Abrir o menú principal

O Premier Liha ou Liga Premier é a máxima categoría da liga profesional de fútbol que se disputa en Ucraína. O campionato naceu en 1991 trala desintegración da Unión Soviética, coa denominación de Liga Suprema. Esta denominación foi trocada pola actual en 2008.

Premier Liha
Fundación1991
RexiónUcraína Ucraína
Equipos16
Actual campiónShakhtar Donetsk (7º título)
Máis laureadoDinamo Kiev (13)
Sitio webPáxina oficial
O Donbass Arena.

O Dinamo Kiev e o Shakhtar Donetsk dominan o palmarés da competición, xuntando 24 títulos nas 25 edicións disputadas. Tan só o Tavriya Simferopol foi quen de superar esa hexemonía gañando a primeira edición da liga, en 1992.

O formato da liga consiste nunha liga de 14 equipos que disputan 26 xornadas, nas que cada equipo se enfronta dúas veces ós outros 13, unha vez como local e outra como visitante. Os encontros comezan en xullo, e rematan en maio do ano seguinte, cunha paréntese de 3 meses entre decembro e marzo no que non se disputa ningún encontro por mor do inverno. Ó remate da tempada, o último clasificado da táboa descende de categoría á Persha Liha. Os equipos que rematan nas dúas primeiras posicións acadan o dereito a competir na Liga de Campións da UEFA, e os equipos que rematan entre as posicións 3ª e 6ª, acadan o dereito a competir na UEFA Europa League.

Índice

Equipos 2019-20Editar

Os seguintes 12 equipos competirán na tempada 2019-20:

<...>

PalmarésEditar

O palmarés da liga está dominado principalmente por 2 clubs:

Nº Títulos Equipo Campionatos obtidos
15   Dinamo Kiev 1992-93, 1993-94, 1994-95, 1995-96, 1996-97, 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2006-07, 2008-09, 2014-15, 2015-16
12   Shakhtar Donetsk 2001-02, 2004-05, 2005-06, 2007-08, 2009-10, 2010-11, 2011-12, 2012-13, 2013-14, 2016-17, 2017-18, 2018-19
1   Tavriya Simferopol 1992

Véxase taménEditar