Katowice [katɔˈvʲit​͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión de Silesia, no sur de Polonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes do Oder e do Vístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dos Cárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dos Sudetes (Chequia).

Modelo:Xeografía políticaKatowice
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°15′N 19°00′L / 50.25, 19
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato de Silesia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Bogucice (en) Traducir
Brynów-Osiedle Zgrzebnioka (en) Traducir
Dąb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación278.090 (2024) Editar o valor en Wikidata (1.688,77 hab./km²)
Xeografía
Superficie164.670.000 m² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRawa (en) Traducir, Kłodnica (en) Traducir, Mleczna (en) Traducir e Pond Grunfeld (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude245 m-357 m-272 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1598 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• President of Katowice (en) Traducir Editar o valor en WikidataMarcin Krupa (pt) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoQ11833357 Traducir , (Escano: 28) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal40-001–40-999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico32 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkatowice.eu Editar o valor en Wikidata
Twitter: umkatowice Editar o valor en Wikidata

Katowice foi a capital do Voivodato de Silesia dende a súa formación en 1999. Antes, era a capital do voivodato de Katowice. Katowice é a principal cidade industrial de Silesia. A súa poboación é 327,000 (2009), dentro dunha área metropolitana aproximada de 3.5 millóns.

Historia

editar
Artigo principal: Historia urbana de Katowice.

A área que arrodea de Katowice en Silesia, foi habitada polo grupo étnico dos silesianos, na historia documentada máis temperá. Primeiro foi gobernado pola dinastía polaca Silesian Piast (até a súa extinción). En 1335, formaba parte da Coroa de Bohemia. En 1526, o territorio pasou aos monarquía austríaca dos Habsburgo, trala morte de Lois II, rei de Hungría e Bohemia. En 1742, a maioría de Silesia foi anexionado a Austria polo Reino de Prusia durante a Primeira Guerra Silesiana.

Katowice Foi fundado no século 19 e acadou o estatuto de cidade en 1865 cando Katowice acadou o rango de Provincia de Silesia, dentro de Prusia. A cidade medrou, debido á agromante minaría (especialmente carbón) derivada das montañas próximas. O crecemento da cidade e a prosperidade dependían da minaría do carbón e das industrias do aceiro, do cal tirou durante a Revolución Industrial. Katowice foi habitado principalmente por alemáns, silesianos, xudeus e polacos. Anteriormente parte do distrito de Beuthen, en 1873 converteuse na nova capital do distrito de Katowice. O 1 de abril de 1899, a cidade de Katowice foi separado do resto do distrito, convertendose así nunha cidade independente.

Logo das sublevacións silesianas (1918-21) Katowice formou parte da Segunda República polaca, cun significativo nível de autonomía (Co Parlamento Silesiano coma poder lexislativo e co Consello do Voivodato Silesiano coma poder executivo).

En 1953 a cidade foi rebautizada Stalinogród ("Cidade de Stalin") polo goberno comunista polaco. Aínda así, o nome novo nunca foi aceptado pola poboación da cidade e en 1956 o nome anterior de 'Katowice' foi restaurado.

Debido ao grave dano ecolóxico xerado ao medio-ambiente ocorrido durante o período posterior á segunda guerra mundial, polo goberno da República Popular, hoxe en día, os trocos recentes en controis, procedementos e políticas do goberno polaco, dende a caída do Comunismo, reduciu moito do dano que foi feito.

Logo das reformas económicas dos anos 90, houbo un cambio nas preferencias económicas, deixando fóra á industria pesada, e manifestándose unha tendencia cara aos pequenos negocios e mailos servizos.

Economía

editar

Katowice é un centro carbonífero e aceireiro. Ten varias minas de carbón ( Wujek, Mysowice-Wesounha, Wieczorek, Murcki, Staszic)

Comercio e empresas

editar

Katowice é tamén un grande centro de negocios. Cada ano en Katowice celebrase a Feira Internacional de Spodek, onde se organizan ducias de feiras de comercio internacional. Katowice ten o segundo centro empresarial máis grande en Polonia (após Varsovia). Os rañaceos esténdense ao longo da estrada Chorzowska, Korfantego e Roździeńskiego e ata o centro da cidade. Os edificios de oficinas máis novos (Clase A) en Katowice son o Chorzowska 50, o rañaceos Altus e as "Torres Silesia" (en construción).

En Katowice asentase a Zona Económica Especial de Katowice ( Katowicka Specjalna Strefa Ekonomiczna).

O índice de desemprego en Katowice é un dos máis baixos de Polonia, fica no 2 % (no 2008), segundo as estatísticas oficiais. A cidade caracterízase pola súa forza laboral e así atrae moitas persoas que buscan traballo, dende cidades veciñas e doutros distritos.

O soldo medio mensual de Katowice é o máis alto en Polonia - sobre 3950 zlotych (1000 €), en Varsovia é sobre 3500 zlotychs (900 €).

¡