Río Vístula
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
O Vístula (en polaco : Wisła, en alemán: Weichsel) é o principal río de Polonia con 1.047 km de curso.
(pl) Wisła | |||||
Tipo | río río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Polonia | ||||
División administrativa | Voivodato da Pequena Polonia | ||||
Localización | Barania Góra (en) | ||||
Final | |||||
Localización | baía de Gdańsk | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Afluentes | 113 | ||||
Conca hidrográfica | conca fluvial do Vístula | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1.047 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 198.500 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 1.080 m³/s | ||||
Percorrido
editarO Vístula ten a súa fonte nos montes Beskides occidentais na Alta Silesia, a 1.106 msnm. Percorre todo o seu curso a través de Polonia antes de desaugar no Mar Báltico preto de Gdańsk. O seu caudal medio anual na desembocadura é de 1.054 m³/s.
O percorrido do río consta de tres seccións:
- O curso superior, desde o nacemento até Sandomierz, onde recibe ao San, afluente pola beira dereita.
- O curso medio, desde Sandomierz á confluencia co Bug, acrecentado polo Narew, importantes afluentes da beira dereita.
- O curso inferior, desde a unión co Bug até a foz en delta na baía de Gdańsk.
O delta do Vístula sufriu importantes modificacións no seu trazado ao longo de tempos históricos.
Conca
editarA conca hidrográfica do Vístula esténdese na parte oriental do país nunha área de 194.424 km², o que representa máis do 60% de toda a superficie de Polonia (case o resto do territorio é drenado polo río Oder ou Odra en polaco). A altitude media da conca é de 270 msnm, localizándose a maior altura nos montes Tatra, a 2.663 metros. Porén o 55% da superficie está situada en elevacións comprendidas entre 100 e 200 m, e aínda o 75% entre 100 e 300 m. É unha conca moi disimétrica, pois na súa maior parte se estende cara oriente do río principal.
Afluentes
editarHidroloxía
editarO aspecto aplanado da conca explica, en parte, que o Vístula fose a orixe de cheas catastróficas, coma por exemplo as rexistradas en 1813, 1888, 1934, 1960.
Principais cidades ás beiras
editarDe sur a norte o Vístula atravesa varias cidades das que destacan:
- Cracovia.
- Tarnobrzeg.
- Sandomierz.
- Varsovia.
- Plock.
- Wloclawek.
- Toruń.
- Bydgoszcz.
- Grudziadz.
- Malbork.
- Gdańsk.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Vístula |