Giuseppe Bergomi

futbolista italiano

Giuseppe Raffaele Bergomi, tamén coñecido como Beppe, nado en Settala, provincia de Milán, o 22 de decembro de 1963, é un exfutbolista italiano.

Modelo:BiografíaGiuseppe Bergomi

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Settala, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1999), comentarista (1999–) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata - 23 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSky Itália (pt) Traducir (2003–)
TELE+ (en) Traducir (1999–2003) Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central e defensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1979–1999   Inter de Milán 519(23)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1982   Italia sub-21 3(0)
1982–1998   Italia 81(6)
Participou en
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
1986Mundial de Fútbol México 1986
1982Mundial de Fútbol España 1982 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1449301 FIFA: 174391 Editar o valor en Wikidata

Considerado un dos mellores defensas da súa xeración,[1][2][3][4] desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Inter de Milán, club que capitaneou desde 1992 ata 1999 e co que conquistou un campionato da Serie A, unha Copa Italia, unha Supercopa italiana e tres Copas da UEFA.[5][6]

Foi 81 veces internacional coa selección italiana, da que foi capitán de 1988 a 1991, e participou con ela en catro Copas do Mundo (España 1982, México 1986, Italia 1990 e Francia 1998) e unha Eurocopa (Alemaña Occidental 1988).[7] A vitoria no Mundial de 1982 converteuno, con 18 anos, no segundo futbolista máis novo en gañar o torneo, só superado en precocidade por Pelé.[8]

É o segundo xogador con máis partidos na historia do Inter de Milán, só por detrás de Javier Zanetti, e o futbolista con máis partidos disputados na historia da Copa da UEFA/Europa League (96).[9] No seu día foi tamén o futbolista con máis encontros na Copa Italia (119),[10][11] e en competicións de clubs da UEFA (117).[10] No momento da súa retirada era tamén o xogador con máis partidos disputados cun só club italiano.[12]

Foi incluído tres veces consecutivas, de 1989 a 1991, no once ideal da revista Onze Mondial,[13] e en 1997 gañou o Premio Scirea.[14] Trala súa retirada foi incluído no FIFA 100,[15] no Salón da Fama do Fútbol Italiano e no Salón da Fama do Inter de Milán.[16][17]

Traxectoria

editar

Inter de Milán

editar

Despois de ser descartado dúas veces polo Milan por mor dun reumatismo en sangue,[18] incorporouse ao equipo xuvenil do Inter de Milán. Impresionado polo seu talento,[8] Eugenio Bersellini fíxoo debutar co primeiro equipo o 30 de xaneiro de 1980, con 16 anos e 39 días (récord absoluto de precocidade na historia do Inter),[19] nun partido da Copa Italia contra a Juventus que rematou 0-0.[20] Ese mesmo ano, perdeu ao seu pai, mentres estaba concentrado coa selección italiana xuvenil en Leipzig.[18]

Debutou na Serie A ao ano seguinte, con 17 anos e dous meses, na vitoria por 1-2 ante o Como o 22 de febreiro de 1981.[20] O seu debut foi propiciado pola ausencia de Nazzareno Canuti e a lesión de Gabriele Oriali, que tivo que ser substituído durante o partido, sendo Bergomi o elixido para entrar no seu lugar.[21] O 4 de marzo debutou na Copa de Europa, nos cuartos de final ante o Estrela Vermella (1-1).[22]

Marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Inter na Copa Italia, o 6 de setembro de 1981, nun derbi de Milán contra o Milan, partido que rematou 2-2 grazas ao seu gol no minuto 89.[23] O seu primeiro tanto na Serie A chegou o 10 de xaneiro de 1982 nun partido contra o Bologna que rematou 2-1 para o Inter.[24] Ese mesmo ano entrou na selección nacional e foi convocado in extremis por Enzo Bearzot para o Mundial de 1982. Na tempada 1983/84 foi un dos mellores laterais dereitos da liga.[25]

Durante a campaña 1988/89, co traspaso de Alessandro Altobelli á Juventus, Bergomi saíu moitas veces ao campo como capitán,[26] aínda que o verdadeiro posuidor do brazalete era Beppe Baresi, suplente habitual.[27] Esa mesma tempada gañou o único campionato de liga da súa carreira,[28] despois de que o equipo adestrado por Giovanni Trapattoni conseguise 58 puntos de 68 posibles, establecendo un récord na era dos dous puntos por vitoria.[29] En novembro do mesmo ano gañou tamén a Supercopa italiana. O ciclo de Trapattoni rematou coa conquista da Copa da UEFA 1990/91, a primeira na historia do club.[30]

Trala despedida de Trap, o equipo viviu un período de irregularidade. O subcampionato da Serie A na tempada 1992/93 e o triunfo na Copa da UEFA 1993/94 intercaláronse con tempadas negativas, como a 1991/92, cun oitavo posto en liga, ou a propia 1993/94, na que a pesar de se proclamaren campións da Copa da UEFA, acabaron preto do descenso, logrando a permanencia na Serie A na penúltima xornada.[27] Branco de fortes críticas,[31][32] das que tampouco se librou o xa primeiro capitán Bergomi,[2][33][6] a retagarda do Inter sufriu unha revolución no verán de 1994, coas vendas de Riccardo Ferri e Walter Zenga á Sampdoria como parte do acordo que levou a Gianluca Pagliuca aos nerazzurri.[34]

Despois de dous campionatos máis sen éxitos, o Inter recuperou os bos resultados entre 1996 e 1998. Dirixido por Roy Hodgson, o equipo milanés logrou o terceiro posto na Serie A 1996/97 e chegou á final da Copa da UEFA do mesmo ano, perdendo na quenda de penaltis contra o Schalke 04. Bergomi, moitas veces xogando como lateral esquerdo,[8] rendeu a un alto nivel.[35][36][37] Para a tempada 1997/98 chegou un novo adestrador, Luigi Simoni, e este situou a Bergomi no centro do seu proxecto táctico, facéndoo ocupar o papel de líbero. Realizou actuacións convincentes e contribuíu ao segundo posto en liga e á vitoria na Copa da UEFA, a terceira tanto para o club como para Bergomi.[38] Tamén estableceu varios récords de partidos disputados, superando a Ray Clemence como o xogador con máis encontros en competicións europeas, a Pietro Vierchowod en partidos da Copa Italia, a Giacinto Facchetti en partidos de liga coa camiseta do Inter, a Gianni Rivera en número de derbis de Milán e a Franco Baresi en partidos totais cun único equipo italiano.[10][39][12][40] A excelente tempada disputada valeulle o regreso á selección nacional e un posto para o Mundial de 1998.

Na tempada 1998/99, na que superou a barreira dos 750 partidos coa camisola nerazzurra,[41] non tivo tanta sorte: o Inter acabou un ano complicado na oitava posición, e Bergomi (que mentres tanto cedera a Ronaldo os galóns de capitán)[5][42] decidiu retirarse porque non formaba parte dos plans do novo adestrador Marcello Lippi.[43][44] O seu último encontro como profesional disputouno o 23 de maio de 1999, na vitoria por 3-1 diante do Bologna.[45]

Retirouse como o futbolista con maior número de partidos na historia do Inter de Milán, 757, nos que marcou 28 goles. Deles, 519 foron na Serie A (23 goles), 117 en competicións europeas, 119 na Copa Italia (5 goles), 1 na Supercopa italiana e 1 no Torneo di Capodanno. Máis tarde foi superado polos 858 partidos de Javier Zanetti coa camiseta do Inter.[46][47]

Selección italiana

editar

Categorías inferiores

editar

Debutou coa selección sub-21 de Azeglio Vicini o 12 de novembro de 1981, ante Grecia durante a clasificación para a Eurocopa sub-21 de 1982.[48] Disputou os dous únicos partidos de Italia na fase final do torneo.[49] A continuación alternou a selección sub-21 coa absoluta, sumando un total de 7 partidos coa sub-21, o último deles nas semifinais da Eurocopa de 1984, perdidas diante de Inglaterra.[50]

Selección absoluta

editar
1982-1986
editar

Debutou internacionalmente coa selección absoluta italiana o 14 de abril de 1982, aos 18 anos, nun partido amigable contra Alemaña Oriental no antigo Zentralstadion de Leipzig, que rematou con vitoria italiana por 1-0.[51] O seleccionador Enzo Bearzot convocouno para o Mundial de 1982, converténdose así no futbolista italiano de menos idade en participar nunha Copa do Mundo.[52] Estreouse no certame mundial na segunda fase, no partido contra o Brasil, substituíndo ao lesionado Fulvio Collovati na primeira metade.[53] Coa tarefa de marcar ao dianteiro centro Serginho,[54] completou un excelente partido e Italia clasificouse para as semifinais contra Polonia.[55] Aínda que en principio ía comezar o partido contra o equipo centroeuropeo dende o banco, acabou saíndo como titular debido a que o porteiro Dino Zoff sufría unha pequena molestia nunha perna e precisaba un defensor extra para repartir o xogo dende atrás.[56] Italia gañou o encontro por 2-0, grazas a dous tantos de Paolo Rossi e meteuse así na súa cuarta final.

Debido á lesión de Giancarlo Antognoni, Bergomi tivo a oportunidade de saír tamén dende o inicio na final contra Alemaña Occidental.[57] Cos seus 18 anos, marcou eficazmente ao dianteiro alemán Karl-Heinz Rummenigge e participou na acción do gol de Marco Tardelli que colocaba o 2-0 no marcador, antes do 3-1 definitivo.[57][58][59] Co triplo asubío do árbitro Coelho, Bergomi proclamouse campión do mundo, converténdose no segundo xogador máis novo en gañar o título, só por detrás de Pelé.[8]

Trala vitoria no torneo, Bergomi consolidouse como titular a partir de 1983 e participou en catro dos oito partidos de clasificación para a Eurocopa de 1984, á que Italia finalmente non chegou, ao quedar penúltima do seu grupo. Foi titular no Mundial de 1986, ao que a nazionale accedeu como vixente campioa. Cun equipo desgastado, formado por moitos xogadores ao final das súas carreiras,[56] a selección de Bearzot non convenceu e foi eliminada na segunda volta por Francia.

1986-1998
editar

Marcou os seus seis goles coa selección durante o paso de Azeglio Vicini polo banco, facendo os dous primeiros o 8 de outubro de 1986 contra Grecia, coincidindo co debut do novo adestrador.[8] En dito encontro, no que portou por primeira vez o brazalete de capitán trala substitución de Alessandro Altobelli, converteuse no primeiro defensa en marcar dous tantos nun partido da selección italiana.[60]

A partir do 20 de febreiro de 1988, no que Italia venceu nun amigable por 4-1 á Unión Soviética, converteuse en capitán dos azzurri a todos os efectos,[61] e levou o brazalete en 33 partidos.[62] Disputou dous grandes torneos baixo as ordes de Vicini, acadando en ambos as semifinais: a Eurocopa de 1988, na que foi incluído no equipo ideal do torneo,[7] e o Mundial de 1990.

O 5 de xuño de 1991, durante un partido de clasificación para a Eurocopa de 1992 contra Noruega, no penúltimo partido da era Vicini, Bergomi foi expulsado poucos segundos despois da súa entrada no campo, tras un choque con Erik Pedersen, seguido dun altercado con Gøran Sørloth.[63] A sanción de seis xornadas que recibiu e a chegada ao banco azul de Arrigo Sacchi provocou unha longa interrupción da súa carreira na selección.[12][64] O novo adestrador preferiu confiar en xogadores máis afeitos á defensa en zona,[65] renunciando ás veces a xogadores de maior nivel técnico pero non axeitados ao seu método de xogo, como Bergomi.[66]

Sete anos despois da súa última aparición coa selección, Bergomi volveu ser convocado internacionalmente aos 34 anos, incluído por Cesare Maldini na lista de xogadores para o Mundial de 1998 no lugar do lesionado Ciro Ferrara.[67] Xogou un amigable previo ante Suíza, e xa no Mundial saltou ao campo no último partido da fase de grupos, substituíndo nos primeiros instantes do partido ao lesionado Alessandro Nesta ante Austria.[53][68] A continuación foi o lateral dereito titular nos oitavos de final contra Noruega e nos cuartos de final contra Francia, selección esta última que eliminou a Italia na quenda de penaltis.[69][70] O de cuartos de final foi o 81º e último partido como internacional de Bergomi, que deixou a selección como o cuarto futbolista con máis partidos da historia do equipo nacional ata aquel entón.[71]

Con catro Copas do Mundo disputadas, Bergomi é segundo, só por detrás de Gianluigi Buffon, entre os xogadores italianos con máis participacións na competición mundial, empatado con Enrico Albertosi, Fabio Cannavaro, Paolo Maldini, Gianni Rivera e Dino Zoff.[72] A diferenza destes últimos, con todo, nunca disputou as fases de clasificación, dado que en 1982 e 1998 o defensa foi convocado in extremis despois de que xa se conseguira o pase, mentres que nas edicións de 1986 e 1990 Italia clasificouse automaticamente por ser na primeira delas a vixente campioa e na seguinte a anfitrioa.[73]

Trala retirada

editar

Dende 1999 traballou como comentarista na televisión, a miúdo xunto a Fabio Caressa, primeiro para TELE+ e despois para Sky Sport.[74][75] Tamén con Caressa, puxo a súa voz en varias edicións do videoxogo de fútbol FIFA.

En febreiro de 2008 iniciou unha carreira como adestrador de fútbol base, comezando na canteira do Inter de Milán e dirixindo nos seguintes anos nas categorías inferiores do Monza, do Atalanta e do Como.[76][77][78][79][80]

Características técnicas

editar

De talento precoz,[81] distinguiuse dende o principio como un defensor de físico robusto e atlético, con boa técnica e habilidade no xogo aéreo e no anticipación. Era un dos marcadores máis fiables e tenaces da Serie A,[2] considerado por Marco van Basten como un dos máis difíciles de encarar.[82] Dotado dun gran espírito competitivo,[83] tamén era propenso ao xogo de ataque. No momento álxido da súa carreira, as súas frecuentes subidas ofensivas convertérono nun dos mellores laterais dereitos do mundo,[2] puntual no envío de centros e afeito a anotar,[84][85] grazas a un bo disparo dende lonxe.[86][87] Malia algúns escepticismos sobre a súa adaptabilidade á defensa en zona, na segunda metade da década de 1990 demostrou que sabía adaptarse a ela,[65] grazas a unha notable flexibilidade,[3][21] que lle permitía tamén actuar como lateral esquerdo, central e líbero,[12][8][65] posición esta última na que pechou a súa carreira, compensando coa súa experiencia as limitacións físicas.[88]

A pesar do seu forte temperamento e dun estilo de xogo bastante duro (foi expulsado 12 veces,[12] 11 delas na Serie A),[89] Bergomi distinguíase pola súa deportividade e profesionalidade, gañando o aprecio de adestradores, compañeiros e adversarios.[8][90][91][92][93][94]

Palmarés

editar
Inter de Milán
Selección italiana
  1. Brera, Gianni (21 de setembro de 1989). "Illuminati da Baggio". La Repubblica (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Piva, Gianni (28 de marzo de 1992). "Cominciò dalla Nazionale: anche Bergomi è in rosso". La Repubblica (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Bergomi: It's all about teamwork". FIFA (en inglés). 1 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  4. Nalapat, Abilash (8 de xuño de 2015). "When Naples had "Diego in our hearts, Italy in our songs"". ESPN (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Gandolfi, Alessandro; Sorrentino, Andrea (3 de maio de 1999). "Ecco l' Inter di Hodgson Roma a caccia del 4 posto". La Repubblica (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 Sepe, Gianluca (22 de decembro de 2014). "Beppe Bergomi compie 51 anni: ripercorriamo la storia di una delle bandiere dell’Inter" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2022. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "La Squadra del Torneo di EURO 1988". UEFA (en italiano). 6 de maio de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Curino, Luca; Elefante, Andrea (11 de outubro de 1999). "La festa dello Zio". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  9. "All-time UEFA Europa League and UEFA Cup records". UEFA (en inglés). 14 de maio de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Cecere, Nicola (20 de febreiro de 1998). "Bergomi resiste ai cambiamenti". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  11. "Gironi, gare e regolamento della 54ª edizione". 12 agosto 2001. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 "Beppe Bergomi". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 30 de xullo de 1999. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  13. ""Onze Mondial" Awards". rsssf.org (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  14. Tacchini, Gabriele. "Premio Nazionale Carriera Esemplare Gaetano Scirea" (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  15. "Pele's list of the greatest". BBC (en inglés). 4 de marzo de 2004. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  16. "La ‘Hall of Fame del calcio italiano’ si arricchisce di altre dieci stelle" (en italiano). 25 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  17. "Julio Cesar, Bergomi, Cambiasso e Milito entrano nella Hall of Fame nerazzurra". Football Club Internazionale Milano (en italiano). 15 de xullo de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  18. 18,0 18,1 Cavasinni, Alessandro (8 de febreiro de 2012). "Cuore Bergomi: "Brucia lo Scudetto '98. Amo l'Inter, Facchetti provò..."" (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  19. Oddi, Francesco (22 de maio de 2014). "Inter, Bonazzoli bomber da record: dagli Allievi all'esordio ha già stregato Thohir". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  20. 20,0 20,1 "Tanti augurui a Beppe Bergomi". Football Club Internazionale Milano (en italiano). 22 de decembro de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  21. 21,0 21,1 "Biografia di Giuseppe Bergomi". cinquantamila.it (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  22. Gandolfi, Giorgio (22 de febreiro de 1991). "Bergomi: i miei primi dieci anni di calcio". La Stampa (en italiano). p. 34. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  23. Bernardi, Bruno (8 de setembro de 1981). "L'Inter ritrova il carattere. Il Milan aspetta Antonelli". La Stampa (en italiano). p. 18. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  24. Gandolfi, Giorgio (11 de xaneiro de 1982). "L'Inter batte il Bologna e ringrazia Bordon". La Stampa (en italiano). p. 16. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  25. "Sono diciotto gli «Oscar» del calcio. Platini è in testa a tutti". La Stampa (en italiano). 1 de xuño de 1984. p. 11. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  26. Currò, Enrico (5 de maio de 2002). "Con Trap e Matthaeus un'Inter imbattibile". La Repubblica (en italiano). p. 3. 
  27. 27,0 27,1 Metelli, Marco (15 de marzo de 2019). "Giuseppe Bergomi". rivistacontrasti.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  28. Mura, Gianni (30 de maio de 1989). "7,5 a Berti (escluso il look)". La Repubblica (en italiano). p. 3. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  29. "58 punti in 34 partite". Football Club Internazionale Milano (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  30. "Un'altra Inter dei record 18 anni dopo il Trap". Corriere della Sera (en italiano). 22 de abril de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  31. Currò, Enrico (8 de febreiro de 1994). "Il crepuscolo del numero 1". La Repubblica (en italiano). p. 25. 
  32. Crosetti, Maurizio (28 de febreiro de 1994). "Difetto n.1: senza fiato". La Repubblica (en italiano). p. 43. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  33. Piva, Gianni (21 de novembro de 1992). ""Date la colpa a me, ci sono abituato"". La Repubblica (en italiano). p. 34. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  34. Monti, Fabio (22 de xullo de 1994). "Zenga, l'ultima uscita è su Pagliuca". Corriere della Sera (en italiano). p. 35. 
  35. Piva, Gianni (24 de marzo de 1997). "Ince instancabile". La Repubblica (en italiano). p. 37. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  36. Mura, Gianni (10 de marzo de 1997). "Una sceneggiata ma l'arbitro è sufficiente". La Repubblica (en italiano). p. 36. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  37. Granello, Licia (22 de maio de 1997). "Pagliuca il migliore. Djorkaeff non basta". La Repubblica (en italiano). p. 47. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  38. Piva, Gianni (2 de febreiro de 1998). "Ma il vero pilastro resta Bergomi". La Repubblica (en italiano). p. 36. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  39. Cecere, Nicola (22 de marzo de 1998). "Bergomi aggiunge un altro record alla sua stagione". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  40. "Inter all' ultimo urlo". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 1 de abril de 1998. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  41. "Bergomi da record 750 gare nell' Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 4 de marzo de 1999. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  42. Cecere, Nicola (12 de maio de 1999). "Zamorano cambia capitano". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  43. Piva, Gianni (22 de xuño de 1999). "Bergomi Cara Inter dopo 20 anni ti saluto". La Repubblica (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  44. "Bergomi: "Addio all'Inter? Andò così. Lippi decise..."" (en italiano). La Repubblica. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  45. Nassetti, Filippo (29 de febreiro de 2016). "Beppe Bergomi e l'inconsapevole addio all'Inter" (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  46. "Statistiche". Football Club Internazionale Milano (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  47. "Derby: Samuel, 10 su 10. Zanetti…" (en italiano). 8 de outubro de 2012. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  48. Coscia, Carlo (12 de novembro de 1981). "La «Under 21» lancia Bergomi". La Stampa (en italiano). p. 27. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  49. Coscia, Carlo (26 de marzo de 1982). "La Under 21 ad Aberdeen. Uno spettacolo con beffa". La Stampa (en italiano). p. 19. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  50. Mura, Gianni (3 de maio de 1984). "Agli Azzurri non basta l'1-0, in la Repubblica, 3 maggio 1984, p. 31.". La Repubblica (en italiano). p. 31. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  51. "Bergomi chiamato in azzurro: «Mi basta anche la panchina»". La Stampa (en italiano). 8 de abril de 1982. p. 20. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  52. "I 20 calciatori più giovani che hanno partecipato ai Mondiali" (en italiano). 7 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  53. 53,0 53,1 Monti, Fabio (24 de xuño de 1998). ""Bergomi, tocca a te", un film mondiale già visto". Corriere della Sera (en italiano). p. 41. 
  54. "Fabio Vergnano, Bergomi esplode: è bello giocare". La Stampa (en italiano). 10 de xullo de 1982. p. 19. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  55. Perucca, Bruno (10 de xuño de 1982). "Bearzot gioca l'ultima carta: Oriali". La Stampa (en italiano). p. 25. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  56. 56,0 56,1 "La coscienza di Zio" (en italiano). 26 de maio de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  57. 57,0 57,1 Bernardi, Bruno (13 de xullo de 1982). "Bergomi, un quasi esordiente con il mestiere del veterano". La Stampa (en italiano). p. 17. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  58. "The Man Who Marked Rummenigge". The New York Times (en inglés). 12 de xullo de 1982. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  59. "1982 FIFA World Cup Spain". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  60. Coscia, Carlo (10 de outubro de 1986). "Adesso Bergomi va «promosso» nella Under". La Stampa (en italiano). p. 26. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  61. Sormani, Nino (15 de outubro de 1990). "Le ambizioni di Bergomi". La Stampa (en italiano). p. 35. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  62. "Capitáns da selección italiana". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  63. "Vialli salva il gruppo". La Repubblica (en italiano). 6 de xuño de 1991. p. 38. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  64. "Francia '98: Bergomi, voglio cancellare espulsione '91" (en italiano). 25 de xuño de 1998. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  65. 65,0 65,1 65,2 Currò, Enrico (24 de maio de 1998). "Bergomi e il calcio antico. Ma il libero serve sempre". La Repubblica (en italiano). p. 42. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  66. Sacchi 2015.
  67. Piva, Gianni (22 de maio de 1998). "Lo Zio, 16 anni dopo Come con Bearzot". La Repubblica (en italiano). p. 50. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  68. "FRANCIA 98: IL COMMENTO DI RIVERA, COMPLIMENTI A 'ZIO' BERGOMI" (en italiano). 24 de xuño de 1998. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  69. Maradei, Lodovico (28 de xuño de 1998). "Italia, che batticuore". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  70. Calamai, Luca; Cecere, Nicola (4 de xuño de 1998). "Albertini e Di Biagio, il mondo addosso". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  71. "Da Donadoni fino a Di Biagio tutti i rigori falliti ai Mondiali". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 4 de xullo de 1998. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  72. "Buffon ai Mondiali per la quinta volta: record assoluto condiviso con Carbajal e Matthäus" (en italiano). 23 de maio de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  73. Ashdown, John (29 de febreiro de 2012). "Which managers have changed their club's colours?". The Guardian (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  74. Di Corrado, Beppe (29 de agosto de 2014). "L'importanza dei numeri secondi" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  75. "Beppe Bergomi verso l'Atalanta come allenatore delle giovanili" (en italiano). 26 de xuño de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  76. "Lo Zio allenatore comincia con un pari". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 25 de febreiro de 2008. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  77. "Cevoli nuovo mister del MonzaBerretti a Muraro, Allievi a Bergomi" (en italiano). 26 de xuño de 2009. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  78. "A.C.Monza Brianza: Bergomi allenatore della Berretti" (en italiano). 21 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  79. "Ufficiale: Beppe Bergomi nello staff dell'Atalanta" (en italiano). 7 de xullo de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  80. ""Bomba" Como, Bergomi per la Berretti!" (en italiano). 25 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  81. "Romagnoli, ecco i tuoi modelli: 8 difensori precoci da Baresi a Maldini". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 12 de agosto de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  82. Van Basten, Marco (2020). Fragile. Mondadori. ISBN 9788804725428. 
  83. Piva, Gianni (15 de abril de 1998). "Zamorano decisivo. Bergomi un lottatore". La Repubblica (en italiano). 
  84. Crosetti, Maurizio (2 de abril de 1993). ""Non me ne vado, ricostruirò la Juve"". La Repubblica (en italiano). p. 28. 
  85. Brera, Gianni (25 de xaneiro de 1987). "Cinque gol non fanno l'Italia". La Repubblica (en italiano). p. 45. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  86. Brera, Gianni (29 de marzo de 1988). "Caro Milan, il tempo è scaduto". La Repubblica (en italiano). p. 25. 
  87. Brera, Gianni (6 de xuño de 1989). "La cronaca nera di un campionato senza storia". La Repubblica (en italiano). p. 36. 
  88. Palombo, Ruggiero; Capone, Antonello; Curino, Luca (4 de decembro de 1998). "Salas ferma la nuova Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  89. "Serie A, Montero il più espulso di sempre: c'è anche Totti in classifica" (en italiano). 28 de febreiro de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  90. Bernardi, Bruno (16 de xuño de 1986). "Bergomi non teme le punte francesi". La Stampa (en italiano). p. 14. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  91. "Il Times contro gli eroi '82". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 9 de agosto de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  92. ""Galli o Tancredi, ancora non scelgo"". La Repubblica (en italiano). 28 de marzo de 1986. p. 20. Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  93. Cecere, Nicola; Matthaus, Lothar (1 de xullo de 1998). "Bergomi, uno che va sempre di moda". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 
  94. Cecere, Nicola (6 de xullo de 1998). "Bergomi apre il ciclo interista". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 28 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Sacchi, Arrigo (2015). Calcio totale. La mia vita raccontata a Guido Conti (en italiano). Milán: Arnoldo Mondadori Editore. ISBN 978-8804648048. 

Ligazóns externas

editar