Peter Wulf

futbolista alemán

Peter Wulf, nado en Hamburgo o 13 de marzo de 1938 e finado o 28 de xullo de 1995,[1] foi un futbolista alemán que xogaba de centrocampista. Militou durante case toda a súa carreira no Hamburger SV, gañando un campionato alemán e unha Copa de Alemaña.

Wulf
Información persoal
Nome Peter Wulf
Nacemento 13 de marzo de 1938
Lugar de nacemento Hamburgo
Falecemento 28 de xullo de 1995
Carreira xuvenil
–1957 Viktoria Harburg
1957–1958 Hamburger SV
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1966 Hamburger SV 161 (77)
1966–1967 SC Sperber Hamburg 29 (11)
1968–1970 La Chaux-de-Fonds 46 (13)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1957 pasou do Viktoria Harburg ao Hamburger SV. Na súa primeira tempada xogou no equipo afeccionado do club, marcando 21 goles na liga de afeccionados de Hamburgo.[2] Desde a tempada 1958/59 foi membro do primeiro equipo, que militaba na Oberliga, a máxima categoría do fútbol alemán por aquel entón. Debutou na xornada 3, nunha vitoria por 1-0 contra o VfL Wolfsburg. Marcou 5 goles en 14 partidos durante a súa primeira tempada. Xogou no club ata 1963, gañando cinco títulos seguidos da Oberliga Norte, nun equipo no que destacaban Uwe Seeler e Klaus Stürmer. En 1960 proclamouse campión do campionato alemán, aínda que non xogou na final contra o FC Köln.

Na tempada 1960/61 o seu equipo acadou as semifinais da Copa de Europa. Wulf disputou o partido de ida contra o FC Barcelona no Camp Nou (1-0) e tamén o de volta no Volksparkstadion, onde conseguiu o primeiro gol do encontro, batendo a Ramallets cun tiro libre. Xogou tamén o partido de desempate en Bruxelas, onde a vitoria foi para o equipo catalán, grazas a un solitario gol de Evaristo. En 1962 marcou 22 goles en 23 partidos de liga, o que o converteu no segundo máximo goleador do HSV. Marcou un total de 58 goles en 94 partidos da Oberliga co club de Hamburgo, aos que sumou outros tres goles en 23 partidos do campionato alemán.

En 1963 gañou a final da DFB-Pokal, derrotando ao Borussia Dortmund por 3-0, cun triplete de Uwe Seeler. A continuación deu comezo a primeira tempada da nova Bundesliga, na que xogou durante as seguintes campañas, marcando 15 goles en 44 partidos.

Deixou o club en 1966, pasando entón ao SC Sperber Hamburg, xunto a outros antigos xogadores do Hamburger SV, como Horst Dehn, Erwin Piechowiak ou Rolf Schwartau. Alí marcou 11 en 29 partidos da liga rexional, e a continuación pasou a xogar tres tempadas no FC La Chaux-de-Fonds suízo antes de retirarse.

Palmarés editar

Hamburger SV

Notas editar

  1. "Peter Wulf". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  2. Grüber, Walter (2011). Fußball-Torjägerstatistik Deutschland (en alemán). Norderstedt: Books on Demand GmbH. p. 254. ISBN 978-3-8448-6248-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Reimer Prüß, Jens (1991). Spundflasche mit Flachpaßkorken: Die Geschichte der Oberliga Nord 1947–1963 (en alemán). Essen: Klartext Verlag. ISBN 3-88474-463-1. 
  • Knieriem, Lorenz; Grüne, Hardy (2006). Spielerlexikon 1890 – 1963. Enzyklopädie des deutschen Ligafußballs (en alemán) 8. Kassel: Agon. ISBN 3-89784-148-7. 

Ligazóns externas editar