Azeglio Vicini
Azeglio Vicini, nado o 20 de marzo de 1933 en Cesena, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol italiano.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1933 Cesena, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de xaneiro de 2018 (84 anos) Brescia, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,73 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1966), adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1988 | Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarComo xogador
editarComezou a xogar no equipo da súa vila natal, o AC Cesena, fichando moi pronto polo Lanerossi Vicenza e polo UC Sampdoria máis tarde, equipo no que militaría a maior parte da súa carreira. Retirouse xogando no Brescia Calcio no ano 1966.
Como adestrador
editarA súa traxectoria como adestrador foi máis ampla, sobre todo nas diferentes categorías da Selección de fútbol de Italia. O primeiro equipo ao que dirixiu foi o Brescia Calcio, durante un ano e pouco despois de colgar as botas. Ao cabo dalgúns anos comezou a adestrar á categoría sub-23 do combinado nacional, e ao ano seguinte pasou á sub-21, neste posto estivo dez anos, ata que en 1986 pasa a adestrar á selección na categoría absoluta.
Coa selección de fútbol de Italia chegou ao terceiro posto no Mundial de Fútbol Italia 1990, cun equipo no que destacaban Roberto Baggio, Salvatore Schillaci ou Franco Baresi.
Deixa a selección en 1991 tras non conseguir clasificar ao equipo para a Eurocopa de Fútbol Suecia 1992, sendo substituído por Arrigo Sacchi. Posteriormente dirixiu en dous breves períodos ao AC Cesena e ao Udinese Calcio.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Azeglio Vicini |
Ligazóns externas
editar- EstatísticasArquivado 15 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en italiano)