Stefano Desideri, nado en Roma o 3 de xullo de 1965, é un exfutbolista italiano, que xogaba como centrocampista.

Desideri
Información persoal
Nome Stefano Desideri
Nacemento 3 de xullo de 1965
Lugar de nacemento Roma
Altura 1,78 m.
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
1983–1984 Roma
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1991 Roma 136 (24)
1984–1985 Piacenza 20 (0)
1991–1992 Inter de Milán 33 (5)
1992–1997 Udinese 127 (7)
1998 Livorno 12 (0)
Selección nacional
1986–1987 Italia sub-21 3 (0)
Adestrador
2000 Marsala
2001 Astrea
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Alcumado Cicciobello,[1][2] formouse nos equipos xuvenís da Roma, proclamándose campión de Italia xuvenil na tempada 1983/84, con Romeo Benetti como adestrador.[2] No verán de 1984, xunto co seu compañeiro Marco Savorani, foi cedido ao Piacenza, onde xogou unha tempada, quedando preto do ascenso á Serie B.[3] De volta na capital pasou a formar parte do primeiro equipo, dirixido por Sven-Göran Eriksson. Disputou só 7 partidos na Serie A, competición na que debutou o 12 de xaneiro de 1986, nun partido ante o Udinese. Atopou máis protagonismo na Copa Italia, xogando case todos os partidos e marcando tres goles, un deles na final que o seu equipo lle gañou á Sampdoria.[4]

A partir de 1986, a pesar dos problemas co seu carácter,[1][2][5] foi usado con máis frecuencia por Nils Liedholm, colocado na banda ao lado de Giuseppe Giannini e Carlo Ancelotti.[2] Trala marcha deste último ao Milan, fíxose coa titularidade,[6][7] formando parella central no medio do campo con Giannini. En 1989, coa chegada de Luigi Radice ao banco, estableceuse definitivamente na posición de centrocampista central tivo a súa mellor tempada goleadora, con 10 goles en liga.[2] Na tempada 1990/91, baixo a batuta de Ottavio Bianchi, gañou a súa segunda Copa de Italia e foi finalista da Copa da UEFA, perdendo ante o Inter de Milán.

Ao remate da tempada foi traspasado precisamente ao Inter, por 7.000 millóns de liras,[8][9] nunha operación na que entrou tamén a Juventus como copropietario,[10][11] e pola que ademais Giovanni Trapattoni pasou ao banco de Turín.[12][13] As súas actuacións en Milán non foron as esperadas, e pasou boa parte da tempada como suplente.[14] A súa mala relación co adestrador Corrado Orrico primeiro, e máis tarde co seu substituto, o galego Luis Suárez, empeoran as cousas. En marzo de 1992, despois de marcar un gol contra o Napoli, dirixiuse ao banco e insultou a Suárez, sendo sancionado e multado polo club.[14][15] Na tempada 1992/93, despois de xogar os 4 primeiros partidos de liga cos nerazzurri, foi vendido ao Udinese como contrapartida no acordo que levou a Antonio Manicone ao Milan.[16] En Friúl foi reconvertido por Albertino Bigon como líbero,[17] e marcou o gol decisivo na última xornada ante a Roma, que permitiu aos friulanos acceder á promoción de permanencia que logo gañaron ante o Brescia.[18]

Na tempada seguinte, coa venda de Dell'Anno, foi colocado inicialmente no papel de creador,[19] pero máis tarde o adestrador Azeglio Vicini volveu poñelo na defensa, o que provocou as críticas do presidente Giampaolo Pozzo,[20] que acabou apartando a Desideri do equipo.[21] Foi reintegrado pouco despois, e descendeu xunto co resto do equipo á Serie B, regresando á máxima categoría en 1995. Nos dous anos seguintes, tras algúns desacordos tácticos co adestrador Alberto Zaccheroni,[22] vestiu o brazalete de capitán e acadou a clasificación para a Copa da UEFA na tempada 1996/97, nun ano no que se viu afectado polas lesións.[5][23]

En xaneiro de 1998 foi contratado polo Livorno, na Serie C1, grazas en parte á amizade que o unía ao adestrador Paolo Stringara.[24] Despois de cinco malos primeiros meses, recuperou a súa condición física e tivo algunhas boas actuacións na parte final do campionato,[22] xogando a promoción de ascenso, pero perdendo na final ante o Cremonese. Ao final da tempada o seu contrato non foi renovado e puxo fin a súa carreira deportiva.[25]

Selección italiana editar

Foi convocado por Azeglio Vicini para a Eurocopa sub-21 de 1986, na que Italia perdeu a final contra España na quenda de penaltis. Desideri marrou un dos lanzamentos.[26] Dous anos despois foi convocado por Francesco Rocca para representar a Italia nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.[27] Disputou 3 partidos olímpicos e marcou un gol no encontro inaugural ante Guatemala.[28] Trala derrota por 4-0 ante Zambia, e as posteriores polémicas, foi excluído do equipo.[29][30]

Adestrador editar

En 1999 pasou a ser segundo adestrador de Giuliano Sonzogni no Lugano suízo.[31] No ano 2000 foi contratado como primeiro adestrador do Marsala,[32] pero o equipo non chegou a ser inscrito no campionato por mor dos graves problemas económicos que atravesaba.[33] Ao ano seguinte foi contratado polo Astrea, na Serie D, pero dimitiu en outubro.

Trala retirada editar

Tras abandonar a súa carreira como adestrador, foi brevemente presidente do Fidene, un club modesto do Lacio, e observador da Roma. Posteriormente converteuse en profesional da pesca de altura. O 6 de xullo de 2012 foi anunciado pola Fiorentina como novo colaborador na área técnico-deportiva.[34] En 2014 formou parte da dirección do Pune City, da India, club vencellado á Fiorentina.[35]

Palmarés editar

Roma

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sappino, Marco (2000). Dizionario biografico enciclopedico di un secolo del calcio italiano (en italiano) 2. p. 188. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Caccia, Fabrizio (12 de decembro de 1989). "Non solo muscoli" (en italiano). Consultado o 25 de abril de 2022. 
  3. "Equipo do Piacenza na tempada 1984/85". storiapiacenza1919.it (en italiano). Consultado o 25 de abril de 2022. 
  4. "Roma - Sampdoria 1986". almanaccogiallorosso.it (en italiano). Consultado o 25 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Toti, Giuseppe (3 de decembro de 1995). "Roma è una città velenosa". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 51. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2013. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  6. Bocca, Fabrizio (7 de xullo de 1987). "Ancelotti al Milan. Un giallo per Rolff". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  7. Bocca, Fabrizio (16 luglio 1987). "Il giorno dei grandi rifiuti". La Repubblica. p. Fabrizio. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  8. Ferrara, Benedetto (10 de xullo de 1991). "L'addio di Desideri. Dell'Anno in offerta". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  9. Calciatori ‒ La raccolta completa Panini 1961-2012 (en italiano). 8 (1991-1992). Panini. 25 de xuño de 2012. p. 10. 
  10. Ferrara, Benedetto (13 de xullo de 1991). "Il Napoli a marcia indietro". La Repubblica (en italiano). p. 36. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  11. Ferrara, Benedetto (18 de xuño de 1992). "L'Inter chiede Crippa. Schillaci: "Resto"". La Repubblica (en italiano). p. 27. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  12. "Desideri bocciato: andrà a Udine. Al suo posto è in arrivo Manicone". Il Corriere della Sera (en italiano). 9 de novembro de 1992. p. 31. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  13. "Mou, eroe o mercenario?" (en italiano). 29 de maio de 2010. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  14. 14,0 14,1 Monti, Fabio (17 de marzo de 1992). "Insultare Suarez costa 20 milioni. L'Inter ferma Desideri per un turno". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 36. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  15. "L' INTER SOSPENDE DESIDERI". la Repubblica (en italiano). 17 de marzo de 1992. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  16. "Chiuso il mercato: Mateut a Brescia, Roy al Foggia, Desideri a Udine". Il Corriere della Sera (en italiano). 12 de novembro de 1992. p. 45. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  17. Sannucci, Corrado (2 de decembro de 1992). "Bianchi o Desideri, agitare per l'uso". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  18. "In festa l'altra Toscana tra ironia e teppismo". La Repubblica (en italiano). 8 de xuño de 1993. p. 27. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  19. "Quasi fatta per Comi all'Udinese". La Repubblica (en italiano). 24 de xullo de 1993. p. 42. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  20. Bianchi, Fulvio (28 de setembro de 1993). "Vicini promosso: "Purché vada via"". La Repubblica (en italiano). p. 26. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  21. "Pozzo, l'allenatore ombra". La Repubblica (en italiano). 23 de novembro de 1993. p. 29. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  22. 22,0 22,1 Lulli, Sandro (4 de xuño de 1998). "Livorno-Desideri, contatto: "La squadra in B può fare anche meglio"". Il Tirreno (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  23. Moresco, Gianluca (2 de xuño de 1997). "Udinese, esordio in Europa. "Grazie alle nostre donne"". La Repubblica (en italiano). p. 36. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  24. Lulli, Sandro (12 de xaneiro de 1998). "La decisione di Desideri: Deodati s'incontra col giocatore e Achilli con Bonetto". Il Tirreno (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  25. Massone, Gianni (13 de xullo de 1998). "Dieci acquisti, il gruppo storico si è "rotto". Dal 19 a Sestola il Livorno della svolta, ma Bonaldi resta". Il Tirreno (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 12 marzo 2016. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  26. Perrone, Roberto (1 de decembro de 1992). "Come sbagliare un rigore e vivere infelici". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 41. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  27. Bocca, Fabrizio (2 de setembro de 1988). "L'Italia d'autunno". La Repubblica (en italiano). p. 39. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  28. "L'Italia fa più piccoli i pigmei del Guatemala". La Stampa (en italiano). 17 de setembro de 1988. p. 19. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  29. "Rocca si mette in mano a Mauro". La Stampa (en italiano). 25 de setembro de 1988. p. 29. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  30. "I "traditori" dovranno pagare, parola di Rocca". La Stampa (en italiano). 29 de setembro de 1988. p. 24. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  31. "Prove di partita sotto ai riflettori". La Repubblica (en italiano). 15 de abril de 2000. p. 7. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  32. "Notizie di sport". La Repubblica (en italiano). 23 de xullo de 2000. p. 11. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  33. "Esposto dell'ex patron Leo Mannone: 'Minacce per far fallire la vendita". La Repubblica (en italiano). 22 de setembro de 2000. p. 8. Consultado o 25 de abril de 2022. 
  34. Ufficializzato lo staff tecnico di Montella violachannel.tv
  35. "Fiorentina oltre i confini: acquistato un club in India, il sogno è portarci Del Piero" (en italiano). 22 de xullo de 2014. Consultado o 25 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar