Odense
Coordenadas: 55°23′45″N 10°23′19″L / 55.39583, -10.38861
Odense[1] é unha comuna e cidade de Dinamarca, situada na rexión de Syddanmark, na illa de Fionia. Ten unha poboación de 172.512 habitantes (2014), sendo a terceira cidade máis poboada de Dinamarca.
Odense | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Catedral de San Canuto | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Rexión | Dinamarca do Sur | |
Xeografía | ||
Altitude | 13 msnm | |
Superficie | 304,34 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 172.512 hab. (2014) | |
Densidade | 570 hab./km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 5000–5270 | |
Alcalde | Anker Boye (S) | |
Páxina Oficial de Odense |
Historia Editar
O nome de Odense provén de Odins Vi que significa 'o Santuario de Odin', en relación coa antiga mitoloxía escandinava. É unha das cidades máis antigas de Dinamarca. En 1988 celebrou os 1.000 anos de antigüidade. O Templo de San Knud foi durante a Idade Media un importante punto de peregrinación para honrar ao rei Knud, asasinado no 1086. En 1805 converteuse na sede da asemblea provincial de Fionia.
Arquitectura Editar
- Catedral de San Knud: é unha das maiores de Dinamarca. É de estilo gótico. Foi construída entre 1081 e 1093 e reconstruída no século XIII. Aquí está enterrado o rei Knus, patrón de Dinamarca, que disputou con Guillerme de Normandía a posesión de Inglaterra e que morreu asasinado no ano 1086. A catedral contén un retablo en forma de tríptico de máis de 5 metros de altura. Foi esculpido por Claus Berg, mestre escultor nacido en Odense. O retablo contén máis de 300 figuras. A catedral ten tamén pías bautismais do ano 1720.
- Casa de Hans Christian Andersen: está situada nun barrio completamente remodelado e que conserva casas de principios do século XIX. A vivenda na que Andersen pasou parte da súa vida converteuse nun museo no que se poden ver diversos manuscritos das súas obras así como debuxos e esbozos de viaxes realizadas polo escritor.
- Pobo Fioniano: trátase dun museo ao aire libre no que se poden visitar unha vintena de casas e granxas típicas da zona completamente reconstruídas. O museo permite ver como era a vida rural na provincia nos séculos XVI e XVII.
Veciños notábeis Editar
- Hans Christian Andersen (1805–1875), novelista, poeta e escritor de relatos curtos.
- Carl Nielsen (1865–1931), compositor clásico.
- Canuto IV de Dinamarca (c. 1043–1086), tamén coñecido como Canuto o Santo.
- Carl Frederik Tietgen (1829–1901), banqueiro e filántropo.
- Thomas B. Thrige (1866–1938), inventor.
- Anja Andersen (nada en 1969), xogadora de balonmán
- Birgitte, Duquesa de Gloucester (nada en 1946).
- Caroline Wozniacki (nada en 1990), xogadora de tenis
- Peter Eastgate (nado en 1985), xogador de póker.
- Abraham Kurland (1912–1999), medallista olímpico.
- Kim Larsen (nado en 1945), estrela de rock.
- Jens Galschiøt (nado en 1954), escultor.
- Frederik Klokker (nado en 1983), xogador de crícket.
- Mø (nada en 1988), cantante.
- Ove Sprogøe (1919–2004), actor.
Notas Editar
- ↑ «Odense». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1502. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Odense |