Agustín Suárez Miramontes

Agustín Suárez Miramontes, nado na Coruña en 1926 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1987, foi un futbolista galego, que xogaba como extremo esquerdo.

Agustín
Información persoal
Nome Agustín Suárez Miramontes
Posición Extremo esquerdo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1945 Deportivo Ciudad
1945–1948 Xuvenil
1948–1949 Orensana
1949–1950 Xuvenil
1950 Cultural Leonesa
1950–1952 Xuvenil
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Era irmán dos tamén futbolistas Pepiño e Luis Suárez, este último considerado o mellor futbolista galego da historia.

TraxectoriaEditar

Naceu na avenida de Hércules do barrio coruñés de Monte Alto, onde os seus pais, María Miramontes González e Agustín Suárez López, rexentaban unha carnizaría.[1][2][3] Interesouse dende neno polo fútbol, deporte que tamén practicaba o seu irmán maior, José.

Xogou no Deportivo Ciudad ata 1945, cando pasou ao Xuvenil.[4] Militou no equipo de Rodrigo durante tres tempadas, logrando o ascenso á Terceira División e formando habitualmente na dianteira titular xunto a xogadores como Díez, Otero ou Belchite.[5] Na tempada 1948/49 fichou pola Orensana, coa que logrou ese ano o ascenso á Segunda División.[6] A continuación volveu ao Xuvenil e na tempada 1950/51 fichou pola Cultural Leonesa, da Terceira División,[7] no que permaneceu só uns meses antes de regresar ao Xuvenil. Militou neste ata 1952, e formou dianteira entre outros con Juananco e Arsenio.[8]

PersoalEditar

Casou en xullo de 1958 con Elena Babío Moscoso, na igrexa de Santiago da Coruña.[9] Faleceu o 4 de maio de 1987, aos 60 anos de idade.[4][10]

NotasEditar

  1. Balado, Lois (2 de maio de 2020). "De la carnicería a arquitecto mundial del fútbol; Luis Suárez cumple 85 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  2. Ruiz, Marco (18 de decembro de 2016). "“Di Stéfano, Charlton, Kopa..., era duro ser Balón de Oro”". As (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  3. "Obituario de Agustín Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1962. p. 10. 
  4. 4,0 4,1 "Murió Agustín, hermano de Luis Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de maio de 1987. p. 43. 
  5. "El Juvenil venció al Atlético de Zamora por tres a dos". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 1947. p. 5. 
  6. "Unión Deportiva a Lugo". El Pueblo Gallego (en castelán). 5 de setembro de 1948. p. 2. Consultado o 7 de xullo de 2021. 
  7. "El Juvenil se prepara". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1950. p. 5. 
  8. "El Juvenil derrota al Polvorín (8-1)". La Noche (en castelán) (9467). 15 de outubro de 1951. p. 2. Consultado o 7 de xullo de 2021. 
  9. "De sociedad". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 1958. p. 8. 
  10. "Defunciones". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de maio de 1987. p. 30.