Donetsk
Coordenadas: 48°00′10″N 37°48′19″L / 48.00278, -37.80528
Donetsk[1] é unha cidade de Ucraína, no extremo sueste do país, cabeceira da rexión minerometalúrxica e industrial de Donbass, unha das maiores de Europa, aínda que coma case todas deste tipo, en forte recesión. A poboación da cidade segundo ó censo do 2001 era de 1 016 194.
Donetsk | |||
---|---|---|---|
Донецьк Доне́цк | |||
| |||
![]() | |||
O río Kalmius ao seu paso por Donetsk. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Óblast | Óblast de Donetsk | ||
Concello | Concello de Donetsk | ||
Xeografía | |||
Altitude | 169 msnm | ||
Superficie | 358 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 975.959 hab. (2011) | ||
Densidade | 2.700 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 83000 — 83497 | ||
Alcalde | Oleksandr Lukyanchenko |
A orixe de Donetsk ten sido xustamente unha planta metalúrxica establecida no lugar polo británico John Hughes en 1869.
Historia editar
A bisbarra onde se asenta a cidade era unha zona de granxas pertencentes a terratenentes, aldeas dos campesiños que as traballaban e, dende o século XVIII, explotacións mineiras do carbón espalladas polo territorio.
En 1869, o empresario galés John Hughes obtivo da administración tsarista a concesión para levantar uns altos fornos en terreos que mercou ao príncipe Sergey Kochubeem próximos á aldea de Aleksandrovka. Xunto a aceiría, unhas vivendas para os obreiros e pronto, ao norte, unha pequena poboación (entre o río Kalmius ao leste e un afluente menor ao oeste) e que recibiu o nome de Hughesovka (Yuzovka na transcrición fonética ao ruso) [1] Arquivado 11 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
O crecemento do centro metalúrxico e a cidade (en retícula, privilexiando as rúas norte-sur) foron paralelos e espectaculares: de 164 habitantes en 1870 a 5.494 (1884), 29.000 (1897), 70.000 (1914-17).
En 1924, xa na época soviética coma parte de Ucraína, cambiou ou seu nome a Stalino (non por Stalin senón por aceiro en ruso).
Durante a segunda guerra mundial foi case que totalmente destruída, sendo reconstruída a grande escala no período posterior. En 1961 renomeouse coma Donetsk, polo río en cuxa conca esténdese unha das concentracións mineiras e industriais maiores do mundo (Donbass), da que a cidade é o centro máis importante.
Nos últimos decenios, coma o resto das áreas da industria pesada do planeta, sofre unha forte recesión e reconversión.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donetsk |
Ligazóns externas editar
- Guía de Donetsk (en inglés)