O Genoa Cricket and Football Club, ou simplemente Genoa, é unha entidade deportiva italiana da cidade de Xénova, en Liguria, fundada o 7 de setembro de 1893. Ó longo da súa historia gañou 9 veces o Scudetto e 1 vez a Coppa Italia. O equipo compite na edición 2011-12 da Serie A.
Acta da fundación do club.
O Genoa CFC disputa os seus encontros como local no Estadio Luigi Ferraris, un recinto con capacidade para acoller a 36.536 seareiros, que comparte co seu veciño e máximo rival, o UC Sampdoria, co cal disputa o denominado Derbi della Lanterna.
A entidade ten outras seccións deportivas non profesionais, como a de cricket, a de wáter-polo e a de fútbol feminino.
Dende 2003 preside o club o empresario multimillonario Enrico Preziosi, nado en 1948, fundador e dono da empresa Giochi Preziosi, a cuarta empresa fabricante de xoguetes a nivel mundial despois de Lego, Mattel e Hasbro.