Renato Cappellini

futbolista italiano

Renato Cappellini, nado en Soncino o 9 de outubro de 1943, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.

Cappellini
Información persoal
Nome Renato Cappellini
Nacemento 9 de outubro de 1943
Lugar de nacemento Soncino
Altura 1,78 m.
Posición dianteiro
Carreira xuvenil
Montebelluna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1963–1968 Inter de Milán 50 (18)
1964–1965 Genoa 24 (6)
1968–1969 Varese 25 (2)
1969–1974 Roma 97 (23)
1976–1977 Chiasso 17 (2)
Selección nacional
1967 Italia 2 (1)
Adestrador
1987–1988 Ospitaletto
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Inter de Milán, co que debutou na Serie A o 29 de setembro de 1963, nunha vitoria por 2-0 contra o Mantova.[1] Despois de pasar a tempada 1964/65 cedido no Genoa, regresou ao equipo nerazzurro, co que gañou un scudetto da man de Helenio Herrera.[2]

Nos cuartos de final da Copa de Europa 1966/67 ante o Real Madrid, marcou un gol tanto no partido de ida como no de volta, clasificándose así para a seguinte fase.[2] Nas semifinais enfrontouse ao CSKA Sofia búlgaro, eliminatoria que precisou dun partido de desempate, no que Cappellini fixo o único tanto, metendo así o equipo milanés na súa terceira final continental.[3]

En 1968 foi traspasado ao Varese, onde xogou un ano, antes de fichar pola Roma, club no que militou durante cinco campañas.[2] Posteriormente pasou polo Como, a Fiorentina e o Chiasso, da liga suíza, antes de colgar as botas en 1977.[2]

Ademais da súa carreira futbolística, tamén se dedicou a escribir historias de detectives.[4]

Selección italiana editar

En marzo de 1967 disputou dous partidos coa selección italiana e marcou un gol ante Portugal.[2]

Notas editar

  1. "Tra Inter e Mantova ha deciso Jair: 2 - 0". La Stampa (en italiano). 30 de setembro de 1963. p. 6. Consultado o 18 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Galasso 2015, p. 384.
  3. Cosin, Alberto (5 de xuño de 2015). "Final Copa de Europa 1967. HH claudicó ante los ‘Leones de Lisboa’" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 18 de abril de 2022. 
  4. Izzi 2017, p. 648.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar