os que se incluía o propio rexente[1] —que promulgou unha amnistía para todos os seus crimes en novembro de 1921—.[97] A mediados de 1920, as bandas rurais quedaron englobadas na xendarmería e as da capital, sometidas a control militar e na súa maioría, disoltas.[98] Xa con suficiente control do Exército e a Policía, o Goberno decidiuse a acabar con elas a finais de 1921.[99][g] Para gañarse ao Exército, aumentou o presuposto militar a pesar das limitacións impostas polo tratado de paz.[101] Parte dos oficiais obtiveron postos na Administración civil;[96] o Estado Maior clandestino quedou controlado por oficiais veteranos dos tempos do imperio, máis conservadores que os mandos contrarrevolucionarios.[102] Contra 1922, lograra poñer fin aos excesos dos paramilitares.[103][104] Cunha política exterior pacífica e tendo posto fin á inestabilidade interna, Bethlen logrou o ingreso do país na Sociedade de Nacións o 18 de setembro de 1922.[12][27][68][105] Na disputa polo poder entre conservadores e radicais, Bethlen asegurou temporalmente a vitoria dos primeiros.[106]

Co Estado en quebra e sen ingresos axeitados, Bethlen vendeu as últimas reservas de ouro e de divisas para financiar a súa actividade e cubrir o presuposto nacional entre 1921 e 1923.[13][h] A estabilidade política lograda, con todo, permitiulle axiña negociar créditos estranxeiros que melloraron a situación económica.[13] Logo do ingreso na Sociedade de Nacións, obtivo un crédito internacional de estabilización de douscentos cincuenta millóns de coroas en 1924.[12][27][68][105] Estes créditos, con todo, comportaron un número crecente doutros novos para pagar os anteriores e un déficit orzamentario permanente; a débeda externa medrou sen interrupción durante a súa década no poder ata acadar en 1931 o 70 % do PIB.[13] A estratexia de Bethlen baseábase no mantemento do crédito estranxeiro permanente, que conservou durante a década de 1920.[13][107] Internamente e a pesar do seu persoal antisemitismo, buscou a cooperación da burguesía xudía na reconstrución económica da posguerra.[108] O réxime mantivo o seu antisemitismo cara a inmensa maioría da poboación hebrea, mais aliouse coa reducida alta burguesía xudía.[108]

Contrario á aplicación da democracia[27] en Hungría e defensor dun sistema político parlamentario do século XIX no que as clases privilexiadas ocupasen un papel principal grazas á súa cultura e formación, Bethlen impuxo unha volta[54] ao sistema estatista autoritario de Colomán e Esteban Tisza.[109][89] Para asegurar o seu poder, Bethlen e os seus partidarios tomaron o control do Partido dos Pequenos Propietarios, que pronto uniron con outros dos seus seguidores no novo Partido da Unidade.[13][88][9][10] Este converteuse na práctica no partido gobernamental durante todo o período.[88][9][10] Restrinxiu[110][9][10] mediante un tecnicismo o censo electoral,[54] que volveu á forma que tiña en 1913.[111] Grazas a un gran número de limitacións, a porcentaxe de poboación con dereito a voto pasou do 39,5 % en 1920 ao 29,5 % en 1922 e o segredo de sufraxio desapareceu[110][27] da maioría das circunscricións electorais do país,[9][10] en especial das rurais.[112][i] A reforma electoral garantiulle a Bethlen amplas maiorías,[27] obtidas grazas ao control das circunscricións con voto público —mediante o uso do suborno, a chantaxe ou a violencia—,[9] nas sucesivas eleccións da década na que encabezou o Consello de Ministros (1922, 1926 e 1931).[110][10] Co apoio de Horthy, o control das eleccións e o dominio do partido gobernamental que tiña asegurado o Goberno, Bethlen puido gobernar sen oposición durante unha década na cúspide do sistema, que non só se apoiaba no partido, senón tamén na Administración do Estado, o clero, a banca ou a aristocracia rural.[14] A corrente de dereita radical quedou temporalmente dominada, aínda que incluída no sistema reaccionario de Bethlen, restauración do anterior á guerra mundial.[12] No proceso de restauración da situación anterior ao conflito mundial, Bethlen abandonou ademais toda reforma social relevante.[54] O acordo segredo cos socialistas e os dirixentes sindicais permitiu a estes unha actividade limitada.[9][17] O pacto garantiu a supervivencia do partido, mais ao prezo de restrinxir a axitación socialista e de convertelo en certo modo en partícipe do sistema reaccionario de Bethlen.[17] A neutralización dos socialistas fixo que a radicalización popular a finais da década seguinte orientárase a través do fascismo.[17]

En 1926, reformou a Cámara Alta, cuxos membros non eran electos, senón que representaban certas categorías sociais —alta nobreza, representantes eclesiásticos, municipais, universitarios, etc.— ou eran escollidos polo propio rexente.[68] A finais da rexencia, o Senado, reaccionario, converteuse nun dos principais adversarios do antisemitismo e o nacionalsocialismo.[68]

En decembro de 1925 tivo que afrontar a maior crise política exterior dende o restablecemento da monarquía en 1920: varios oficiais do Estado Maior foran detidos nos Países Baixos portando miles de francos falsificados.[113][j] A operación contara non só coa cooperación do director da Policía, senón tamén coa de varios ministros.[113] Logo da aprobación de varias curtas condenas aos principais acusados, Bethlen presentou a dimisión, mais Horthy mantívoo á fronte do Consello de Ministros, que foi reorganizado.[115] Decidido a impulsar as reclamacións territoriais, apoiouse principalmente en Italia, unha das nacións vencedoras da contenda mundial, mais insatisfeita cos tratados de paz.[116][117] En abril de 1927, asinou un acordo de cooperación e amizade con este país —decidido a impoñer a súa hexemonía[118] na Europa suroriental—,[117] que acabou co illamento internacional húngaro pero involucrou ao país nun escándalo armamentístico.[119][120][27][k] Non se abandonaron, con todo, os intentos de convencer tanto a Francia como a Gran Bretaña da necesidade de aplicar cambios territoriais parciais favorables a Budapest ás cláusulas de Trianon.[122] Militarmente era imposible impoñelos, dado que o país era moito máis débil que os seus veciños da Pequena Entente.[123] O pacto con Italia impediu ademais unha aproximación a Iugoslavia, dada a inimizade entre os dous países: a partir daquela e en colaboración con Roma, Budapest comezou a apoiar aos nacionalistas croatas.[117]

 
O almirante Miklós Horthy, home forte de Hungría ata 1944, na procesión de Santo Estevo, festa nacional, en 1931.

Características do poder editar

Principais figuras políticas editar

O primeiro ministro durante a primeira década do período, István Bethlen, manipulou as eleccións nas localidades do rural, onde o voto non era segredo,[59] logrando así a súa reelección ata 1931, cando a Gran Depresión expulsouno do poder.[112]

Unha vez dimitido Bethlen, a figura do rexente adquiriu unha importancia fundamental durante a década de 1930, en especial a partir de 1935.[21] Dende a súa creación en marzo de 1920, o posto contaba con amplos poderes: era o comandante en xefe das Forzas Armadas, podía vetar lexislación, nomeaba ao primeiro ministro e podía disolver o Parlamente a vontade.[62][124] En 1937 outorgáronlle novos poderes ao cargo —deixou de ter que responder ante o Parlamento—,[125][66] mais xa antes convertérase no árbitro da política nacional, tanto pola crecente parálise gobernamental debida ao cisma entre conservadores e radicais de dereita como polo prestixio do que gozaba o rexente entre a maioría dos grupos de dereita do país.[22]

Sistema gobernamental editar

Bethlen restaurou parcialmente o modelo político pseudoliberal anterior á contenda mundial: parlamentario, multipartidista, con certa liberdade de prensa e dereitos civís.[106] O país dispuña de voto segredo unicamente nas cidades e o censo estaba moi restrinxido.[126][127] Mesmo nas cidades, único lugar onde os movementos obreiros gozaban de certa liberdade, a súa influencia era mínima, xa que os principais cargos municipais eran nomeados polo Goberno.[59] Do mesmo xeito, o sufraxio estaba limitado por sexo e idade.[128] O gran número de condicións que limitaban o dereito a voto facían que só entre un 26,6 % e un 33,8 % da poboación puidese votar nas eleccións celebradas durante a rexencia,[128] de xeito controlado polo poder. A reforma electoral de Bethlen de 1922, coa súa restrición do dereito a voto e a eliminación do sufraxio segredo en gran parte das circunscricións asegurou, xunto co uso da coerción e a corrupción —coa habitual colaboración de terratenentes, xendarmes e notarios, de gran poder no campo—, cómodas maiorías ao Goberno nas sucesivas votacións.[110][27] En 1938, estendeuse o voto segredo a todo o país, mais ao mesmo tempo aumentouse a idade mínima e engadíronse outras condicións para exercer o dereito nun complicado sistema de circunscricións; as reformas conduciron a unha nova redución da poboación con dereito a voto, que pasou do 29 % ao 22,5 %.[129]

 
Xendarmes húngaros a principios do século XX. A xendarmería húngara era un instrumento fundamental para asegurar o poder no campo, onde habitaba a maioría da poboación do país.

Moitos dos partidos permitidos, dende a ultradereita ata os socialdemócratas (o partido comunista estaba prohibido), eran minúsculos e efémeros, meras plataformas para o ascenso dos seus dirixentes.[128] Nunca ameazaron o permanente triunfo electoral amañado do partido gobernamental.[106][108] Aínda que podían presentar as súas queixas no Parlamento, carecían de todo poder efectivo.[108] O partido gobernamental era, fundamentalmente, o representante das clases dominantes.[130] A comezos dos anos vinte, os principais partidos eran o Partido da Unidade Nacional Cristiá, conservador e nacionalista, e o Partido dos Pequenos Propietarios.[128] Os dous uníronse en xullo de 1920, quedando na práctica o segundo subordinado ao primeiro.[9] O novo partido, o Partido da Unidade (Egységes Párt), converteuse no partido de goberno durante as seguintes dúas décadas.[9] Durante a década de 1930, apareceron novos partidos de extrema dereita que, na súa maioría, acabaron fusionándose no Partido da Cruz Frechada de Ferenc Szálasi.[131] O Partido da Unidade era en realidade unha colección de partidos menores e agrupacións de intereses diversos, que incluían aos terratenentes, industriais, monárquicos partidarios dos Habsburgo, revisionistas e outros, unidos fundamentalmente polo seu irredentismo, anticomunismo e conservadorismo social.[128] Abondaban tamén os antisemitas, aínda que os membros do partido non levaron a cabo medidas antixudías salvo na época da contrarrevolución (1918-1921).[128] O partido gobernamental mostrouse constantemente dividido en dúas correntes, ás veces solapadas: a conservadora e a radical de dereita.[132][68] Esta división acentuouse co tempo.[132][68] Mentres que a primeira era menos partidaria de Alemaña, máis próxima a Gran Bretaña e máis orientada a manter o sistema social, económico e político anterior á guerra mundial, a segunda era en xeral claramente partidaria do Terceiro Reich, máis favorable á distribución da terra, de limitar o emprego da poboación xudía e de que o Estado tomara o control da industria e a banca.[132] A primeira adoitaba agrupar aos membros de maior idade con cargos de maior importancia na Administración, mentres que a segunda concentraba normalmente a elementos máis novos e con cargos menores.[132] Ambas correntes dividíanse o control dos ministerios, a Administración en xeral e o partido.[133] Ao longo da década de 1930, con todo, a corrente conservadora foi cedendo poder á radical —non sen que ambas continuaran disputándose o control do partido—, tendencia que inverteuse a comezos da década seguinte.[134]

O sistema político era piramidal, cunha estreita relación entre os partidarios do primeiro ministro nas Cortes e a Administración estatal, que aqueles copaban.[112] O primeiro ministro e, baixo del, o ministro do Interior, controlaba a estrutura administrativa mediante o nomeamento dos postos chave da Administración, como os föispan, e o dominio da Policía e a xendarmería.[112] Este control administrativo aseguraba as continuas vitorias electorais daqueles que dirixían o Goberno.[112] En xeral, o poder do partido gobernamental baseábase no control das circunscricións rurais, sometidas mediante o aparello administrativo.[135] Dos 628 escanos —dun total de 980— obtidos nas distintas eleccións entre 1922 e 1935 polos candidatos gobernamentais, 578 correspondían ás circunscricións sen voto segredo.[135] Por contra, o Goberno apenas interfería nos distritos urbanos, o que aseguraba a presenza dunha certa oposición no Parlamento, frecuentemente moi crítica coas medidas oficiais.[136]

O Goberno mantivo unha notable liberdade de prensa,[106] aínda que menor que a do período anterior á guerra de 1914.[137] A maioría dos diarios, liberais e en moitos casos en mans de propietarios xudeus, eran en realidade contrarios ao Goberno.[137] A Xudicatura tamén mantivo unha certa independencia, a pesar do endurecemento das leis, e as condenas políticas foron escasas unha vez finalizado o primeiro período contrarrevolucionario.[138]

Crise económica e troco de goberno editar

Gömbös e os radicais editar

 
Gyula Gömbös, principal representante do radicalismo oficial e veterano do período contrarrevolucionario, foi nomeado primeiro ministro en 1932 ante a grave crise económica que ameazaba a estabilidade política. As limitacións impostas por Horthy impediron que implantase o seu modelo político autoritario antes de morrer en 1936.

A Gran Depresión produciu unha grande crise económica e social que puxo en dificultades o modelo político de Bethlen.[18][38][139][140][141][142] Os radicais de dereita, dispostos a afastar do goberno aos conservadores, criticaban o que consideraban submisión á Sociedade de Nacións, alianza coas democracias occidentais e coa burguesía xudía nacional —a pesar do antisemitismo oficial— e defendían o seu ideal de nacionalismo racial, antisemitismo, anticapitalismo financeiro, antiintelectualismo e reforma radical social para atraerse ás masas.[38] A pesar das primeiras escisións no partido gobernamental dalgúns extremistas,[143] Bethlen logrou gañar[144] as eleccións de xuño e xullo de 1931, adiantadas en previsión do empeoramento da crise económica logo da quebra do Creditanstalt o mes anterior.[38] Con todo, inseguro xa do apoio do rexente, o 19 de agosto de 1931, Bethlen dimitiu e a presidencia do Consello de Ministros pasou ao conde Gyula Károlyi,[145] cambio que non[141] solucionou a crise.[18][146][140][147]

Nesta situación, o rexente e os principais políticos decidiron chamar a Gyula Gömbös,[141] representante[140][148][149] dos radicais e a persoa con máis probabilidades de calmar ás masas.[19] O 5 de outubro de 1932,[l] asumiu a presidencia á fronte do primeiro gabinete monárquico sen un só aristócrata nas súas filas.[19][146] O nomeamento, con todo, comportaba abondosas restricións impostas por Horthy que impediron a conversión do país ao modelo fascista:[148][151] o novo primeiro ministro non podía disolver as Cortes, debía pospoñer toda reforma agraria ou lexislación antisemita, debía nomear a figuras de confianza para postos chave do seu Goberno e non podería reformar as institucións do país.[152][153][154] Limitado deste xeito, Gömbös tivo que presentarse como a presidente da «reconstrución económica» do país, e non da súa reforma social.[152] Ao principio, herdou un Consello de Ministros e un partido controlado por Bethlen e os seus seguidores conservadores.[140] As declaracións de moderación de Gömbös, en todo caso, só mostraban a súa disposición para pospoñer temporalmente o seu programa político centrado na instauración dun modelo autoritario.[155][20][156] Reorganizou[157] o partido gobernamental para convertelo nun instrumento de control total da vida social do país;[158] desexaba converter a formación nunha organización de masas de estilo fascista.[157] Pouco a pouco, foi colocando aos seus partidarios nos postos medios e principais da Administración[157] e o Exército.[20]

Tratou tanto con Alemaña[159] —onde Hitler fora nomeado chanceler a finais de xaneiro de 1933, para satisfacción de Gömbös—[160] como con Italia —achegamento comezado xa en 1927 durante a presidencia de Bethlen—[160] e,[161][162] no verán de 1933, apoiou os plans de Mussolini de formar un bloque económico entre Italia, Hungría e Austria a cambio do apoio deste ás reclamacións territoriais húngaras.[163] Frustrado polas diferenzas italo-alemás no seu intento de formar unha alianza[164] tripartita revisionista entre Berlín, Roma e Budapest, continuou as negociacións con Viena e Roma para estreitar relacións, que plasmáronse nos Protocolos de Roma,[165] asinados en marzo de 1934.[166][167][168] Contou co decidido apoio do Exército na súa política de achegamento a Alemaña e Italia.[169] En 1935, negouse a aprobar as sancións propostas pola Sociedade de Nacións contra Italia pola invasión italiana de Etiopía e viu con satisfacción o achegamento entre Italia e Alemaña a finais de 1935 e comezos de 1936.[170] Respecto aos países veciños, Gömbös abandonou todo intento de mellorar relacións con Iugoslavia —decidiu apoiar aos independentistas croatas e macedonios— e tratou de facelo con Romanía, con apoio italiano, finalmente sen éxito.[171]

Finalmente, en 1935 logrou convencer ao rexente de convocar eleccións, nas que obtivo unha maioría composta por deputados de ideas máis próximas ás súas que a herdada de Bethlen.[172][173][157] As eleccións amosaron un crecemento notable da ultradereita,[157] tanto nas filas gobernamentais como nas da oposición.[174] Logrou ademais a renovación dos mandos militares, coa retirada de antigos oficiais austrohúngaros e o nomeamento doutros máis novos e partidarios tanto das reformas sociais como da implantación do modelo político autoritario.[172][174][148] A partir de entón, os oficiais comezaron a influír na política nacional, especialmente na exterior.[175] A maioría da oficialidade —fundamentalmente formada por persoas de clase media baixa e frecuentemente das minorías, en especial, da alemá— pasou a defender o modelo fascista, tanto na política exterior —avogando por unha alianza co Eixe— como na interior.[148][176] Gömbos era cada vez máis abertamente partidario deste, mais a súa morte en outubro[177] de 1936 tras unha grave enfermidade frustrou os plans de mudanza política.[172][178]

O falecemento de Gömbös converteu a Horthy na figura política fundamental do país, árbitro entre as correntes máis conservadoras e as máis extremistas de dereita.[21] Horthy tentou gardar o equilibrio entre ambas nomeando na década seguinte a primeiros ministros dunha e doutra alternativamente e tratando de reunificalas sen éxito.[21] Nos últimos oito anos da súa rexencia, o poderío alemán e a súa popularidade entre parte da poboación marcaron intensamente a política nacional e desbarataron todo intento de restaurar o modelo conservador da década de 1920.[23] Alemaña aliviou a crise económica do país e facilitou a consecución dos seus anhelos de revisión territorial, mais ao prezo de convertelo progresivamente no seu satélite.[23] Os sucesivos Gobernos fracasaron nos seus intentos de limitar a influencia alemá e a xiro cara a dereita do país, en parte pola súa negativa a renunciar ás súas aspiracións revisionistas, que dependían de Berlín, que favorecía o robustecemento da ultradereita húngara.[24]

Entre 1935 e 1936 produciuse ademais unha mudanza fundamental na política militar húngara: se ben ata o momento a maioría do armamento o subministrara Italia, Alemaña comezou a desprazar a esta como principal provedor, proceso que evolucionou en paralelo coa perda de peso político de Roma na rexión —enfrascada na guerra africana e máis disposta a aceptar a extensión da influencia alemá no centro de Europa—[179] e o crecemento do de Berlín.[180] Alemaña, con todo, admitiu apoiar as reivindicacións húngaras en Checoslovaquia, mais non en Iugoslavia ou Romanía.[165] A posibilidade de revisar a situación fixada logo da guerra mundial polo rexurdimento do poderío alemán satisfixo aos mandatarios húngaros, mais converteunos en dependentes de Berlín; dado o desequilibrio da alianza italo-xermana selada en outubro de 1936, Budapest non podía apoiarse en Roma —a pesar da confirmación e ampliación dos protocolos romanos de 1934 en novembro— para contrarrestar a supremacía alemá.[181]

Radicais e conservadores editar

 
Miklós Horthy e Hitler en 1938. O revisionismo húngaro levou á alianza cada vez máis estreita co Reich, principal potencia empeñada na eliminación dos tratados de paz da primeira guerra mundial. Os intentos de anular o Tratado de Trianon sen a intervención decisiva das potencias fascistas fracasaron.

Horthy nomeou entón a un presidente do Goberno menos radical e máis conservador, Kálmán Darányi, ministro de Agricultura do falecido Gömbös,[182] que desfixo en parte a obra do seu predecesor,[183] en especial en canto á organización do partido gobernamental.[184][185][186] Darányi tivo que enfrontarse á crecente influencia alemá na rexión, en especial logo da anexión de Austria —que Hungría aceptou pasivamente—,[187][188] que fixo do Reich veciño de Hungría.[189][182] Combinou a represión dos grupos nacionalsocialistas —apoiados por Berlín—[185][186] coa aprobación de lexislación antisemita[182][190][24] coa intención de arrebatar á oposición este motivo de crítica e, ao mesmo tempo, congraciarse coa Alemaña nazi.[189] A influencia económica, que permitira unha certa recuperación, e a militar, mediante a axuda ao rearmamento clandestino, así como os desexos revisionistas[185] impedían abandonar a orientación proxermana iniciada por Gömbös.[182] Aínda así, tratou de manter boas relacións con franceses e británicos, en especial, con estes últimos —cada vez máis indiferentes á situación en Europa central e dispostos a compracer os desexos alemáns na zona—, e de reforzar os lazos cos italianos.[191] A finais de 1937 e unha vez coñecida a decisión de Hitler de destruír Checoslovaquia e a oferta de devolver Eslovaquia se Hungría cooperaba na tarefa,[192] aprobouse un plan de rearmamento que foi anunciado en marzo do ano seguinte.[193][190][194]

A lexislación antisemita, aprobada con considerable rexeitamento parlamentario, non terminou coa axitación nacionalsocialista opositora.[195][196] Considerando que a actitude ambigua de Darányi fracasara en acabar coa oposición, en 1938 Horthy substituíuno por Béla Imrédy,[24] financeiro experto con fama de pragmático con excelentes relacións cos círculos financeiros internacionais e, en especial, cos británicos.[195][197][198] Ao comezo, Imrédy continuou a represión dos grupos nacionalsocialistas,[198][196] prohibiu aos funcionarios afiliarse a partidos políticos,[198] logrou a condena[197][199][198] de Ferenc Szálasi, prometeu manter o sistema político e non modificar a situación da poboación xudía.[195] Imrédy debía ter detido a dereitización gobernamental dos últimos meses do mandato do seu predecesor e moderado a influencia alemá.[24] En agosto e novamente en setembro,[200] negouse a participar xunto con Alemaña nun posible enfrontamento armado contra Checoslovaquia durante a Crise dos Sudetes temendo a posible reacción da Pequena Entente —o rearmamento húngaro apenas comezara meses antes—;[201][202] a cambio deste xesto, esta admitiu[203] o rearmamento húngaro.[204][205] A pesar do desexo de participar na repartición de Checoslovaquia, o Goberno temía a expansión alemá na rexión, preocupáballe a súa propia debilidade militar e aínda esperaba a axuda británica para obter pacificamente os territorios desexados sen necesidade de participar nas manobras alemás.[187] En setembro de 1938, con todo, Imrédy abandonou por completo esta actitude e presentouse como o herdeiro de Gömbös e líder da dereita radical progxermana,[206] cun amplo programa de reformas sociais que incluían unha reforma agraria e novas leis antisemitas.[207] As súas declaracións adoptaron cada vez máis unha aparencia fascista e creou un partido, o Movemento da Vida Húngara, de clara inspiración fascista.[25] Grazas á nova proximidade a Alemaña e Italia, o país recuperou parte dos territorios perdidos en Checoslovaquia na Primeira arbitraxe de Viena en novembro.[25][208][206][209][210] Imrédy realizou ademais algunhas concesións diplomáticas e económicas a Berlín, cambiou[211][212] o ministro de Asuntos Exteriores por outro máis claramente proxermano e nomeou a un xefe do Estado Maior e ministro de Defensa abertamente partidarios de Alemaña.[206] Contrarios á nova posición de Imrédy, emporiso, os conservadores dirixidos por Bethlen aliáronse con parte da oposición —liberais e socialdemócratas— para aprobar unha moción de censura o 23 de novembro.[213] Esta agrupación de forzas, xurdida xa nos último meses de Goberno de Gömbös, opúñase ao crecemento da ultradereita, aínda que non á alianza con Alemaña en política exterior.[157] Os titubeos de Horthy e o apoio popular permitiron a Imrédy permanecer no cargo ata que demostrouse a súa ascendencia[214] xudía, o que levou á súa renuncia a comezos de 1939.[125][215] Antes, o país ingresou no Pacto Antikomintern, o que precipitou a ruptura de relacións diplomáticas coa URSS en febreiro de 1939.[216]

Para entón Alemaña obtivera un papel fundamental na política húngara,[215] tanto pola súa importancia económica —en 1939 Alemaña era o destino do 52,2 % das exportacións húngaras e ostentaba o 50 % do capital estranxeiro investido no país—[217] como diplomática —a recuperación de territorios dependía fundamentalmente de Berlín— ou militar —sobre o país pendía continuamente a ameaza de invasión alemá—.[26] Se a influencia alemá na política exterior tendía a achegar ao país ao Eixe, en política interior manifestouse principalmente no intento de acabar coa poboación xudía —non en aplicar unha reforma agraria, que tivese diminuído a cantidade de produtos agrícolas que Hungría exportaba ao Reich—.[26] Fundamentalmente, o crecente poder alemán favoreceu á ultradereita húngara.[26][24]

A represión gobernamental dos movementos nacionalsocialistas —moi numerosos dende 1932, mais moi divididos entre distintos partidos—[218] resultou contraproducente:[197][219] non só gañaron[220] adeptos entre parte da poboación como verdadeiros opositores ao réxime, senón que a finais da década lograron en conxunto cincuenta deputados e un cuarto[220] dos votos nas eleccións de 1939.[221] O seu apoio proviña de todos os sectores sociais:[222] obtiveron votos en zonas católicas e protestantes, nas cidades —na capital obtiveron case un terzo dos sufraxios, duplicando aos socialdemócratas—[223] no campo e entre as minorías.[224] O desexo popular de cambios, a actitude reaccionaria do Goberno, oposto a eles, a impotencia da esquerda e o poderío dos movementos fascistas en Europa favorecían o crecemento da ultradereita radical como oposición favorable ás reformas.[27][225][223][226] Profundamente dividido internamente entre conservadores e radicais de dereita, o partido gobernamental perdeu parcialmente o control das eleccións, o que permitiu os bos[227] resultados das formacións nacionalsocialistas e,[228] en xeral, o das masas, que a partir de entón pasou a mobilizar Ferenc Szálasi —a formación fascista con maior[227] apoio—.[229] A dereitización do Goberno e a recuperación dalgúns territorios grazas á intervención de Alemaña, con todo, debilitaron á oposición, xa que parte dos seus apoios comezaron a ver innecesario o cambio gobernamental unha vez satisfeitas as súas aspiracións.[220]

A Imrédy sucedeulle á fronte da Presidencia do Goberno o conde Pál Teleki, aristócrata conservador antisemita favorable a Gran Bretaña que tratou sen éxito de limitar o achegamento do país a Alemaña.[21][230][215] Para apazugar a esta e a pesar de que debía tratar de achegar ao país a Gran Bretaña, Teleki tivo que realizar algunhas concesións políticas: en febreiro de 1939 o país rubricou o Pacto Antikomintern,[211][216] en abril abandonou[211][216] a Sociedade de Nacións e en novembro de 1940,[210] asinou o Pacto Tripartito.[231][230] Opúxose á autonomía da minoría alemá en Hungría e á extensión da propaganda nazi estre esta mais, en troques, aprobou nova lexislación antisemita, preparada por Imrédy antes da súa destitución.[230] Tratou de empregar o podería alemán para lograr os obxectivos revisionistas do país sen por iso dar a impresión ás potencias vencedoras da primeira guerra mundial de terse aliado con Berlín, obxectivo no que fracasou.[230][215] Opúxose á participación do país na invasión de Polonia,[232] permitiu que varios milleiros de voluntarios loitasen nas filas polonesas e que entre cen e cento corenta mil poloneses cruzasen o territorio nacional camiño de Francia, mais non logrou acabar coa dependencia de Alemaña.[233] O comezo da segunda guerra mundial, con todo, eliminou parte da oposición interna a Teleki: socialistas e liberais trataron de axudar ao Primeiro Ministro a manter os lazos cos Aliados e a oposición de ultradereita perdeu parte do apoio de Alemaña, máis interesada na explotación económica da rexión que en experimentos políticos.[233] A finais do verán de 1940,[210] recuperou dúas quintas partes de Transilvania na Segunda arbitraxe de Viena, mais novamente grazas á intervención de Italia e Alemaña.[28] A cambio, tivo que realizar novas concesións: liberou a Szálasi, promulgou novas leis antisemitas e ampliou a autonomía da minoría alemá, ademais de subscribir o Pacto Tripartito.[234] Durante todo o seu mandato, tivo que afrontar a intensa presión dos mandos militares, decididamente favorables a unha estreita alianza con Alemaña e opostos á moderación do Primeiro Ministro.[235] Oposto á participación húngara na invasión de Iugoslavia na primavera de 1941 —país co que asinara un tratado de amizade en decembro de 1940 para compensar a dependencia de Alemaña—, Teleki suicidouse en va protesta.[21][236][237] Horthy, entusiasmado coa oferta alemá de territorio iugoslavo a cambio de participar na campaña, permitira que o alto mando húngaro tomase parte na planificación da operación.[237] Hungría interveu nesta e Gran Bretaña rompeu relacións con Budapest.[238] O rexente nomeou entón a un Primeiro Ministro claramente filoxermano, o ministro de Asuntos Exteriores László Bárdossy,[238] que levou ao país á guerra do lado do Eixe, primeiro contra Iugoslavia[210] e máis tarde contra a URSS (a finais de xuño) e os Aliados occidentais (en decembro).[21][239]

Segunda guerra mundial editar

Últimos anos da rexencia de Horthy editar

A serie de vitorias alemás a comezos da guerra mundial, o convencemento de que só o favor de Alemaña permitiría a Hungría cumprir[240] o seu soño de recuperación territorial e o bo recordo da alianza húngaro-xermana da primeira guerra mundial inclinaron a Horthy a favor da alianza co Reich, a pesar do seu desprezo por Hitler, o seu respecto ao poder naval[210] británico e o temor de que o nacionalsocialismo acabase co sistema social imperante no país.[231] Unha vez firmemente aliado con Alemaña, o temor ao comunismo soviético impediu abandonar a esta.[240] O achegamento a Alemaña tamén tivo consecuencias na política interior, na que seguiuse tamén o exemplo alemán, en especial, en lexislación antisemita.[210]

O excesivo servilismo de Bárdossy con Alemaña e o seu desprezo polos conservadores fixeron que Horthy acabase por substituílo por outro Primeiro Ministro máis conservador, Miklós Kállay,[239] aristócrata e último presidente do Goberno da rexencia do almirante.[241][242] O fin do entusiasmo inicial pola alianza con Berlín chegou axiña: en agosto de 1941 os conservadores comezaron a lembrarlle ao rexente a súa crenza na invulnerabilidade do poder naval británico e aliado.[243] A tarefa de Kállay era tratar de afastar a Hungría de Alemaña.[239][244] Aínda así, nin Bárdossy nin Kállay lograron retirar os exércitos húngaros da fronte oriental, onde a comezos de 1943 sufriron enormes perdas.[243][239][m] O número de tropas na fronte oriental fora reducido ata finais de 1942; as derrotas do inverno dese ano eliminaron practicamente ás unidades húngaras.[246] O groso das superviventes regresou a Hungría e algunhas quedaron na retagarda ucraína.[246] A partir de entón, Kállay negouse a enviar novas unidades á fronte, á cal as formacións húngaras marcharon de novo só na primavera de 1944.[243] A alianza antihúngara[240] forxada por Croacia, Romanía e Eslovaquia en maio de 1942 facilitou a negativa de Kállay, xustificada pola necesidade de defender as fronteiras nacionais desta nova «Pequena Entente do Eixe».[239] O groso das forzas militares húngaras concentrouse nos Cárpatos.[239] Kállay limitou ademais a cooperación económica co Reich: só un quinto da produción eléctrica adicouse a fins militares e non achegou máis que un cuarto dos alimentos prometidos a Alemaña.[29] Os gastos militares, con todo, medraron case de xeito continuo: se en 1938-1940 supuñan o 17,1 % do PIB, en 1942 chegaron ao 24,4 % e en 1943, o 27,3 %.[203]

Internamente, mantivo unha certa liberdade de prensa, de dereitos civís e de oposición parlamentaria, con chiscos aos Aliados occidentais.[29] Aínda que continuou a discriminación da poboación xudía, non[247] foi enviada ao exterminio e protexeuse aos prisioneiros poloneses e Aliados.[29][248][242]

Kállay comezou ademais negociacións[248] confidenciais cos Aliados occidentais que permitiron que o país evitara temporalmente os bombardeos aliados, mentres que os avións destes puideron evitar sen risco as defensas aéreas nas súas misións.[243][29][242] O plan do rexente e do novo Primeiro Ministro era soster a fronte oriental ata poder render o país aos Aliados occidentais, convencidos de que estes non permitirían o control da rexión polos soviéticos.[242] Do mesmo xeito que Romanía e Hungría competiran polo favor de Hitler cando a súa sorte era favorable, a mesma competencia repetiuse para abandonar o Eixe cando sucedéronse as súas derrotas.[239] Os intentos de mudar de bando, con todo, fracasaron, tanto polo desexo de manter[249] os territorios recuperados e o anticuado sistema social, como pola reticencia gobernamental a tratar coa Unión Soviética.[29] Para evitar un cambio de bando similar ao italiano, os alemáns invadiron sen oposición o país o 19 de marzo de 1944.[30][32][250][242] Kállay refuxiouse na embaixada turca mentres que Horthy quedaba retido polos seus anfitrións alemáns no Castelo Klessheim ata que accedeu a nomear un novo Goberno co antigo embaixador[240] en Berlín Döme Sztójay[32][251] á fronte.[31][252] Non houbo resistencia algunha á ocupación.[253]

O novo Consello de Ministros, supervisado polo enviado alemán Edmund Veesenmayer, ficou encargado de reformar o Exército e a economía nacionais en favor do esforzo bélico alemán e de poñer fin ao «problema xudeu».[31] O Partido da Cruz Frechada foi excluído do gabinete que, con todo, incluíu a destacados membros da ultradereita.[254][255] A supervisión da deportación da poboación hebrea quedou en mans de Adolf Eichmann,[255] enviado ao país xunto ás primeiras tropas de ocupación.[31] Un novo decreto gobernamental permitiu comezar as grandes deportacións en apenas unhas semanas.[31] O proceso de exterminio seguiu as pautas habituais nos territorios baixo control alemán: unha serie de medidas lexislativas reduciron os dereitos da cidadanía xudía e separouna do resto da poboación en guetos —agás na capital—; logo comezaron as deportacións —o 14 de maio—[256] en condicións inhumanas dunhas mil persoas diarias.[253][255] En total, 223 300 persoas do territorio de 1920 e 292 200 dos recuperados nos últimos anos foron deportadas por orde segreda do Ministerio do Interior.[31][n] En tan só cincuenta e seis días, foron deportados a ese campo de exterminio 437 000 persoas xudías.[257] En total foron asasinadas 565 000 persoas xudías nos territorios controlados por Hungría durante a guerra.[257][44] A vintena de principais compañías industriais quedaron en mans das SS, outras menores foron saqueadas pola poboación ou polo Estado.[258] As deportacións, coordinadas polo reducido grupo de Eichmann, contaron coa decidida colaboración da Administración húngara, en especial, da xendarmería.[259][256][260] Así mesmo, a achega húngara ao esforzo bélico alemán creceu novamente de xeito considerable.[261]

Animado por Bethlen, os representantes dos países neutrais, e polos sucesivos reveses alemáns na contenda, Horthy tratou novamente de mudar de rumbo político durante o verán.[258] Destituíu aos secretarios de Estado nacionalsocialistas impostos polos alemáns e impediu[260] a deportación da poboación xudía da capital, se ben non se atreveu a destituír a Sztójay ata finais de agosto, logo do cambio de bando de Romanía.[258][256] Destituído este, o novo Goberno, presidido polo xeneral Géza Lakatos,[32] estaba formado por militares e homes leais ao rexente e creouse co obxectivo de lograr o armisticio.[262] Lakatos debía render o país aos soviéticos que penetraran finalmente en Hungría.[256]

O intento de capitular ante os soviéticos, tardío e mal organizado, fracasou[244] en outubro de 1944.[262][32][263][264] Os alemáns deron un golpe de Estado que rematou coa rexencia de Horthy e entregou o poder a Ferenc Szálasi,[32][263][265][225] cos soviéticos xa ás portas da capital.[262][266] O almirante foi deportado a Alemaña.[263]

Szálasi e o final da guerra editar

Formouse entón baixo protección alemá un novo Goberno fascista —unión das distintas correntes a excepción dos seguidores de Imrédy, que detestaban o novo Primeiro Ministro—,[267] que desatou unha brutal represión.[263] O 16 de outubro, produciuse o primeiro pogrom en Budapest, no que as milicias de Szálasi e as tropas alemás asasinaron a entre duascentas e trescentas persoas.[268] Entre sete e oito mil persoas xudías foron brutalmente conducidas ao hipódromo ata que foron liberados por orde do propio Szálasi tres días máis tarde.[269] O mesmo día da toma de posesión de Szálasi, as tropas soviéticas, que controlaban xa cerca da metade do país, alcanzaron os suburbios da capital.[269]

A maioría da Administración e do Exército permaneceu fiel ao novo gabinete,[131][267] se ben algunhas tropas, co xeneral Béla Miklós á cabeza, pasáronse aos soviéticos.[263][244] O país converteuse nun campo de batalla entre as forzas soviéticas e as alemás e Budapest sufriu un durísimo asedio de dous meses que destruíu gran parte da cidade e concluíu o 13[270] de febreiro de 1945.[271] Hitler insistira en defender a toda costa a capital húngara, a pesar dos intentos de Szálasi de evitar os combates; cen mil soldados alemáns e húngaros defenderan a cidade, por onde estendeuse o terror.[272] Ao tempo, dous Gobernos rivais disputábanse a autoridade do país.[273] O gabinete de Szálasi, cos postos chave ocupados por membros da clase media baixa,[131] instalouse en Sopron, no oeste.[274][267] A comezos de decembro, Szálasi aprobou por decreto a transformación do país ao modelo corporativista.[275] O rápido avance soviético, con todo, impediu a posta en práctica do seu programa político.[275]

 
Aspecto de Budapest logo do duro asedio das forzas soviéticas, que finalizou en febreiro de 1945.

O 21 de xaneiro de 1945, o novo Goberno provisional proaliado presidido polo xeneral Miklós, formado o 23[273] de decembro[276] e que contaba co apoio dunha coalición de catro partidos, asinou[273][244] o armisticio cos Aliados en Moscova.[33][277] Os alemáns contraatacaron en Székesfehérvár en marzo con unidades acoirazadas,[270] mais os soviéticos lograron expulsalos finalmente do territorio húngaro, devastado polos combates, o 4 de abril.[33][278]

Posguerra e fin da monarquía editar

O goberno provisional de Miklós baseábase na coalición de catro partidos, que repartíronse os ministerios: o Partido Comunista, o Socialista, o Partido dos Pequenos Propietarios e o Partido Campesiño Nacional.[33] O primeiro era pequeno pero contaba co apoio soviético, o segundo contaba co apoio nas cidades, o terceiro no campo e o cuarto era unha pequena agrupación de intelectuais radicais expertos no problema agrario.[279] Os intentos dos comunistas de substituír a antiga Administración por un sistema de consellos pactados polos partidos coligados e por estender a súa influencia non tiveron moito éxito.[279] O novo Parlamento provisional formouse por acordo dos catro partidos, cun repartimento igualitario de escanos excepto para os nacional-campesiños, que recibiron un número lixeiramente inferior.[280] O Ministerio do Interior entregouse a un nacional-campesiño favorable aos comunistas, que comezaron a estender a súa influencia nel; o de Agricultura quedou en mans do comunista Imre Nagy, que puxo en marcha inmediatamente unha reforma agraria[281] para gañarse as simpatías do campesiñado.[282] Os comunistas comezaron a gañar influencia[281] tamén nos sindicatos e contaron co apoio dos socialistas.[282]

Coligados, estes dous partidos sufriron unha dura derrota a mans dos Pequenos Propietarios nas eleccións municipais da capital a finais de ano;[283] o voto maioritario a estes foi en realidade unha protesta contra os soviéticos.[284] Logo de rexeitar a proposta soviética de fixar a porcentaxe de deputados para cada partido independentemente do resultado electoral, os Pequenos Propietarios lograron unha ampla vitoria nas votacións —un 57 % fronte o 17 % da alianza social-comunista e o 7 % dos nacional-campesiños—.[284] O dirixente do partido vencedor, Zoltán Tildy formou un novo Goberno que aboliu a monarquía e proclamou a república en xaneiro de 1946, da que se converteu en presidente.[284]

Os Gobernos húngaros: 1918-1945 editar

Economía editar

Situación na posguerra editar

Logo do Tratado de Trianon en 1920, Hungría quedou limitada a unha fracción do seu territorio anterior e perdeu grandes zonas industriais, o 45 %[285] —aínda que conservou o 50,9 % da poboación adicada á industria—.[77][286] En especial, conservou o 82 % da industria pesada e o 70 % dos bancos.[77] Conservou tamén o 48 % do trigo, o 64,6 % do centeo ou o 35,8 % do millo, a pesar de ter mantido só arredor do 30 % do seu territorio prebélico.[287]

As perdas territoriais tiveron importantes consecuencias económicas: a industria húngara perdeu boa parte das súas materias primas[285][75] e a agricultura gran parte dos seus antigos mercados no que foran as provincias occidentais do imperio desaparecido.[77][288][o] A dificultade de mudar o destino das exportacións agrícolas pola competencia doutros países dificultou a adaptación á nova situación.[289] Os países xurdidos do imperio impuxeron medidas autárquicas que dificultaron o comercio entre eles.[290][291] Entre as perdas contáronse: o 43 % da terra cultivable, así como o 84 % dos bosques, 58 % das liñas férreas, o 60 % das estradas, o 83 % do ferro, o 29 % do lignito e o 27 % do carbón bituminoso.[288] O grao de desenvolvemento do país era intermedio, similar ao de Polonia: un país fundamentalmente rural pero con importantes sectores industriais.[8]

Sectores económicos e poboación (1920 e 1930)
Segundo Rothschild, p. 167.[286]

O país encontrábase entre as nacións periféricas europeas, cada vez máis afastadas en riqueza, produtividade e recursos das máis opulentas.[292] Como noutros países da contorna, as clases privilexiadas sufriron así a dobre presión da competencia das nacións máis ricas e do novo modelo soviético.[293] A reacción a estas presións deu lugar ao radicalismo de ultradereita, mestura do rexeitamento do internacionalismo comunista e de nacionalismo fronte aos países máis ricos.[37]

Tanto a produción agrícola como a industrial na posguerra eran moito menores que as anteriores ao conflito mundial.[294] En 1920, a primeira apenas alcanzaba o 50-60 % do anterior á guerra e a segunda, o 35-40 %.[294] As exportacións agrícolas afundiran durante a guerra e en 1922 aínda só recuperaran o 41 % do nivel prebélico.[294] As exportacións industriais sufriron un proceso similar e en 1921 só alcanzaban o 57 % das realizadas antes do conflito.[295]

Agricultura editar

Con máis da metade da poboación adicada á agricultura —o 55,8 %—,[77] a distribución da terra seguía a ser extremadamente desigual:[35][296] mentres que uns centos de familias nobres posuían máis da metade da terra cultivable, case tres millóns de campesiños (o 70 % da poboación rural) sobrevivían con terreos de entre un e sete acres —que ocupaban o 10 % das terras cultivables— ou non tiñan terra algunha —o 40 % da poboación rural, un millón seiscentas mil persoas—.[297][298][p] A maioría dos minifundios dos pequenos propietarios —un millón e medio de persoas— eran insuficientes para sobrevivir,[296] o que obrigaba aos seus donos a traballar en terreos alleos para gañarse o sustento, como no caso dos xornaleiros sen propiedades.[300] Dado o exceso de man de obra rural, de media estes grupos apenas podían empregarse uns cinco meses ao ano.[301] Por outra banda, os empregados das facendas vivían en condicións case feudais, parecidas á servidume, e tiñan restrinxida a súa liberdade de movemento —non podían abandonar os terreos sen permiso do terratenente—.[302] Nunha situación similar encontrábanse os xornaleiros, facilmente explotables e que adoitaban traballar en condicións inhumanas.[303]

Posesión da terra en Hungría (1925) [304]
"Tipo" Extensión posuída
(en xugos)[q]
Número
Sen terras - 400 000
Pequenos propietarios 8 000 000 840 000
Grandes e medianos terratenentes 7 600 000 10 760

A concentración da propiedade da terra aumentou logo da guerra, xa que o novo territorio conservou a maioría dos latifundios.[305][306] A lei de reforma agraria aprobada en 1920 apenas confiscou e distribuíu un noveno de toda a terra cultivable,[307] en parte polas manobras da asociación de terratenentes, que encargouse de reducir o impacto da lei.[308] A medida, moi moderada, distribuíu pequenas parcelas de calidade menor[309] a uns setecentos mil campesiños —obrigados a pagar por elas unhas cantidades que arruinaron á maioría—[310] e os antigos propietarios recibiron compensación polas perdas.[79] Os novos minifundistas, incapaces de gañarse o sustento nas súas exiguas propiedades, ficaron ademais con frecuencia a mercede dos grandes terratenentes, en cuxos terreos tiñan que traballar para subsistir.[311] A fin do período contrarrevolucionario puxo tamén fin a todo intento de reforma ou redistribución.[312][313] A diferenza doutros países da contorna, Hungría mantivo o seu sistema agrícola case feudal[27] con grandes terreos,[314] en parte porque supuñan un piar fundamental do sistema político.[315]

 
Casas campesiñas en Hungría. O campo húngaro apenas sufriu variacións no período de entreguerras, con excesiva poboación vivindo en paupérrimas condicións e a terra dividida en grandes latifundios e minifundios insostibles. O desenvolvemento industrial non foi abondo para rematar coa superpoboación rural e non se chegou facer unha reforma agraria importante.

A distribución dos latifundios non tería chegado para resolver o problema agrario[297] e era contraria aos intereses dos aristócratas que sostiñan ao Goberno durante a década de 1920 e parte dos anos trinta.[316] Segundo o Goberno, os problemas sociais e económicos do campesiñado eran consecuencia do tratado de paz, co que tratou de desviar o descontento e dirixilo cara ao revisionismo, ao tempo que mantiña intacta a estrutura social feudal-burguesa tradicional.[110] Fomentouse a industrialización do país para tratar de reducir a superpoboación rural.[297][317] Esta necesitaba de capitais, o que levou ao Goberno a manter en xeral boas relacións cos financeiros xudeus, como xa ocorrera antes da guerra.[318] Ao mesmo tempo, esta proximidade aumentou aínda máis o antisemitismo da oposición de ultradereita, que vía ao pobo xudeu como sustento do réxime.[318] Ademais, para favorecer o desenvolvemento da produción industrial nacional, elevou os aranceis de certos produtos industriais.[319] Estes aranceis, que prexudicaron á poboación rural, serviron para financiar novas industrias.[320] Na práctica, a poboación rural sostivo o desenvolvemento industrial, a costa da redución dos beneficios da produción agrícola e do estancamento dos ingresos da poboación campesiña, baixos de por si.[320] A clave da balanza de pagamentos húngara e dos fondos para a súa industrialización era a exportación de grao barato.[320] Este obxectivo favorecía —engadido á propia preferencia de Bethlen— o mantemento dos latifundios, que producían maior cantidade de produtos para a exportación.[321] A cambio, sacrificábase o nivel de vida da poboación rural, destinada nos plans gobernamentais a pasar parcialmente á industria.[322] Esta, con todo, nunca chegou medrar o suficiente como para absorber ao exceso[323] de poboación rural,[36] o que mantivo baixo o poder adquisitivo interno.[324] En vésperas da guerra mundial, aínda a metade da poboación adicábase á agricultura.[36]

Prezos dos produtos agrícolas
(100=1924-1925).
O impacto da Gran depresión.
Segundo Incze, p. 41.[325]

A situación económica do campesiñado tampouco mellorou. Aínda que a inflación dos primeiros anos de posguerra permitiu eliminar as débedas acumuladas, os labregos carecían de capital para substituír os animais e ferramentas perdidas durante a contenda ou para mercar novo material, o que levou a un rápido endebedamento para financiar estas compras.[325] A isto uníanse as malas condicións de cultivo: sementeiras tardías por falta de maquinaria que había que alugar, falta de rotación de cultivos e abundancia do barbeito.[325]

Aínda que a produción e exportación de produtos agrícolas foron altas, os prezos obtidos por esta dependían completamente do mercado mundial.[324] A Gran Depresión golpeou con forza a economía húngara e en especial, a agricultura: os prezos do cereal afundíronse no mercado mundial.[37][324][326] Os cen quilogramos de trigo pasaron dos 25,84 pengos en 1929 a 7,15 en 1933, o centeo, de 20,66 a 3,65, o millo, de 17,51 a 7,75.[37] A cantidade de exportacións agrícolas reduciuse nun 49,9 %, o seu valor, nun 70,3 %.[327] Con perdas netas para a maioría dos produtores, o índice de produción agrícola pasou de 100 en 1929 a 44,8 en 1932: grandes parcelas quedaron sen cultivar.[328] A crise deixou aos xornaleiros húngaros ao bordo da fame.[328] Os pequenos propietarios deixaron[324][144] de producir para a venda e mesmo os grandes facendados incorreron en débedas.[328] Estas aumentaron extraordinariamente, en especial, as dos labregos máis humildes —que contaban ademais cos peores créditos—, a pesar das medidas gobernamentais a favor dos endebedados.[329] Arredor da metade da poboación rural quedou sen emprego ao reducirse a produción.[324] O afundimento da agricultura afectou ao Estado —pola redución de ingresos[324] desta actividade—, á industria —privada dos medios financeiros para importar materias primas— e ao emprego.[328] Entre 1929 e 1933, a produción industrial reduciuse en máis dun terzo[324] e o 27 % dos traballadores industriais quedou sen emprego.[328][r] Os salarios reducíronse[144] e nunca recuperaron o nivel anterior á crise.[328] En 1931 a crise agudizouse ao cancelarse[324] os créditos a curto prazo concedidos ao país e a fuxida dos investidores estranxeiros.[328]

A grave crise económica favoreceu o aumento da influencia das potencias fascistas, Italia e Alemaña, os únicos compradores da produción agrícola húngara que deixou de absorber o mercado internacional —e, no caso de Alemaña, receptor de parte dos seus desempregados— e o poder da dereita radical.[38] A recuperación nunca foi total: os prezos dos produtos agrícolas nunca recuperaron o nivel anterior á crise e os salarios dos traballadores agrícolas só se recuperaron en 1936 e superaron por pouco os niveis anteriores durante o resto da década.[330]

Os intentos da dereita radical de realizar unha reforma agraria fracasaron.[331][307] As terras en mans dos cidadáns xudeus, que debían terse expropiado pola lei de 1942, permaneceron fundamentalmente nas mans dos seus antigos propietarios, en especial os grandes terreos.[332] O mesmo sucedeu coas grandes facendas dos terratenentes xentís: a presión dos conservadores e a igrexa católica modificaron a lei de 1940, restrinxiu notablemente os terreos afectados pola medida e pospúxoa ata o final da guerra, anulándoa na práctica.[333] Máis aló dun aumento da produción de produtos destinados á industria e dun certo descenso da porcentaxe de poboación adicada á agricultura, durante a guerra a situación do campo mudou notablemente menos que na cidade e aquel seguiu repartido entre grandes latifundios —un 48,1 % das terras cultivables eran terreos de máis de cen xugos e un 29,9 %, de máis de mil; un 1 % da poboación posuía máis da metade de toda a terra cultivable— e minifundios —tres millóns de campesiños, un terzo da poboación total, carecía de terras ou só contaba con parcelas insuficientes de menos de cinco xugos; estes englobaban só unha décima parte das terras cultivables—.[334] Dous terzos das localidades rurais do país, co 70 % da súa poboación rural e o 30 % da de toda a nación, carecía de electricidade en vésperas da contenda mundial.[334]

Industria, comercio e finanzas editar

Gran parte da industria, o comercio e as finanzas encontrábanse en mans da burguesía xudía, cuxa relación co poder empeorou tanto durante o período revolucionario como no contrarrevolucionario posterior.[335] Bethlen, tanto por tradición como polo seu convencemento da necesidade de boa imaxe para o país e de axuda financeira estranxeira para o desenvolvemento económico, opúxose ao crecente antisemitismo da ultradereita.[336] A pesar do carácter eminentemente rural do país,[337] apoiou o desenvolvemento industrial e comercial, apoiado pola reducida e oligárquica alta burguesía xudía.[8]

Fábricas paradas en Hungría
(% do total).
O impacto da Gran Depresión.
Segundo Incze, p. 24.[338]

Durante a década de Bethlen, a economía recuperouse notablemente —agás a agricultura, cuxa produción estancouse ao nivel anterior á guerra—.[339] A industria medrou considerablemente: o número de traballadores medrou de 136 808 a 236 284, o índice de produción industrial practicamente triplicouse e a porcentaxe do PIB debido á industria aumentou do 23,3 % ao 31,3 %[339] Entre 1924 e 1929, o PIB medrou a unha media do 6 % anual, debido fundamentalmente ao desenvolvemento da industria.[339] O principal beneficiario deste desenvolvemento foi a clase empresarial urbana, aínda que tamén o foi o proletariado das cidades.[339] Os salarios dos traballadores urbanos recuperaron o nivel anterior á guerra a finais da década,[340] se ben as súas condicións de vida nunca se recuperaron completamente, a pesar das súa escasa calidade antes da contenda de 1914.[341] A produción industrial superou lixeiramente a de 1913 a finais da década, se ben a recuperación concentrouse na industria lixeira,[342] mentres que a pesada só logrou recuperarse grazas ao rearmamento a finais da década seguinte.[343] Aínda así, a produción industrial da rexión era escasa: apenas o 2 % do total europeo.[344] O proteccionismo gobernamental favorecía o desenvolvemento da industria nacional, mais a costa de encarecer os produtos industriais.[345] A tecnoloxía industrial, que avanzou notablemente na Europa máis desenvolvida, non amosou avances destacables na rexión.[346]

O Goberno fomentou nos primeiros anos a inflación, que fixo recaer nos asalariados o custo da reconstrución e facilitou o pago das débedas á burguesía e aos terratenentes en divisa depreciada.[347][348] A partir de 1924 e cunha clase traballadora bastante desprotexida e con salarios reducidos —en 1923, o salario medio apenas contaba a metade[349] do poder adquisitivo de 1914—, facilitou os investimentos estranxeiros e contivo a inflación.[347] En 1925, impuxéronse altos aranceis.[347]

O crédito obtido co aval da Sociedade de Nacións, con todo, non se destinou principalmente a favorecer actividades produtivas,[350] senón ao pago da débeda austrohúngara,[351] o presuposto e a estabilización financeira.[352] Os ingresos por exportacións eran insuficientes para pagar a débeda externa, o que obrigaba á solicitude de novos créditos.[353] A este primeiro crédito seguíronlle outros oitenta ao longo da década, por un total de tres millardos de pengős —a nova divisa—.[343][354] Este endebedamento continuo, base da recuperación como noutros países da zona,[355][36] converteu a Hungría na nación europea coa maior débeda per cápita en 1930.[343][107] Estes créditos tiñan ademais desvantaxes engadidas: eran a curto[353][351] prazo e alto[355] interese e destináronse en parte ao mantemento da Administración ou das facendas dos terratenentes —consecuencia do sistema social anticuado do país—.[343] Apenas o 35 % do montante púidose investir en actividades produtivas ou sociais.[343] Aínda que Hungría e os países da rexión tivesen precisado créditos a longo prazo para a súa reconstrución económica, recibiron uns de rápido vencemento.[353][351] Os bancos vieneses mantiveron ademais un importante papel de prestamistas intermediarios do comercio e a industria en toda a zona.[353] O investimento do capital interno tampouco foi axeitado, o que impediu reducir a dependencia do financiamento estranxeiro.[343] O continuo déficit comercial —cuberto tamén con créditos— anulaba así mesmo este como fonte de divisas.[343] O sistema sostíñase pola solicitude de continuos créditos,[354] situación que terminou coa Gran Depresión, que puxo fin á bonanza aparente.[343][36] En 1931 o sistema de crédito quebrou.[330][350][142] Boa parte do capital estranxeiro abandonou o país.[350][142] Ademais, a partir de 1929, o prezo das exportacións agrícolas, principal fonte de divisas, diminuíra rapidamente, o que dificultou o pago da débeda externa.[350] Na práctica insolvente, o 1 de xaneiro de 1932 o país comezou aplicar unha moratoria no pago da débeda externa, situación que estendeuse nos meses seguintes a case toda a rexión.[356]

Exportacións ás potencias (en % do total)
1928, 1933, 1934, 1935, 1936, 1937 e 1938
Segundo Kaiser, p. 325.[357]
Importacións das potencias (en % do total)
1928, 1933, 1934, 1935, 1936, 1937 e 1938
Segundo Kaiser, p. 325.[357]

O comercio rexional complicouse dende a posguerra polos esforzos de todos os países por aumentar no posible o seu autoabastecemento, na procura da autarquía.[342] O afundimento do comercio, especialmente con Checoslovaquia logo da fin do tratado comercial en decembro de 1930,[358] supuxo un gran prexuízo para Hungría.[359][s] Os intentos gobernamentais de aumentar as exportacións mediante subsidios, en especial a aquelas destinadas a países sen comercio regulado, resultaron infrutuosos.[361] En 1932, o peor ano para o comercio húngaro, as exportacións apenas acadaron o 32,3 % do valor das de 1929 e as importacións, o 30,9 %.[362] En 1932 o 57 % das exportacións ían a países con comercio regulado; en 1934, a porcentaxe aumentara ata o 79 %.[361] Os Protocolos de Roma aliviaron algo a situación da exportación de produtos agrícolas,[363] mais a gran mellora veu coa sinatura dun acordo[364] comercial con Alemaña o mesmo ano que garantiu a exportación de certas cotas de importantes producións agrícolas.[359][t] A fin da política autárquica alemá en 1934 grazas á decisión do novo ministro de Economía Hjalmar Schacht supuxo un aumento espectacular[365] do comercio entre o Reich e os países do sueste europeo.[23] En febreiro, asinouse un novo acordo comercial.[366][367][u] Esta decisión permitiu a Hungría vender os seus excedentes agrícolas e manter os seus latifundios,[369][v] se ben a cambio de depender da industria alemá, de admitir un valor artificialmente alto[372] para o marco alemán e de converter a súa economía en dependente da desta, na que obtiña os seus mercados de exportación e as súas subministracións industriais.[373] O comercio bilateral ficou regulado por comisións mixtas que foron aumentando as cotas de exportación ao Reich ao longo da década.[359] Entre 1933 e 1935, as exportacións a Alemaña duplicáronse, acadando un 23,9 % do total.[359][w] Alemaña, que pagaba prezos superiores aos do mercado internacional,[375][376] absorbeu boa parte das exportacións húngaras, mais non pagaba en divisas.[377][x] O mercado alemán reduciu os gastos presupostarios húngaros necesarios para subvencionar as exportacións sen afundir os prezos dos produtos agrícolas.[375] En 1937 o 54 % das exportacións húngaras ían parar a Alemaña, Austria e Italia; os países con comercio libre apenas comportaban o 10-25 %.[377] Alemaña proporcionaba o 44,2 % das importacións húngaras.[379] En 1938, Alemaña controlaba xa algo máis do 50 % das importacións e as exportacións húngaras.[39] Grazas a esta revitalización do comercio e á disposición do Reich a admitir xornaleiros húngaros, mellorou a economía e,[380] ao tempo, a imaxe de Alemaña entre a poboación.[182] Este aumento do comercio con Alemaña e o comezo do rearmamento[337] sacaron ao país da depresión económica na segunda metade da década de 1930.[32] As condicións de vida e traballo dos obreiros industriais seguiron a ser malas, mais o desenvolvemento de industrias relacionadas co rearmeamento eliminaron practicamente o desemprego.[40] A industria modernizouse e comezou a destacar nalgúns sectores, como as telecomunicacións, o instrumental eléctrico ou os produtos farmacéuticos.[40] Aínda así, a industria seguiu a sufrir certas debilidades: unha gran dependencia de Alemaña, unha gran concentración na capital e unha produtividade aínda baixa comparada coa media europea.[40] O seu crecemento, ademais, non foi abondo para eliminar a superpoboación rural.[337] A anexión alemá de Austria, que aínda ostentaba un importante posto no comercio rexional, outorgou finalmente a supremacía económica a Berlín en toda a conca do Danubio, que quedou suxeita ao comercio con Alemaña.[381] A economía húngara, así como a da rexión no seu conxunto, converteuse en semicolonial.[380]

A guerra acelerou considerablemente a industrialización:[382] en cinco anos, de 1938 a 1943, o número de obreiros industriais creceu nun 61,5 % e o valor da produción industrial, nun 37,5 %, máis que no resto de período de entreguerras.[40] En 1943, ano de maior produción da industria militar, houbo escaseza de man de obra cualificada, que acadou máis de seiscentas mil persoas.[383] O rápido desenvolvemento, centrado na industria pesada, foi dirixido polo Estado.[334][382] A pesar da gran destrución dos dos últimos anos da guerra, Hungría conservou máis industria da que tiña en 1938.[334] Mesmo co seu notable crecemento, a industria nacional non logrou cubrir as necesidades militares.[382] Nin sequera a axuda alemá, debido a que Berlín desexaba aumentar a produción industrial húngara no seu beneficio, solucionou a insuficiente produtividade.[382] Logo da ocupación, os alemáns trataron de aumentar a produción, mais os bombardeos e a falta de materias primas desbarataron os seus plans.[382]

Sociedade editar

Conservadorismo e nacionalismo editar

O réxime de Horthy caracterizouse polo seu carácter conservador,[2] chovinistamente nacionalista e profundamente anticomunista.[3][384] A ideoloxía da contrarrevolución —primeira protofascista da posguerra—[385] mesturou ambos, nacionalismo e antimarxismo,[386] no que se chamou a «idea de Szeged» (en húngaro, Szegedi gondolat).[384][387] Amálgama nebulosa de propaganda política, centrábase na loita contra o bolxevismo, o fomento do antisemitismo, un nacionalismo chovinista e o revisionismo.[384][81] O país presentábase como defensor da unidade nacional e da cristiandade, oposto ao liberalismo e ao socialismo, e bastión anticomunista.[388] A rexencia sostívose sobre unha alianza inestable de conservadores e ultradereitistas.[4] Os radicais de dereita —fundamentalmente unha agrupación de baixa nobreza, oficiais do Exército e funcionarios, clases medias cada vez máis empobrecidas—[385] propugnaban ademais unha certa xustiza social e a participación política das masas no seu favor; a corrección das maiores desigualdades que debía animar esta debía facerse, con todo, non a costa da pequena burguesía que representaban, senón da aristocracia e a alta burguesía xudía, piares do réxime conservador da década de 1920.[389] Este grupo adoptou así unha actitude á vez antifeudal e antisemita.[390]

Pobreza húngara.
 % de poboación
segundo o nivel de ingresos
Segundo Janos, p. 225.[103]

     Ingresos altos e medio-altos.      Ingresos medios.      Ingresos medio-baixos.      Ingresos baixos.

A sociedade encontrábase intensamente polarizada; o poder político estaba en mans da nobreza e a alta burguesía e o corpo de oficiais do Exército formaba practicamente unha clase propia.[3] Este estrato da sociedade, así como a opinión pública, era intensamente revisionista, considerando o Tratado de Trianon como inxusto e insultante.[384] Durante a década reaccionaria de Bethlen, volveu o modelo económico-social anterior á guerra no que o Goberno arbitraba as relacións entre os distintos grupos sociais, en especial entre a burguesía xudía, encargada en xeral da industria, as finanzas e as relacións económicas internacionais, e a aristocracia e os terratenentes, fontes dos produtos agrícolas para a exportación e, xunto coa Igrexa católica, principais garantes da estabilidade social rural.[391] A riqueza nacional tamén estaba moi mal repartida: un 0,6 % da poboación —unhas cincuenta e dúas mil persoas— posuía o 20 % dela.[306]

Nun ambiente reaccionario, cobraron relevancia a ascendencia do individuo, os seus títulos,[392][393][394] o respecto pola autoridade e un antisemitismo clásico, xunto cunha despreocupación pola situación de penuria das masas de xornaleiros e obreiros do país.[3] A pesar da notable mobilidade social do réxime, este proxectaba unha imaxe de rixidez e inmobilismo, de aspecto feudal e de desprezo aristocrático polos alleos.[395] A escaseza de postos na Administración fomentou, ademais, o nepotismo e o elitismo tradicionalista.[396] Para tratar de integrar ás clases medias descontentas, tratouse sen éxito de crear unha nova nobreza meritocrática coa Orde os Valentes (vitézi rend),[397] mal vista pola aristocracia tradicional e foco de radicalismo.[392] O máis poderoso expoñente do réxime, o propio rexente, describiuse como un home conservador, tradicionalista e hostil ás ideas que puidesen supoñer cambios sociais, desordes ou rebelións, un home cos valores da época do emperador Francisco Xosé.[3][93]

O nacionalismo estendido polo país manifestouse na creación de numerosas asociacións e ligas patrióticas, co obxectivo de eliminar o Tratado de Trianon.[398] Xurdidas como reacción das clases privilexiadas á derrota na guerra mundial e as transformacións que implicou, chegaron ser máis de dez mil, caracterizadas polo seu rexeitamento da democracia, o seu chovinismo, romanticismo e racismo.[89] Entre as máis famosas contáronse a Asociación de Defensa Nacional Húngara (Magyar Országos Véderö Egyesület, MOVE) —fundada e presidida por Gömbös—,[89] a Asociación os Maxiares Alzados (Ébredö Magyarok Egyesülete, EME),[89] a Sociedade do Xuramento de Sangue da Dobre Cruz (Kettöskereszt Vérszövetség) e a Liga Cultural Húngara (Magyar kulturliga).[399] As características máis destacadas destas asociacións —con estreitas[400] relacións coas bandas paramilitares do período contrarrevolucionario—, ademais do seu furibundo nacionalismo, foron o seu anticomunismo, antisemitismo e espírito de «acción».[399] Estas asociacións, frecuentemente formadas por membros das clases medias baixas ansiosos por encontrar postos na Administración do Estado,[401] servían ademais como redes para facilitar este obxectivo.[402][398]

A Administración e, en especial, a educación, sufriron unha ampla purga de elementos sospeitosos de simpatizar coas dúas repúblicas, en parte para facilitar a incorporación de funcionarios refuxiados dos territorios perdidos.[403] As institucións educativas despediron aos seus profesores máis progresistas e impuxeron unha instrución chovinista, que caracterizou todo o período.[404]

Clases medias desposuídas editar

As clases medias depauperadas, principal sostén da contrarrevolución de 1919-1920 e do terror, proviñan da baixa nobreza que, desprezando as actividades comerciais e industriais —controladas fundamentalmente polas minorías xudía e alemá, o que atizou as tendencias antisemitas e chovinistas— como indignas, pasaran á Administración, tanto á central como á dos condados.[405][406][407] Englobando oficiais, funcionarios e elementos pequenoburgueses, formaban o estrato menor das clases dirixentes húngaras, permanentemente insatisfeitas pola súa posición.[84] Os protofascistas,[386] opúñanse tanto ao socialismo como ao liberalismo anterior ao conflito mundial, en parte como xustificación para facerse co control do Estado fronte á competencia de socialistas e da vella clase dirixente aristócrata liberal.[84] Este estrato social favorecía a implantación dunha ditadura militar antisemita, chovinista e antisocialista —modelo político no que esperaba prosperar— e rexeitaba o parlamentarismo e a democracia.[84] Os esforzos gobernamentais por revitalizar a este grupo social e orientalo cara ás actividades industriais e comerciais fracasaron: a redución territorial, a crise económica de posguerra e a propia actitude dos afectados contribuíron á desfeita.[408] Se xa en 1914 calcúlase que o funcionariado húngaro, refuxio tradicional deste grupo, triplicaba o número necesario para a xestión da rexión, as perdas territoriais de Trianon converteuno en aínda máis superfluo.[409] O seu número, con todo, apenas se reduciu.[409] O Estado tivo finalmente que admitir á maioría de funcionarios inmigrados, incapaces de adaptarse a outras profesións menos privilexiadas.[87]

Unha fonte de desencanto e radicalismo foi a gran cantidade de persoas con educación que non atopaban un posto con boas condicións económicas e sociais.[410][411][412] Este exceso de intelectuais tiña dúas orixes: a redución do tamaño do país sen unha mingua proporcional da poboación con estudos superiores, e a xeración de novos universitarios a un ritmo que o país non podía absorber.[410][413][414][y] Cada vez máis, moitos destes pertencían á pequena nobreza e non á burguesía, o que favoreceu a simpatía dos círculos universitarios cara á ultradereita.[415] Para moderar o descontento desta clase, o Goberno tratou de incluír ao maior número posible na Administración, que creceu de xeito desmesurado.[416] A posterior redución parcial da Administración non supuxo alivio algún ao Estado,[417] xa que os funcionarios despedidos foron en realidade xubilados a cargo do presuposto.[418][417] Os grandes recortes fixéronse ademais entre os traballadores das empresas públicas, non estritamente entre os funcionarios.[417] A pesar da gran carga que o sostemento destes cargos superfluos supuña para o Estado —o 60 % do presuposto estatal en 1924 ía destinado a soldos e pensións de empregados estatais—[417] e da crecente débeda en créditos a curto prazo necesaria para iso, os salarios foron necesariamente baixos, outro motivo de descontento deste sector da poboación.[418] A situación empeorou na década de 1930 debido á grave crise económica: non só os funcionarios perderon rapidamente unha parte importante dos seus salarios, senón que unha enorme proporción dos novos licenciados —médicos, enxeñeiros, profesores ou avogados— quedaron sen emprego.[419][420][z] Esta nova clase de desempregados, unida ás clases baixas, conformou o núcleo da oposición nacionalsocialista da segunda década do período de entreguerras.[387] A comezos da década, apoiaron a Gömbös e trataron de que se aplicaran medidas antisemitas para eliminar[421] competencia laboral polos escasos empregos.[420] Nas disputas entre radicais encabezados por Gömbös e conservadores acaudillados por Bethlen, apoiaron ao primeiro, coa esperanza de que o seu triunfo achegáraos ao poder.[422]

Igrexas e rexencia editar

As Igrexas cristiás apoiaron o réxime reaccionario de Horthy,[423][2] ante a súa desagradable experiencia durante o breve réxime revolucionario de Béla Kun, defendendo ademais medidas de discriminación cara aos xudeus.[424]Bethlen abandonou a confrontación coa Igrexa católica polas súas prerrogativas e o seu poder que, en todo caso, xa se moderara en vésperas da guerra.[425] a Igrexa dominou a educación primaria e secundaria da poboación católica co beneplácito tácito do Goberno.[425] O Ministerio de Educación quedou encabezado, en xeral, por algún católico piadoso nos sucesivos gabinetes.[425] A Igrexa obtivo así mesmo veto virtual sobre algúns postos administrativos —notarios, xuíces— e políticos —candidatos en distritos católicos—, que lle permitía eliminar a aqueles que non se axustaban ao seu ideal relixioso.[423] A cambio destas prerrogativas, a Igrexa converteuse nun importante piar do réxime, tanto en aspectos políticos —apoio aos candidatos oficiais, difusión do nacionalismo, apoio á actitude revisionista en política exterior— como sociais.[423]

Aristocracia privilexiada editar

Tradicionalmente a clase dominante húngara, deixara o notable desenvolvemento do comercio e a industria a comezos do século en mans das minorías alemá, eslovaca e, en especial, xudía.[426]

Bethlen protexeu á aristocracia terratenente, á que outorgaba a función de produtora de cereal para a exportación, piar da sociedade no campo e representante oficiosa do país no estranxeiro entre a alta sociedade.[312] O seu papel na política nacional, con todo, quedou limitado e controlado por Bethlen.[427] A reforma agraria afectou moi levemente á nobreza e o Estado chegou contraer un crédito estranxeiro para pagar por adiantado as compensacións polas terras distribuídas, o que fixo dos novos propietarios debedores do Estado.[428] Durante a primeira década de posguerra, mantivo o seu tradicional papel de grande importancia na diplomacia, que diminuíu apreciablemente coa chegada ao Goberno de Gömbös e desapareceu practicamente ao comezar a guerra mundial.[429] Politicamente, a alta nobreza era en xeral conservadora, partidaria da rexencia, e hostil ao novo fascismo.[430]

Poboación xudía privilexiada, discriminada e aniquilada editar

 
Pequena tenda xudía. A comunidade desempeñaba un importante papel no comercio da capital húngara.

A poboación xudía reducírase a case a metade logo das perdas territoriais da posguerra (de 938 458 a 473 310 persoas) e convertérase en máis homoxénea e máis marcadamente burguesa.[42] En 1930, representaba o 5,1 % da poboación e un quinto da da capital.[41] Case a metade residía na capital, onde ocupaba un papel primordial na industria, o comercio ou as finanzas.[42][41][aa] Tamén desempeñaba un papel importante na xestión dos latifundios da aristocracia nas súas industrias.[393] Aínda que en conxunto a comunidade era pobre, érao moito menos que o conxunto da sociedade húngara: o 38 % das persoas xudías tiñan rendas altas ou medias, fronte ao 8,3 % do conxunto do país.[103][ab] A porcentaxe da riqueza nacional en mans da comunidade superaba amplamente a proporción do grupo respecto da poboación total —calcúlase nun cuarto do total do país, catro quintas partes da industria e catro dos cinco bancos principais—[41] e esta situación converteuno nun importante apoio do réxime durante a primeira década dominada por Bethlen.[431] Aínda que Bethlen non abrogou a lei de numerus clausus de 1920, durante o seu mandato fíxose caso omiso[432] da lei e as persoas xudías puideron volver recibir educación superior nunha proporción maior que a da posguerra, aínda que nunca se acadara de novo a enorme proporción anterior á guerra mundial.[431][ac] A porcentaxe de xudeus nas profesións liberais descendeu así só moderadamente durante a primeira década do período de entreguerras.[431][433] O declive, con todo, si que se notou na Administración e na política, onde a comunidade reduciu drasticamente a súa presenza.[434][433] Estas limitacións, en todo caso, agrearon as relacións entre o Goberno e a comunidade: o primeiro podía seguir contando co apoio económico da burguesía xudía, mais xa non co anterior decidido apoio político, que foi parar en xeral aos liberais e aos socialdemócratas.[434] A primeira guerra mundial puxo fin ademais a un intenso proceso de asimilación cultural da comunidade, favorecida anteriormente polos Gobernos para aumentar o número de húngaros fronte ás minorías.[53][435]

 
Arresto de cidadáns xudeus en Budapest en outubro de 1944, logo da toma de poder por Ferenc Szálasi.

Chegada a crise económica da década de 1930, a ultradereita propuxo a discriminación racial como un xeito de expulsar á poboación xudía dos seus postos para entregalos a través dunha crecida Administración á intelectualidade húngara cristiá que carecía de empregos suficientes e de obter ao mesmo tempo financiamento para a industrialización sen ter que enfrontarse ao campesiñado.[436][420] Sen a necesidade da poboación xudía para dar maioría húngara ao país como sucedera antes da guerra e con dura competencia entre a baixa nobreza desclasada e a burguesía polo emprego na Administración e nas profesións liberais,[437] creceu o antisemitismo, que se acentuou coa chegada da gran crise económica ao principio dos anos trinta.[433] A mediados da década e con apoio gobernamental, as protestas dos universitarios cristiáns lograron que o número de compañeiros xudeus diminuíra apreciablemente.[438]

A finais da década de 1930 e principios da seguinte, sucedéronse unha serie de importantes leis discriminatorias —promulgadas en 1938, 1939, 1941 e 1942— que limitaron gravemente os dereitos da poboación xudía e minguaron notablemente a súa situación económica.[43][439][440] Pola lei de 1939, máis de cincuenta mil persoas perderon o seu emprego e calcúlase que a comunidade perdeu un 18,75 % dos seus bens; a de 1941 prohibiu os matrimonios[441] entre xudeus e xentís, e as de 1942 expropioulles as terras e expulsounos[441] do Exército.[43][442] Discriminada e convertida en cidadanía de segunda categoría, a comunidade xudía húngara viu a súa situación empeorar[443] logo da ocupación alemá en marzo de 1944.[444] As persoas máis prexudicadas por estas leis foron as máis pobres, mentres que as máis ricas puideron en xeral protexerse das medidas, grazas tanto á súa riqueza como á súa influencia, coa axuda dos conservadores húngaros no Goberno.[332][445][441] Para entón varias decenas de miles morreran, deportados á Polonia ocupada —corenta mil, en 1941—, asasinados no territorio iugoslavo anexionado —mil en 1942— ou vítimas da fronte oriental —uns corenta mil—.[442]

Campesiñado postergado editar

O numeroso campesiñado tivo un papel claramente secundario na Hungría de entreguerras.[446] Sen influencia política ou económica, considerábase unha clase social condenada a desaparecer, transformada en proletariado na nova industria cuxo desenvolvemento sufragaba ou na nova agricultura mecanizada.[446] Se ben os pequenos propietarios eran unha reserva para a clase privilexiada nacional, o proletariado rural quedou completamente marxinado e non se beneficiou das leis sociais aprobadas durante o período.[446] En xeral o campesiño húngaro era paupérrimo,[35][447] con mala vivenda e alimentación, se ben as súas condicións máis que empeorar quedaron estancadas durante o período.[448] O principal motivo de descontento desta clase social non era tanto o empeoramento das súas condicións como a crecente diferenza entre estas e a do proletariado urbano.[448][ad] A incapacidade da cidade para absorber a unha poboación rural cada vez máis desencantada coa súa sorte atizou o descontento no campo.[449] Pouco afín ao modelo parlamentario, o campesiñado en xeral confiaba na chegada dun caudillo forte e virtuoso que resolvera os seus problemas.[292] As seitas relixiosas estendéronse polo agro húngaro durante este período, símbolo da desesperación apática pola miseria.[447] O gran desemprego rural favorecía o pago de baixos salarios a aqueles que lograban un traballo no campo.[35] A lei prohibía ademais a formación de sindicatos agrarios.[35] A represión quedaba en mans da brutal xendarmería, piar do sistema nas zonas rurais e, absurdamente, en xeral de extracción campesiña.[450]

Os labregos carecían inicialmente dun partido político propio que reflectira os seus intereses; o Partido dos Pequenos Propietarios era en realidade unha formación baseada nas clases medias progresistas das cidades, con dirixentes reformistas pero conservadores.[16] O control do agro pola xendarmería impedía toda acción política eficaz por parte dos campesiños.[16] A mediados da década de 1930, xurdiu un grupo de intelectuais, algúns de orixe campesiña, que estudou en profundidade os problemas agrarios e creou máis tarde o Partido Campesiño Nacional e cooperou con socialistas e comunistas.[16]

Proletariado urbano en crecemento editar

O proletariado urbano recibiu un mellor trato do réxime neocorporativista de Bethlen, ao que este outorgou un papel político limitado.[451][17] Aprobáronse algunhas medidas favorables, como a restitución do dereito de folga ou a aprobación dalgúns dereitos sociais, que culminaron en 1927 coa instauración dun sistema de seguridade social, a limitación da semana laboral a corenta e oito horas e a protección das mulleres e os nenos traballadores.[452] Con todo, o nivel de vida anterior á guerra, baixo[450] xa de por si, non chegou recuperarse totalmente durante o período de entreguerras.[453] A crise económica de finais da década dos vinte empeorou as condicións dos traballadores, moitos deles en desemprego mentres aumentaba a xornada laboral daqueles que contaban cun traballo.[454] A pesar da lexislación, continuou o traballo infantil e o feminino en duras condicións.[455] A seguridade social era, ao igual que os servizos dispoñibles para os traballadores nas fábricas —aseos, duchas, garderías, servizo médico, medidas de seguridade ou cantinas—, moi insuficiente.[456] Os gastos desta reducíronse ademais á metade entre 1929 e 1933.[457] Os traballadores húngaros carecían ademais de prestación por desemprego.[458][107] O número de persoas desempregadas creceu rapidamente ata 1932, estancouse nos anos seguintes e en 1937 aínda non diminuíra por baixo do nivel anterior á crise.[459] Non só afectou a gran parte da poboación, senón que foi de moi longa duración: moitas das persoas que perderon o seu emprego en 1929 non o recuperaron ata 1934 ou mesmo máis tarde.[460] Aumentou ademais o número de persoas dependentes daquelas que contaban con traballo, mentres que o salario medio diminuíu notablemente.[461] Durante a crise económica, a pobreza dos traballadores, real xa en 1929, aumentou apreciablemente.[462]

Desemprego en Hungría (% da poboación activa).
O impacto da Gran depresión.
Segundo Incze, p. 22.[463]

En 1921 os socialdemócratas subscribiran un acordo segredo polo que,[27] a cambio da devolución das propiedades do partido, dos sindicatos e das cooperativas, da liberdade de prensa e de campaña, e da amnistía dos seus presos, comprometíanse a limitar as súas actividades a asuntos económicos, romper todo lazo coa URSS e restrinxir a súa actividade aos obreiros urbanos.[464][110][17] Na práctica, quedaron circunscritos a actuar nas cidades, excluíndo ademais da súa acción aos empregados públicos,[27] os mineiros ou os empregados de transportes.[465] A poboación rural quedou illada igualmente da axitación socialista.[465][17] A pesar da mellora da súa situación material —sempre moi inferior á do proletariado dos países europeos máis desenvolvidos—, o proletariado nunca foi partidario do réxime de entreguerras; primeiro apoiou aos socialistas e, en vésperas da segunda guerra mundial, traspasou o seu apoio a diversos grupos nacionalsocialistas e extremistas de dereita.[340] A moderación dos socialistas e os seus acordos co réxime favoreceron aos fascistas, vistos como a verdadeira oposición radical a este.[450]

O grao de analfabetismo era baixo e reduciuse co tempo: en 1920 estaba no 15,2 % da poboación, en 1930, no 9.6 % e en vésperas da guerra reducírase ao 4 %.[8] A porcentaxe de poboación urbana —aquela que residía en localidades de máis de dez mil habitantes— era alto para a rexión, un 40,3 % en 1920 e un 42,3 % en 1930.[286]

Escasas minorías editar

As minorías eran escasas na Hungría de Trianon, mais sufriron unha intensa presión de asimilación cultural.[466][467] Carecían de escolas de ensino secundario e o ascenso social víase facilitado pola hungarización.[466] Unha vez asimilada á cultura maioritaria, a persoa integrante da minoría podía alcanzar, con todo, altos postos, como foi o caso de eslovacos na xerarquía eclesiástica e alemáns na militar.[466][467] O tamaño das minorías creceu a finais da década de 1930 e a principios da seguinte coa recuperación de territorios.[468]

Poboación por idioma (1920, 1930 e 1941)
Segundo Rothschild, pp. 192, 195.[469]

A principal minoría, a alemá, con arredor de medio millón de persoas, levou unha vida moi illada da maioría húngara salvo polos casos de asimilación ata a chegada ao poder de Hitler.[467] Rexeitada por Gömbös, a axitación nazi non deixou de crecer e de ter notable influencia na minoría, en especial a partir da anexión alemá de Austria en 1938.[467] A partir de 1936, os principais dirixentes da comunidade foron nazis.[467]

Territorio editar

Artigo principal: Tratado de Trianon.

Perdas editar

 
División de Hungría coas novas fronteiras de Trianon e a poboación segundo o censo de 1910.

O 4 de xuño de 1920, o recentemente nomeado Miklós Horthy asinou o Tratado de Trianon polo que renunciou a grandes seccións do antigo territorio austrohúngaro.[71][72] En total, Hungría perdeu o 72 % do seu antigo territorio (pasou de 282 870 km2 a 92 963 km2)[71][72] e a súa poboación pasou de 18,2 millóns a só 7,98 millóns de habitantes.[6] As nacións que se beneficiaron das perdas húngaras foron: Austria, Checoslovaquia, Romanía —territorialmente a máis beneficiada, con toda Transilvania, parte do Banato e outros territorios—[470] e Iugoslavia.[6][75] Hungría perdeu a súa única saída ao mar, o porto de Fiume, en favor de Italia.[6][75] Entre dous millóns e medio e tres[75] millóns de húngaros —un terzo do total—[71] quedaron integrados nos países veciños,[72] o que favoreceu o desexo de recuperar o territorio perdido.[6] Por motivos económicos e estratéxicos, estas poboacións quedaron englobadas nos países veciños, frecuentemente hostís a Budapest.[288] Nalgúns casos, a fronteira dividía rexións con ampla maioría húngara,[75] como no caso da checoslovaca.[288] Algunhas importantes poboacións abrumadoramente húngaras quedaron separadas do reino por apenas uns poucos quilómetros.[75]

O tratado uniformou a composición do país:[81] o 89,8 % da poboación era entón húngara, porcentaxe que aumentou durante o período.[6][471] A maior minoría era a alemá, que englobaba o 6,8 % da poboación.[6] Persistiron así mesmo diminutas minorías eslovacas, romanas e croatas.[6] Sorprendentemente, o tratado de paz eliminou un dos problemas máis comúns nos países da rexión, o das minorías.[471]

Ademais das importantes perdas territoriais e económicas, o tratado limitaba ademais as forzas armadas húngaras: o Exército non podía exceder os trinta e cinco mil homes, que non podían ser soldados profesionais senón voluntarios, mentres que a xendarmería e a Policía non podían contar con máis de doce mil membros cada unha.[74] Mentres que os tres principais veciños de Hungría (Checoslovaquia, Iugoslavia e Romanía) contaban en conxunto con arredor de medio millón de homes en armas, o Exército húngaro non podía contar con unidades de aviación, tanques, artillaría pesada, un Estado Maior, ou impoñer o servizo militar obrigatorio.[74]

Revisionismo editar

Húngaros tras Trianon (datos de 1910).
Segundo Rothschild, p. 155. [71]

 1  Austria
 2  Checoslovaquia
 3  Polonia
 4  Romanía
 5  Iugoslavia
 6  Italia
 7  Hungría de Trianon

A política de entreguerras estivo dominada en Hungría pola obsesión da clase política[472] polas perdas territoriais sufridas co Tratado de Trianon,[473][88][81] que deixaban fóra das novas fronteiras do reino a máis de tres millóns de húngaros,[288][72] maioritarios nalgúns territorios limítrofes.[7] O revisionismo foi case universal na sociedade húngara de entreguerras.[74][474][72][123] Mentres os Gobernos conservadores dos anos vinte e parte dos trinta e corenta confiaron na revisión pacífica do Tratado a favor de Hungría co apoio das potencias occidentais, a ultradereita prefería apoiarse nas novas potencias fascistas (Italia e Alemaña) en auxe.[316][475] O revisionismo territorial non só concentrou as enerxías políticas da nación,[474] senón que tamén serviu para xustificar a falta de reformas internas.[8]

O irredentismo húngaro xustificábase na propaganda da época pola existencia do «milenario» reino húngaro, suposta unidade xeográfico-política natural na conca do Danubio na que a nobreza húngara, superior culturalmente ao resto de grupos, ostentaba o poder de xeito «natural».[81] Para os sucesivos Gobernos, a rectificación do que consideraban inxustizas cometidas contra Hungría no tratado de paz converteuse nun obxectivo primordial.[476] A exixencia dunha volta ás fronteiras prebélicas e non a unhas que seguisen criterios lingüísticos, ademais da oposición das potencias vencedoras —en especial, de Francia— a modificar as consecuencias da paz de París, entorpeceu a consecución deste obxectivo.[78]

Unha vez admitida na Sociedade de Nacións, Hungría empregou esta organización para tratar de alcanzar os seus obxectivos de revisión territorial, ben denunciando as infraccións das cláusulas de respecto ás minorías impostas pola Sociedade nos tratados de paz, ben esixindo mudanzas fronteirizas.[477] Aínda que Transilvania era o principal obxectivo territorial, a falta de apoio das potencias para modificar a situación na rexión fixo que os esforzos por recuperar a rexión foran moi limitados ata a segunda guerra mundial.[477] Cara a Iugoslavia, as aspiracións revisionistas —atizadas por Italia—, baseáronse en estratexias oscilantes: en ocasións, o avivamento das diferenzas entre serbios e croatas; en outras, o intento de ruptura da alianza de Belgrado con Praga e Bucarest a cambio da renuncia a recuperar Croacia e a limitar as exixencias a plebiscitos no resto do territorio perdido en 1920.[477] A pesar de que a minoría húngara en Checoslovaquia —a nación máis democrática e progresista da zona— desfrutaba da maior liberdade cultural da rexión, foi neste país no que se concentraron as reivindicacións de Budapest.[478] Con Austria a relación foi en xeral boa salvo un breve período de tensión en 1921 a raíz da disputa por Burgenland.[479]

Co afianzamento do poder alemán nos anos trinta, a postura da dereita radical de empregar a Alemaña para emendar a situación territorial foi gañando partidarios, mesmo en parte dos conservadores. Alemaña facilitou a modificación das fronteiras trazadas en Trianon e satisfixo así os obxectivos do Goberno húngaro, mais isto supuxo un sometemento crecente do país a Berlín, que os sucesivos cambios de Goberno non lograron evitar.[23][480]

Ganancias e o apoio do Eixe editar

 
Expansión territorial húngara entre 1938 e 1941 respecto ás fronteiras austrohúngaras e de Trianon.

Ata finais da década de 1930, a única mudanza territorial foi a recuperación de parte de Burgenland —entregado a Austria— en decembro de 1921 logo dun plebiscito na rexión organizado por Italia.[12]

Co tempo, os políticos húngaros renegaron publicamente do Tratado de Trianon, e as alianzas coa Alemaña nazi e a Italia fascista serviron como medio para tratar de recuperar as perdas territoriais e de poboación.

Logo da Crise dos Sudetes os húngaros recibiron na Primeira Arbitraxe de Viena a zona meridional de Eslovaquia e Rutenia, con maioría húngara e, tras a desaparición de Checoslovaquia en marzo de 1939 pola ocupación alemá da parte checa, o resto de Rutenia, con escasa poboación húngara e maioría ucraína.[34][481][208] A arbitraxe, realizada por Italia e Alemaña, foi admitida tacitamente por Gran Bretaña.[481] Así, en novembro de 1938 Hungría recuperou 12 103 km2 —un quinto das perdas de Trianon nesta zona— e, en marzo de 1939, outros 12 171, se ben ao prezo de separar en ocasións as poboacións húngaras do campo eslovaco e cernar as relacións económicas entre ambos.[208]

 
Desfile triunfal de Horthy en Košice, recuperada por Hungría na Primeira arbitraxe de Viena en novembro de 1938.

A cesión romanesa de Besarabia e o norte de Bucovina á URSS desatou unha nova crise no verán de 1940, cando o Goberno de Budapest retomou as súas exixencias sobre Transilvania.[482] Na Segunda arbitraxe de Viena, organizado por Italia e Alemaña no outono de 1940, Hungría recuperou o norte de Transilvania —43 492 km2, dous quintos das perdas de Trianon nesta zona—, cedido forzosamente por Romanía.[28] Este cambio foi o primeiro mal visto entre as potencias rivais ao Eixe e desaconsellado por algunhas destacadas figuras políticas do país.[483] Por adición, o cambio territorial non satisfixo a ningunha das dúas partes.[484] Arredor de medio millón de húngaros quedou no lado romanés da fronteira e un millón de romaneses, no húngaro.[28]

En abril de 1941, Hungría participou na invasión de Iugoslavia e recibiu como recompensa a devolución dunha sección de Voivodina.[485][238] O país recuperou 11 475 km2 e preto dun millón de habitantes, arredor dun terzo, húngaros.[238] En total, entre 1938 e 1941 o país dobrou a súa extensión grazas ao apoio alemán.[34][238]

O armisticio asinado en xaneiro de 1945 polo Goberno de Béla Miklós cos Aliados anulou as ganancias territoriais húngaras en Checoslovaquia e Romanía.[273] Todas as anexións húngaras foron declaradas nulas despois da segunda guerra mundial.[34][238][273]

Notas editar

  1. As clases privilexiadas que estaban a recuperar o poder xustificaban o seu antisemitismo acusando á poboación xudía de ter causado a derrota militar a guerra mundial, terse lucrado durante a contenda e ter sido o verdadeiro sustento da república soviética. Deste xeito, eludían ter que afrontar o apoio obreiro e campesino a esta.[55]
  2. Os poderes do rexente eran practicamente os do rei: aínda que non podía outorgar títulos nobiliarios nin vetar decisións eclesiásticas, tiña potestade para nomear ao primeiro ministro, disolver as Cortes, vetar lexislación, e era o comandante en xefe do Exército. En 1925 ampliáronse as súas prerrogativas e puido nomear senadores vitalicios no Senado nacional restaurado.[64]
  3. Foi o gabinete de coalición xurdido das eleccións de marzo, presidido por Sándor Simonyi-Semadam, político de escasa relevancia, o que tivo que asinar en xuño o tratado imposto polos vencedores. O ministro de Asuntos Exteriores deste gabinete, Pablo Teleki, relevou a Simonyi-Semadan á fronte do Goberno pouco despois.[73]
  4. A morte en 1922 do antigo soberano con apenas trinta e cinco anos eliminou este problema da política húngara.[79]
  5. A revisión total ou parcial dos tratados de paz asinados logo da Primeira Guerra Mundial para obter condicións máis favorables para as partes prexudicadas. No caso húngaro, manifestábase no desexo de recuperar completa ou en parte os amplos territorios perdidos, ben pacificamente ou pola forza.
  6. Nagy-Talavera menciona setenta mil deportados a campos de concentración, vinte e sete mil xuízos por actividades durante o periodo republicano, trescentas vinte e nove axustizamentos, uns mil douscentos asasinados e varias decenas de miles de desprazados polo terror.[49]
  7. Con todo, Nagy-Talavera indica que algúns desordes aínda tiñan lugar en 1924-1925; os perturbadores contaban sempre coa indulxencia dos tribunais húngaros.[100]
  8. En 1923 o 79 % do presuposto do Estado proviña desta fonte.[13]
  9. As novas condicións para ter dereito a voto incluían o ter recibido seis anos de instrución, o ter residido na mesma localidade seis anos, o ser nai de tres fillos ou contar cun negocio propio ou o ter educación superior. a idade de sufraxio aumentou aos vinte e catro anos para os homes e aos trinta para as mulleres. Mantívose o voto segredo en corenta e seis circunscricións —fundamentalmente nas urbanas—, mais eliminouse doutras cento noventa e nove.[111]
  10. A idea orixinal partira do mariscal de campo alemán Erich Ludendorff, que subministrara a maquinaria necesaria, preparada por algúns grupos alemáns durante a ocupación do Ruhr, ao príncipe e ex-ministro Lajos Windischgrätz. A falsificación contou coa cooperación do Instituto Cartográfico Nacional e do bispo e principal capelán militar do Exército húngaro. A distribución quedou coordinada por un ex ministro de Finanzas e realizada polos oficiais do Estado Maior. Bethlen coñecía a operación.[114]
  11. Bethlen e Mussolini acordaran a devolución a Budapest de parte do armamento austrohúngaro capturado por Italia durante a guerra. O primeiro envío, camuflado como maquinaria agrícola, foi descuberto polos aduaneiros austríacos e a Pequena Entente esixiu unha investigación da Sociedade de Nacións sobre o rearmamento húngaro.[121]
  12. Segundo Juhász, o 1 de outubro.[150]
  13. Canto menos cento corenta mil dos douscentos mil combatentes destinados na fronte e entre vinte e tres e corenta e tres mil dos cincuenta mil recrutas forzados dos batallóns de traballo.[245]
  14. A práctica totalidade da poboación das provincias, unhas 434 000 persoas, foi deportada a Auschwitz en dous meses.[256]
  15. En 1914 entre o 70 % e o 75 % das exportacións húngaras, fundamentalmente produtos agrícolas, ía destinado ao resto do imperio.[289]
  16. Apenas 1232 grandes facendas, o 0,1 % do total, acaparaban arredor do 30 % da terra, mentres que 1 142 294 pequenas propiedades, o 71,5 % do total, repartíanse unicamente o 11 % das terras. O 40 % da poboación rural carecía de propiedade algunha e o 80 % vivía na pobreza.[299]
  17. O xugo é unha medida de superficie, equivalente a 0,5755 hectáreas.
  18. Rothschild achega unha porcentaxe aínda maior, un 35,9 % en 1933. Os desempregados non contaban cunha prestación de desemprego e a situación de paro adoitaba durar centos de días.[324]
  19. Na posguerra, entre un quinto e un sexto das exportacións húngaras enviábanse a Checoslovaquia. A mediados dos anos trinta, a porcentaxe diminuíra a un 5 %.[360]
  20. O acordo con Alemaña asinouse en febreiro, os protocolos, en marzo e maio. O segundo en principio garantía menores exportacións que o primeiro, mais foi o que as relanzou.[167]
  21. Alemaña asinou acordos comerciais similares co resto de países da rexión entre 1934 e 1935.[368]
  22. Alemaña pagaba subsidios ás exportacións húngaras para que estas acadasen prezos competitivos no seu mercado. Os subsidios —obtidos en realidade de contas alemás bloqueadas en Hungría dende o inicio da crise— permitían a Budapest pagar prezos maiores aos latifundios produtores sen obrigarlles a baixar os prezos para competir.[370] O sistema beneficiaba a Alemaña, xa que permitíalle adquirir produtos agrícolas sen ter que empregar as súas escasas divisas, mesmo pagan prezos superiores aos do mercado libre —onde tería tido que facelo— e fomentar as súas exportacións industriais.[371]
  23. O sistema de comercio bilateral, moi controlado, evitaba o pago en divisas: os importadores alemáns pagaban en marcos nunha conta alemá do Banco Nacional húngaro. Desta conta saían logo os pagos aos exportadores alemáns a Hungría. A utilización da conta e os seus posibles beneficios estaba limitada polo acordo.[374]
  24. O plan, posto en marcha en 1934, permitía a Berlín controlar o seu comercio exterior que, falto de divisas, pagaba as importacións con produtos alemáns en transaccións bilaterais reguladas. Os países do sueste europeo, ansiosos por vender os seus produtos agrícolas e tamén escasos de divisas, aceptaron o sistema.[378]
  25. Se o país contaba con 251 534 persoas con estudos secundarios en 1910 dunha poboación de 21 000 000 de persoas, en 1920 contaba aínda con 209 826 dunha poboación que non alcanzaba os 8 000 000. Arredor de sesenta mil deles eran refuxiados dos territorios perdidos. Ademais o país non só trasladou as universidades de Pozsony e Kolozsvár a localidades aínda en Hungría,[411] senón que abriu unha nova, a de Debrecen, acadando así as catro en todo país.[410]
  26. Janos indica que durante os anos da crise, o 30 % dos novos médicos, o 48 % dos novos avogados, o 55,2 % dos novos enxeñeiros ou o 70,1 % dos novos mestres carecían de emprego.[419]
  27. O 66,2 % dos pequenos comerciantes, o 90,3 % dos empregados en finanzas, o 52,6 % dos empregados industriais e o 70,9 % dos do comercio eran xudeus na capital. No conxunto do país, as porcentaxes respectivas eran: 57,9 %, 88,8 %, 47,7 % e 67,2 %.[42]
  28. O 9,9 % % tiña ingresos altos, o 28,3 %, medios; o 37,6 % medio-baixos e o 24,2 %, baixos. Para o conxunto da poboación as porcentaxes respectivas eran: 0,6 %, 7,7 %, 9,8 % e 81,9 %.[103]
  29. Antes da guerra, o 28,4 % dos universitarios tiñan sido xudeus. Na posguerra, a porcentaxe diminuíu ata o 5,9 % en 1920-1921 e volveu aumentar ata o 10,5 % en 1925-1930.[431]
  30. En 1928, o de maior diferenza, os ingresos medios dun campesiño no chegaban a un terzo dos dun obreiro urbano.[448]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Nagy-Talavera 1970, p. 55.
  2. 2,0 2,1 2,2 Rothschild 1990, p. 191.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Dreisziger 1998, p. 31.
  4. 4,0 4,1 4,2 Rogger & Weber 1974, p. 364-365.
  5. Nagy-Talavera 1970, p. 77.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Janos 1981, p. 205.
  7. 7,0 7,1 Nagy-Talavera 1970, pp. 56-57.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Rothschild 1990, p. 166.
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 Rogger & Weber 1974, p. 375.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Nagy-Talavera 1970, p. 58.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Janos 1981, p. 208.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Rothschild 1990, p. 163.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Janos 1981, p. 209.
  14. 14,0 14,1 Rothschild 1990, p. 162-163.
  15. Seton-Watson 1946, p. 240-241.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 Seton-Watson 1946, p. 241.
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 Nagy-Talavera 1970, p. 59.
  18. 18,0 18,1 18,2 Janos 1981, p. 246.
  19. 19,0 19,1 19,2 Janos 1981, p. 246-247.
  20. 20,0 20,1 20,2 Rothschild 1990, pp. 173-174.
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 21,5 21,6 21,7 21,8 Janos 1981, p. 300.
  22. 22,0 22,1 Janos 1981, p. 298-300.
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 23,5 Rothschild 1990, p. 176.
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 24,5 Juhász 1979, p. 135.
  25. 25,0 25,1 25,2 Janos 1981, p. 292.
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 Janos 1981, p. 301.
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 27,12 Sugar 1971, p. 75.
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 Rothschild 1990, p. 183.
  29. 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 29,5 Rothschild 1990, p. 187.
  30. 30,0 30,1 Janos 1981, p. 308-309.
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 31,4 31,5 Janos 1981, p. 309.
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 32,5 32,6 32,7 Rothschild 1990, p. 188.
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 Seton-Watson 1956, p. 105.
  34. 34,0 34,1 34,2 34,3 Balogh 1983, p. 44.
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 35,5 Seton-Watson 1946, p. 240.
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 Berend & Ránki 1969, p. 183.
  37. 37,0 37,1 37,2 37,3 Janos 1981, p. 244.
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 38,4 Rothschild 1990, p. 171.
  39. 39,0 39,1 Basch 1943, p. 206.
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 Rothschild 1990, p. 189.
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 Rothschild 1990, p. 196.
  42. 42,0 42,1 42,2 42,3 Janos 1981, p. 223.
  43. 43,0 43,1 43,2 Janos 1981, p. 302.
  44. 44,0 44,1 Nagy-Talavera 1970, p. 242.
  45. 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 Janos 1981, p. 201.
  46. Rothschild 1990, p. 152.
  47. Rothschild 1990, p. 151-152.
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 Rogger & Weber 1974, p. 371.
  49. 49,0 49,1 49,2 Nagy-Talavera 1970, p. 54.
  50. 50,0 50,1 Rothschild 1990, p. 153.
  51. Mocsy 1983, p. 145.
  52. Janos 1981, p. 201-202.
  53. 53,0 53,1 Cohen 1984, p. 136.
  54. 54,0 54,1 54,2 54,3 54,4 54,5 54,6 Sugar 1971, p. 74.
  55. Rogger & Weber 1974, p. 370.
  56. Bodó 2006, p. 129-132.
  57. Mocsy 1983, p. 145-146.
  58. Macartney 1929, p. 585.
  59. 59,0 59,1 59,2 Macartney 1929, p. 586.
  60. Janos 1981, p. 202-203.
  61. 61,0 61,1 Janos 1981, p. 202.
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 Rothschild 1990, p. 154.
  63. Macartney 1929, p. 582.
  64. 64,0 64,1 64,2 64,3 Janos 1981, p. 203.
  65. Rothschild 1990, p. 154, 158.
  66. 66,0 66,1 66,2 66,3 Rogger & Weber 1974, p. 373.
  67. Horel 2008, p. 91.
  68. 68,0 68,1 68,2 68,3 68,4 68,5 68,6 Rogger & Weber 1974, p. 376.
  69. Nagy-Talavera 1970, p. 73.
  70. Janos 1981, p. 204.
  71. 71,0 71,1 71,2 71,3 71,4 Rothschild 1990, p. 155.
  72. 72,0 72,1 72,2 72,3 72,4 72,5 72,6 72,7 Rogger & Weber 1974, p. 372.
  73. Ablonczy 2006, p. 67, 69.
  74. 74,0 74,1 74,2 74,3 74,4 Rothschild 1990, p. 157.
  75. 75,0 75,1 75,2 75,3 75,4 75,5 75,6 Nagy-Talavera 1970, p. 56.
  76. Janos 1981, p. 279.
  77. 77,0 77,1 77,2 77,3 77,4 77,5 77,6 77,7 77,8 Janos 1981, p. 206.
  78. 78,0 78,1 78,2 Nagy-Talavera 1970, p. 57.
  79. 79,0 79,1 79,2 Rothschild 1990, p. 159.
  80. Horel 2008, p. 92.
  81. 81,0 81,1 81,2 81,3 81,4 Sugar 1971, p. 73.
  82. 82,0 82,1 Nagy-Talavera 1970, p. 51.
  83. Mocsy 1983, p. 180.
  84. 84,0 84,1 84,2 84,3 Sugar 1971, p. 66.
  85. Sakmyster 1975, p. 38.
  86. Mocsy 1983, p. 179.
  87. 87,0 87,1 Mocsy 1983, p. 183.
  88. 88,0 88,1 88,2 88,3 88,4 Rothschild 1990, p. 158.
  89. 89,0 89,1 89,2 89,3 89,4 Nagy-Talavera 1970, p. 50.
  90. Sakmyster 1975, p. 21.
  91. 91,0 91,1 Bodó 2006, p. 141.
  92. 92,0 92,1 Bodó 2006, p. 142.
  93. 93,0 93,1 Nagy-Talavera 1970, p. 53.
  94. Nagy-Talavera 1970, p. 58, 69.
  95. Sugar 1971, p. 68, 74.
  96. 96,0 96,1 Bodó 2006, p. 122.
  97. Bodó 2006, p. 142, 148.
  98. Bodó 2006, p. 145.
  99. Bodó 2006, p. 143.
  100. Nagy-Talavera 1970, p. 57-58.
  101. Janos 1981, p. 208-209.
  102. Sakmyster 1975, p. 22.
  103. 103,0 103,1 103,2 103,3 Janos 1981, p. 225.
  104. Bodó 2006, p. 146.
  105. 105,0 105,1 Nagy-Talavera 1970, p. 74.
  106. 106,0 106,1 106,2 106,3 Sugar 1971, p. 68.
  107. 107,0 107,1 107,2 Nagy-Talavera 1970, p. 83.
  108. 108,0 108,1 108,2 108,3 Nagy-Talavera 1970, p. 64.
  109. Janos 1981, p. 210-211.
  110. 110,0 110,1 110,2 110,3 110,4 110,5 Rothschild 1990, p. 160.
  111. 111,0 111,1 Janos 1981, p. 211.
  112. 112,0 112,1 112,2 112,3 112,4 Janos 1981, p. 212.
  113. 113,0 113,1 Klay 1974, p. 109.
  114. Klay 1974, p. 109-111.
  115. Klay 1974, p. 112.
  116. Juhász 1979, p. 81.
  117. 117,0 117,1 117,2 Nagy-Talavera 1970, p. 81.
  118. Juhász 1979, p. 82.
  119. Rothschild 1990, p. 163-164.
  120. Juhász 1979, p. 84.
  121. Juhász 1979, p. 83, 84, 87.
  122. Juhász 1979, p. 85.
  123. 123,0 123,1 Nagy-Talavera 1970, p. 78.
  124. Rogger & Weber 1974, p. 373-374.
  125. 125,0 125,1 Janos 1981, p. 293.
  126. Macartney 1929, p. 586, 588.
  127. Sugar 1971, p. 68, 75.
  128. 128,0 128,1 128,2 128,3 128,4 128,5 Dreisziger 1998, p. 32.
  129. Janos 1981, p. 293-294.
  130. Nagy-Talavera 1970, p. 63.
  131. 131,0 131,1 131,2 Rogger & Weber 1974, p. 402.
  132. 132,0 132,1 132,2 132,3 Janos 1981, p. 294.
  133. Janos 1981, p. 295.
  134. Janos 1981, p. 296-297.
  135. 135,0 135,1 Janos 1981, p. 213.
  136. Janos 1981, p. 213-214.
  137. 137,0 137,1 Janos 1981, p. 216.
  138. Janos 1981, p. 216-217.
  139. Incze 1954, p. 3.
  140. 140,0 140,1 140,2 140,3 Berend & Ránki 1961, p. 315.
  141. 141,0 141,1 141,2 Rogger & Weber 1974, p. 377.
  142. 142,0 142,1 142,2 Nagy-Talavera 1970, p. 85.
  143. Nagy-Talavera 1970, p. 86.
  144. 144,0 144,1 144,2 Nagy-Talavera 1970, p. 84.
  145. Juhász 1979, p. 100.
  146. 146,0 146,1 Rothschild 1990, p. 172.
  147. Nagy-Talavera 1970, pp. 85-86.
  148. 148,0 148,1 148,2 148,3 Sakmyster 1975, p. 23.
  149. Nagy-Talavera 1970, p. 70.
  150. Juhász 1979, p. 103.
  151. Rogger & Weber 1974, p. 379.
  152. 152,0 152,1 Janos 1981, p. 287.
  153. Rothschild 1990, p. 172-173.
  154. Nagy-Talavera 1970, p. 89.
  155. Janos 1981, p. 288.
  156. Nagy-Talavera 1970, pp. 89-90.
  157. 157,0 157,1 157,2 157,3 157,4 157,5 Juhász 1979, p. 126.
  158. Janos 1981, p. 288-289.
  159. Lorman 2005, p. 296.
  160. 160,0 160,1 Zsigmond 1966, p. 7.
  161. Juhász 1979, p. 108.
  162. Berend & Ránki 1961, p. 316.
  163. Kaiser 1980, p. 65.
  164. Lorman 2005, p. 297.
  165. 165,0 165,1 Lorman 2005, p. 310.
  166. Juhász 1979, p. 112, 115.
  167. 167,0 167,1 Berend & Ránki 1961, p. 345-346.
  168. Zsigmond 1966, p. 8-9.
  169. Sakmyster 1975, p. 24.
  170. Zsigmond 1966, p. 11-12.
  171. Lorman 2005, p. 295-296, 299, 301.
  172. 172,0 172,1 172,2 Janos 1981, p. 289.
  173. Rothschild 1990, p. 174.
  174. 174,0 174,1 Rothschild 1990, p. 175.
  175. Sakmyster 1975, p. 19-20.
  176. Juhász 1979, p. 133.
  177. Lorman 2005, p. 316.
  178. Sugar 1971, p. 70.
  179. Juhász 1979, p. 122.
  180. Ránki 1911, p. 513-514.
  181. Juhász 1979, p. 124-125.
  182. 182,0 182,1 182,2 182,3 182,4 Rothschild 1990, p. 177.
  183. Sakmyster 1975, p. 25.
  184. Janos 1981, p. 289-290.
  185. 185,0 185,1 185,2 Juhász 1979, p. 127.
  186. 186,0 186,1 Nagy-Talavera 1970, p. 124.
  187. 187,0 187,1 Sakmyster 1973, p. 725.
  188. Juhász 1979, p. 132.
  189. 189,0 189,1 Janos 1981, p. 290.
  190. 190,0 190,1 Sakmyster 1973, p. 728.
  191. Juhász 1979, p. 127, 131.
  192. Sakmyster 1973, p. 726.
  193. Sakmyster 1975, p. 28-29.
  194. Juhász 1979, p. 131-132.
  195. 195,0 195,1 195,2 Janos 1981, p. 291.
  196. 196,0 196,1 Nagy-Talavera 1970, p. 136.
  197. 197,0 197,1 197,2 Rothschild 1990, p. 178.
  198. 198,0 198,1 198,2 198,3 Rogger & Weber 1974, p. 391.
  199. Sakmyster 1973, p. 732.
  200. Sakmyster 1973, p. 738-739.
  201. Sakmyster 1975, p. 29.
  202. Sakmyster 1973, p. 735.
  203. 203,0 203,1 Dombrády 1987, p. 123.
  204. Kaiser 1980, p. 223.
  205. Juhász 1979, p. 139.
  206. 206,0 206,1 206,2 Sakmyster 1975, p. 30.
  207. Janos 1981, p. 291-292.
  208. 208,0 208,1 208,2 Rothschild 1990, p. 179.
  209. Zsigmond 1966, p. 16.
  210. 210,0 210,1 210,2 210,3 210,4 210,5 Rogger & Weber 1974, p. 382.
  211. 211,0 211,1 211,2 Zsigmond 1966, p. 17.
  212. Juhász 1979, p. 148.
  213. Janos 1981, p. 292-293.
  214. Juhász 1979, p. 152.
  215. 215,0 215,1 215,2 215,3 Sakmyster 1975, p. 31.
  216. 216,0 216,1 216,2 Juhász 1979, p. 150.
  217. Ránki 1911, p. 520.
  218. Rogger & Weber 1974, p. 387.
  219. Rogger & Weber 1974, p. 391-392.
  220. 220,0 220,1 220,2 Sugar 1971, p. 71.
  221. Janos 1981, p. 270.
  222. Sugar 1971, p. 77.
  223. 223,0 223,1 Rogger & Weber 1974, p. 392.
  224. Janos 1981, p. 270-271.
  225. 225,0 225,1 Rogger & Weber 1974, p. 365.
  226. Nagy-Talavera 1970, p. 125.
  227. 227,0 227,1 Cohen 1984, p. 138.
  228. Rothschild 1990, p. 181.
  229. Janos 1981, p. 298.
  230. 230,0 230,1 230,2 230,3 Rothschild 1990, p. 180.
  231. 231,0 231,1 Janos 1981, p. 307.
  232. Sakmyster 1975, p. 32.
  233. 233,0 233,1 Rothschild 1990, p. 182.
  234. Rothschild 1990, p. 184.
  235. Sakmyster 1975, p. 32-33.
  236. Rothschild 1990, p. 184-185.
  237. 237,0 237,1 Sakmyster 1975, p. 33-34.
  238. 238,0 238,1 238,2 238,3 238,4 238,5 Rothschild 1990, p. 185.
  239. 239,0 239,1 239,2 239,3 239,4 239,5 239,6 Rothschild 1990, p. 186.
  240. 240,0 240,1 240,2 240,3 Rogger & Weber 1974, p. 381.
  241. Janos 1981, p. 300-301.
  242. 242,0 242,1 242,2 242,3 242,4 Rogger & Weber 1974, p. 398.
  243. 243,0 243,1 243,2 243,3 Janos 1981, p. 308.
  244. 244,0 244,1 244,2 244,3 Seton-Watson 1946, p. 243.
  245. Janos 1981, p. 303.
  246. 246,0 246,1 Rogger & Weber 1974, p. 397.
  247. Cohen 1984, p. 139.
  248. 248,0 248,1 Sugar 1971, p. 79.
  249. Sugar 1971, p. 80.
  250. Cohen 1984, p. 131-132.
  251. Cohen 1984, p. 132.
  252. Rogger & Weber 1974, p. 398-399.
  253. 253,0 253,1 Cohen 1984, p. 131.
  254. Cohen 1984, p. 132-133.
  255. 255,0 255,1 255,2 Rogger & Weber 1974, p. 399.
  256. 256,0 256,1 256,2 256,3 256,4 Rogger & Weber 1974, p. 400.
  257. 257,0 257,1 "El destino de los judíos de Europa - El exterminio de los judíos de Hungría" (en castelán). Yad Vashem. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2017. Consultado o 3 de marzo de 2017. 
  258. 258,0 258,1 258,2 Janos 1981, p. 310.
  259. Cohen 1984, p. 133.
  260. 260,0 260,1 Nagy-Talavera 1970, p. 243.
  261. Rothschild 1990, p. 187-188.
  262. 262,0 262,1 262,2 Janos 1981, p. 311.
  263. 263,0 263,1 263,2 263,3 263,4 Seton-Watson 1956, p. 104.
  264. Rogger & Weber 1974, p. 401.
  265. Batowski 1971, p. 318.
  266. Rogger & Weber 1974, p. 400-401.
  267. 267,0 267,1 267,2 Nagy-Talavera 1970, p. 231.
  268. Nagy-Talavera 1970, p. 230.
  269. 269,0 269,1 Nagy-Talavera 1970, p. 230-231.
  270. 270,0 270,1 Rogger & Weber 1974, p. 403.
  271. Seton-Watson 1956, p. 104-105.
  272. Nagy-Talavera 1970, p. 236-237.
  273. 273,0 273,1 273,2 273,3 273,4 Batowski 1971, p. 319.
  274. Batowski 1971, p. 323.
  275. 275,0 275,1 Nagy-Talavera 1970, p. 232.
  276. Seton-Watson 1956, p. 190.
  277. Nagy-Talavera 1970, p. 236.
  278. Nagy-Talavera 1970, p. 240.
  279. 279,0 279,1 Seton-Watson 1956, p. 191.
  280. Seton-Watson 1956, p. 191-192.
  281. 281,0 281,1 Seton-Watson 1946, p. 246.
  282. 282,0 282,1 Seton-Watson 1956, p. 192.
  283. Seton-Watson 1946, p. 245.
  284. 284,0 284,1 284,2 Seton-Watson 1956, p. 193.
  285. 285,0 285,1 Berend & Ránki 1969, p. 170.
  286. 286,0 286,1 286,2 Rothschild 1990, p. 167.
  287. Janos 1981, p. 205-206.
  288. 288,0 288,1 288,2 288,3 288,4 Rothschild 1990, p. 156.
  289. 289,0 289,1 Basch 1943, p. 20.
  290. Kaiser 1980, p. 19.
  291. Berend & Ránki 1969, p. 176.
  292. 292,0 292,1 Janos 1981, p. 242.
  293. Janos 1981, p. 243.
  294. 294,0 294,1 294,2 Berend & Ránki 1969, p. 173.
  295. Berend & Ránki 1969, p. 174.
  296. 296,0 296,1 Rogger & Weber 1974, p. 369.
  297. 297,0 297,1 297,2 Klein 1955, p. 80.
  298. Incze 1954, p. 49-50.
  299. Basch 1943, p. 21.
  300. Incze 1954, p. 50.
  301. Incze 1954, p. 52.
  302. Incze 1954, p. 56.
  303. Incze 1954, p. 61.
  304. Macartney 1929, p. 589.
  305. Incze 1954, p. 33-34.
  306. 306,0 306,1 Horel 2008, p. 94.
  307. 307,0 307,1 Incze 1954, p. 33.
  308. Janos 1981, p. 228.
  309. Incze 1954, p. 38.
  310. Incze 1954, p. 38-39.
  311. Incze 1954, p. 37-38.
  312. 312,0 312,1 Janos 1981, p. 229.
  313. Sugar 1971, p. 74-75.
  314. Incze 1954, p. 35.
  315. Basch 1943, p. 20-21.
  316. 316,0 316,1 Klein 1955, p. 79-80.
  317. Janos 1981, p. 219-220.
  318. 318,0 318,1 Klein 1955, p. 80-81.
  319. Janos 1981, p. 219.
  320. 320,0 320,1 320,2 Janos 1981, p. 220.
  321. Janos 1981, p. 221.
  322. Janos 1981, p. 221-222.
  323. Incze 1954, p. 51-52.
  324. 324,0 324,1 324,2 324,3 324,4 324,5 324,6 324,7 324,8 Rothschild 1990, p. 170.
  325. 325,0 325,1 325,2 Incze 1954, p. 41.
  326. Nagy-Talavera 1970, p. 83-84.
  327. Janos 1981, p. 244-245.
  328. 328,0 328,1 328,2 328,3 328,4 328,5 328,6 Janos 1981, p. 245.
  329. Incze 1954, p. 42, 44-45.
  330. 330,0 330,1 Incze 1954, p. 4.
  331. Janos 1981, p. 304-305.
  332. 332,0 332,1 Janos 1981, p. 304.
  333. Janos 1981, p. 305.
  334. 334,0 334,1 334,2 334,3 Rothschild 1990, p. 190.
  335. Janos 1981, p. 222-223.
  336. Janos 1981, p. 224.
  337. 337,0 337,1 337,2 Sugar 1971, p. 78.
  338. Incze 1954, p. 24.
  339. 339,0 339,1 339,2 339,3 Janos 1981, p. 238.
  340. 340,0 340,1 Janos 1981, p. 239.
  341. Incze 1954, p. 8-9.
  342. 342,0 342,1 Berend & Ránki 1969, p. 180.
  343. 343,0 343,1 343,2 343,3 343,4 343,5 343,6 343,7 Rothschild 1990, p. 169.
  344. Basch 1943, p. 27.
  345. Basch 1943, p. 27-28.
  346. Berend & Ránki 1969, p. 181-182.
  347. 347,0 347,1 347,2 Rothschild 1990, p. 168.
  348. Incze 1954, p. 5, 41.
  349. Incze 1954, p. 9-10.
  350. 350,0 350,1 350,2 350,3 Basch 1943, p. 52.
  351. 351,0 351,1 351,2 Ferber 1983, p. 285.
  352. Rothschild 1990, p. 168-169.
  353. 353,0 353,1 353,2 353,3 Basch 1943, p. 51.
  354. 354,0 354,1 Ferber 1983, p. 284.
  355. 355,0 355,1 Juhász 1979, p. 93.
  356. Basch 1943, p. 54.
  357. 357,0 357,1 Kaiser 1980, p. 325.
  358. Basch 1943, p. 48.
  359. 359,0 359,1 359,2 359,3 Basch 1943, p. 189.
  360. Berend & Ránki 1969, p. 179.
  361. 361,0 361,1 Basch 1943, p. 134.
  362. Basch 1943, p. 92.
  363. Basch 1943, p. 99, 189.
  364. Lorman 2005, p. 309.
  365. Berend & Ránki 1961, p. 339.
  366. Grenzebach 1988, p. 33.
  367. Berend & Ránki 1961, p. 336.
  368. Berend & Ránki 1961, p. 344.
  369. Berend & Ránki 1961, p. 337.
  370. Berend & Ránki 1961, p. 337, 343.
  371. Berend & Ránki 1961, p. 342-343.
  372. Basch 1943, p. 176.
  373. Rothschild 1990, p. 176-177.
  374. Berend & Ránki 1961, p. 338.
  375. 375,0 375,1 Basch 1943, p. 100.
  376. Berend & Ránki 1961, p. 340.
  377. 377,0 377,1 Basch 1943, p. 190.
  378. Berend & Ránki 1961, p. 331-333.
  379. Basch 1943, p. 204.
  380. 380,0 380,1 Basch 1943, p. 222.
  381. Basch 1943, p. 203-204, 207.
  382. 382,0 382,1 382,2 382,3 382,4 Dombrády 1987, p. 124.
  383. Dombrády 1987, p. 125.
  384. 384,0 384,1 384,2 384,3 Cohen 1996, p. 363.
  385. 385,0 385,1 Sugar 1971, p. 65.
  386. 386,0 386,1 Nagy-Talavera 1970, p. 75.
  387. 387,0 387,1 Janos 1981, p. 256.
  388. Rogger & Weber 1974, p. 364.
  389. Janos 1981, p. 257.
  390. Janos 1981, p. 258.
  391. Janos 1981, p. 222.
  392. 392,0 392,1 Janos 1981, p. 252.
  393. 393,0 393,1 Horel 2008, p. 95.
  394. Rogger & Weber 1974, p. 374.
  395. Janos 1981, p. 239-240.
  396. Janos 1981, p. 250-251.
  397. Nagy-Talavera 1970, p. 87.
  398. 398,0 398,1 Rogger & Weber 1974, p. 378.
  399. 399,0 399,1 Dreisziger 1998, p. 35.
  400. Bodó 2006, p. 135.
  401. Nagy-Talavera 1970, p. 50-51.
  402. Janos 1981, p. 251-252.
  403. Mocsy 1983, p. 184, 190.
  404. Mocsy 1983, p. 190.
  405. Sugar 1971, p. 65-66.
  406. Mocsy 1983, p. 2, 176, 183.
  407. Nagy-Talavera 1970, p. 65.
  408. Mocsy 1983, p. 176-177.
  409. 409,0 409,1 Mocsy 1983, p. 177.
  410. 410,0 410,1 410,2 Janos 1981, p. 247.
  411. 411,0 411,1 Mocsy 1983, p. 191.
  412. Nagy-Talavera 1970, p. 69.
  413. Mocsy 1983, p. 191-192.
  414. Nagy-Talavera 1970, p. 67-68.
  415. Mocsy 1983, p. 192-193.
  416. Janos 1981, p. 247-248.
  417. 417,0 417,1 417,2 417,3 Mocsy 1983, p. 186.
  418. 418,0 418,1 Janos 1981, p. 248.
  419. 419,0 419,1 Janos 1981, p. 255.
  420. 420,0 420,1 420,2 Klein 1982, p. 115.
  421. Nagy-Talavera 1970, p. 68.
  422. Klein 1982, p. 118.
  423. 423,0 423,1 423,2 Janos 1981, p. 232.
  424. Dreisziger (1998), p. 108
  425. 425,0 425,1 425,2 Janos 1981, p. 231.
  426. Rogger & Weber 1974, p. 366-367.
  427. Janos 1981, p. 229-230.
  428. Incze 1954, p. 36, 40.
  429. Horel 2008, p. 98-100.
  430. Horel 2008, p. 101, 103.
  431. 431,0 431,1 431,2 431,3 Janos 1981, p. 226.
  432. Klein 1982, p. 122.
  433. 433,0 433,1 433,2 Rothschild 1990, p. 197.
  434. 434,0 434,1 Janos 1981, p. 227.
  435. Nagy-Talavera 1970, p. 66-67.
  436. Janos 1981, p. 261.
  437. Nagy-Talavera 1970, p. 66-68.
  438. Klein 1982, p. 121.
  439. Rothschild 1990, p. 197-198.
  440. Rogger & Weber 1974, p. 382-383.
  441. 441,0 441,1 441,2 Rogger & Weber 1974, p. 383.
  442. 442,0 442,1 Rothschild 1990, p. 198.
  443. Rothschild 1990, p. 198-199.
  444. Janos 1981, p. 302-303.
  445. Rothschild 1990, p. 199.
  446. 446,0 446,1 446,2 Janos 1981, p. 233.
  447. 447,0 447,1 Nagy-Talavera 1970, p. 60.
  448. 448,0 448,1 448,2 Janos 1981, p. 240.
  449. Janos 1981, p. 241.
  450. 450,0 450,1 450,2 Nagy-Talavera 1970, p. 61.
  451. Janos 1981, p. 233-234.
  452. Janos 1981, p. 234.
  453. Incze 1954, p. 9, 18.
  454. Incze 1954, p. 12-13, 18.
  455. Incze 1954, p. 15-16.
  456. Incze 1954, p. 16-17.
  457. Incze 1954, p. 17.
  458. Incze 1954, p. 18.
  459. Incze 1954, p. 21.
  460. Incze 1954, p. 23.
  461. Incze 1954, p. 25-26.
  462. Incze 1954, p. 27.
  463. Incze 1954, p. 22.
  464. Janos 1981, p. 234-235.
  465. 465,0 465,1 Janos 1981, p. 235.
  466. 466,0 466,1 466,2 Rothschild 1990, p. 193.
  467. 467,0 467,1 467,2 467,3 467,4 Nagy-Talavera 1970, p. 139.
  468. Rothschild 1990, p. 195.
  469. Rothschild 1990, p. 192, 195.
  470. Lorman 2005, p. 291.
  471. 471,0 471,1 Rothschild 1990, p. 192.
  472. Macartney 1929, p. 593.
  473. Balogh (1983), p. 43
  474. 474,0 474,1 Sugar 1971, p. 67.
  475. Janos 1981, p. 262-263.
  476. Sugar 1971, p. 73-74.
  477. 477,0 477,1 477,2 Rothschild 1990, p. 164.
  478. Rothschild 1990, p. 165.
  479. Winchester 1976, p. 409.
  480. Winchester 1976, p. 421.
  481. 481,0 481,1 Balogh 1983, p. 45.
  482. Rothschild 1990, p. 182-183.
  483. Balogh 1983, p. 46.
  484. Balogh 1983, p. 49.
  485. Balogh 1983, p. 50.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar