Corrado Orrico

adestrador de fútbol italiano

Corrado Orrico, nado en Massa o 16 de abril de 1940, é un exadestrador de fútbol italiano. Comezou a súa carreira como técnico en 1967, aos 26 anos, e dirixiu máis de 1000 partidos durante as seguintes catro décadas, en diferentes categorías do fútbol italiano.

Corrado Orrico
Información persoal
Nome Corrado Orrico
Nacemento 16 de abril de 1940
Lugar de nacemento Massa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1959–1969 Sarzanese
Adestrador
1966–1969 Sarzanese
1969 Carrarese
1972–1974 Camaiore
1974 Massese
1975–1979 Carrarese
1979–1980 Udinese
1980–1983 Carrarese
1983–1984 Brescia
1984–1986 Carrarese
1986–1987 Prato
1987–1988 Carrarese
1988–1991 Lucchese
1991–1992 Inter de Milán
1992–1993 Lucchese
1995–1996 Avellino
1996–1997 Siena
1997–1998 Alessandria
1999 Empoli
1999–2000 Lucchese
2002 Treviso
2003 Massese
2006–2007 Carrarese
2008–2009 Prato
2013 Gavorrano
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

No fútbol modesto editar

Entre 1959 a 1969 xogou no modesto Sarzanese, exercendo dende 1966 tamén como adestrador, ademais de ser o capitán do equipo.[1] En 1967 logrou o ascenso á Serie D e estivo preto de lograr ascender á Serie C na campaña seguinte, na que perdeu a promoción contra o Lucchese. Foi tamén o seu último partido como xogador, do que se tivo que retirar lesionado.

Ao final desa tempada pasou ao Carrarese, equipo que, ao longo da súa carreira, adestrou durante trece tempadas en sete etapas diferentes. Durante a súa primeira experiencia en 1969 ideou un método de adestramento baseado no uso da gabbia (gaiola) e que logo introduciu en case todos os clubs nos que traballou. Despois dun ano en Carrara, pasou polos bancos do Massese e o Camaiore.

A súa popularidade creceu tralo seu regreso ao Carrarese, ao que ascendeu primeiro á Serie C2 en 1978 e logo á promoción de ascenso á Serie C1 ao ano seguinte. En 1979 recalou no Udinese, o seu primeiro equipo da Serie A, pero foi destituído despois de 22 xornadas. No verán de 1980 comezou a tempada co Lanerossi Vicenza, pero abandonou o equipo case de inmediato por diferenzas coa dirección. Regresou así a Carrara, onde conquistou o campionato da Serie C1 en 1982. Tamén na C adestrou o Brescia e o Prato, intercalados con novas etapas no Carrarese. En 1988 chegou ao banco do Lucchese, co que conseguiu subir á Serie B na campaña 1990/91.

Inter de Milán editar

No verán de 1991 foi elixido polo presidente do Inter de Milán, Ernesto Pellegrini, para substituír no banco a Giovanni Trapattoni na tempada 1991/92.

Convencido defensor da defensa zonal -aínda que non desprezaba as solucións alternativas-,[2] tentou aplicala tamén no Inter.[3] O seu camiño na Copa da UEFA, torneo do que o club era o vixente campión, acabouse na primeira rolda, trala eliminación a mans do Boavista. Tras perder por 1-0 ante a Atalanta no último partido da primeira volta, Orrico dimitiu e foi substituído polo galego Luis Suárez. Os malos resultados foron atribuídos segundo algúns a unha escasa adaptación do equipo á defensa en zona (interpretación que Orrico non compartiu).[4]

Experiencias posteriores editar

En 1992 volveu ao Lucchese, onde permaneceu un ano. En 1994 regresou de novo a Carrara, desta vez como director técnico. Posteriormente pasou en breves etapas polos bancos do Avellino, o Siena e o Alessandria. O 16 de febreiro de 1999 converteuse no novo adestrador do Empoli na Serie A, pero non puido evitar o descenso do equipo. A continuación dirixiu o Lucchese por segunda vez, o Treviso, e repetiu tamén no Massese.

En 2006 volveu por sétima e última vez ao Carrarese, onde permaneceu ata 2007. Posteriormente pasou polo Prato e, tras uns anos parado despois do suicidio do seu fillo,[5] pechou a súa carreira como técnico no Gavorrano. Dirixiu máis de 1000 partidos ao longo da súa traxectoria como adestrador.

Palmarés editar

Xogador editar

Sarzanese

Adestrador editar

Carrarese
Lucchese

Notas editar

  1. "Corrado Orrico: "Spezia, anni importanti. A Sarzana ho imparato ad allenare"" (en italiano). 14 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  2. "ORRICO, LO STUDIOSO" (en italiano). 10 de maio de 1991. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  3. "'INTER, UN' IDEA DI ZONA'" (en italiano). 25 de xuño de 1991. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  4. "ORRICO RIPARTE ' TANTE BALLE SULL' INTER'" (en italiano). 16 de xullo de 1992. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  5. "Dramma Orrico Si suicida il figlio". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 30 de maio de 2009. Consultado o 4 de maio de 2022.