Nevio Scala

futbolista e adestrador italiano

Nevio Scala, nado en Lozzo Atestino, Padua, o 22 de novembro de 1947, é un exfutbolista e exadestrador italiano.

Nevio Scala
Información persoal
Nome Nevio Scala
Nacemento 22 de novembro de 1947
Lugar de nacemento Lozzo Atestino
Altura 174 centímetros
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
1961–1963 Nova Gens
1963–1965 Milan
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965–1969 Milan 11 (0)
1966–1967 Roma 28 (1)
1969–1971 Lanerossi Vicenza 59 (2)
1971–1973 Fiorentina 50 (6)
1973–1975 Inter de Milán 36 (1)
1975–1976 Milan 23 (0)
1976–1979 Foggia 85 (2)
1979–1980 Monza 14 (0)
1980–1981 Adriese 23 (1)
Total 329 (13)
Selección nacional
1969 Italia sub-21 1 (0)
Adestrador
1985–1987 Lanerossi Vicenza
1987–1989 Reggina
1989–1996 Parma
1997 Perugia
1997–1998 Borussia Dortmund
2000–2001 Beşiktaş
2002 Shakhtar Donetsk
2003–2004 Spartak Moscova
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Xogaba como centrocampista e militou en varios clubs italianos, gañando varios títulos durante a súa etapa no Milan. Como adestrador, é principalmente lembrado polo seu labor á fronte do Parma durante a época dourada do club na década de 1990, na que, con Scala no banco, o equipo pasou da Serie B a gañar varios títulos nacionais e europeos.

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Tivo unha destacada carreira como centrocampista en varios equipos italianos da Serie A (Roma, Milan, Vicenza e Inter de Milán) e, posteriormente, xogou tamén no Foggia, Monza e Adriese, de menor categoría. A súa época máis triunfante foi a que viviu vestindo a camiseta do Milan, co que gañou unha liga, unha Copa de Europa e unha Recopa de Europa.

Como adestrador editar

Comezou a súa carreira como adestrador no Reggina, ao que ascendeu dende a Serie C ata a Serie B. En 1989 colleu as rendas do Parma, na Serie B. Ocupou ese cargo durante seis anos, levando ao club emiliano ao seu primeiro ascenso á Serie A en 1990 e,[1] posteriormente, converteu o equipo nun dos principais clubs de Italia, grazas en boa parte ao apoio financeiro do presidente e fundador de Parmalat, Calisto Tanzi. Gañou a Copa de Italia en 1992, a Recopa de Europa e a Supercopa de Europa en 1993 e a Copa da UEFA en 1995, ademais de disputar varias finais máis. O seu mellor resultado na liga foi un terceiro posto na tempada 1994/95. Deixou o club en xuño de 1996.[2]

Durante a tempada 1996/97, aceptou a oferta de Luciano Gaucci para adestrar o Perugia, que estaba a pasar momentos difíciles, pero non logrou evitar o descenso á Serie B. Posteriormente adestrou varios equipos estranxeiros, sendo o primeiro deles o Borussia Dortmund alemán, co que gañou a Copa Intercontinental en 1997. No ano 2000 chegou ao Beşiktaş, converténdose no terceiro adestrador italiano en adestrar un equipo turco, despois de Giuseppe Meazza e Sandro Puppo. Máis tarde pasou polo Shakhtar Donetsk, co que gañou a liga ucraína e a Copa de Ucraína, e polo Spartak de Moscova.

Tras regresar ao seu Lozzo Atestino natal, presentouse á alcaldía e foi concelleiro dende 2007.[3] Ademais traballou como comentarista na Rai Radio 1.[4]

Presidencia do Parma editar

 
Nevio Scala no 2002.

En xullo de 2015 accedeu á presidencia do novo Parma, refundado despois de que o club orixinal desaparecese por problemas económicos.[5] O exfutbolista Luigi Apolloni foi elixido como adestrador.[6] O Parma conseguiu regresar ao fútbol profesional italiano, subindo ata a Lega Pro,[7] pero Scala acabou dimitindo en novembro de 2016, por non estar de acordo coa decisión dos propietarios do club de despedir ao adestrador Apolloni e ao director técnico Lorenzo Minotti, ambos antigos xogadores seus durante os seus tempos como adestrador do Parma.[8]

Palmarés editar

Como futbolista editar

Milan

Como adestrador editar

Parma
Borussia Dortmund
Shakhtar Donetsk

Notas editar

  1. "100 años del histórico Parma" (en castelán). 17 de decembro de 2013. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  2. "Nevio Scala rechaza una oferta del Valencia". El País (en castelán). 2 de outubro de 1996. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  3. "Eleccións municipais 2007" (en italiano). 27 de maio de 2007. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  4. "Lega Calcio, accordo con Rai e Mediaset Domenica i gol anche 'in chiaro'" (en italiano). 29 de agosto de 2008. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  5. "Parma, inizia ufficialmente l'era Barilla: "Sarà una storia diversa, mai vista"" (en italiano). 1 de xullo de 2015. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  6. "New club Parma Calcio 1913 approved to play in Serie D" (en inglés). 27 de xullo de 2015. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  7. "PASO A PASO: Parma ha ascendido a la Lega Pro 2 de Italia con tres jornadas de antelación" (en castelán). 17 de abril de 2016. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  8. "Parma, via Apolloni, Minotti, Galassi. Scala lascia. "Amareggiati, altro che calcio diverso"" (en italiano). 22 de novembro de 2016. Consultado o 30 de abril de 2022.