Andreas Brehme

futbolista alemán

Andreas "Andy" Brehme, nado en Hamburgo o 9 de novembro de 1960, é un ex-futbolista xermano, que xogaba de lateral esquerdo. Era un grande especialista a balón parado, e foi campión do mundo en 1990, anotando un gol de penalti na final contra a Arxentina.

Andreas Brehme
Andreas Brehme 2008.jpg
Información persoal
Nome Andreas Brehme
Nacido 9 de novembro de 1960 (60 anos)
Lugar Hamburgo
Altura 1,76 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Retirado
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

ClubsEditar

Andreas Brehme comeza a súa carreira no 1. FC Kaiserslautern, no ano 1981. Aquí ficaría ata 1986, cando marcha cara o Bayern Múnic. Na súa etapa coma xogador do Bayern conseguiría o seu primeiro título coma profesional: foron campións da Bundesliga no ano 1987. A finais da tempada unha boa oferta do Inter de Milán faille colle-la equipaxe e fichar polo club italiano.

Na súa etapa no Inter gaña a Serie A (O Scudetto) en 1989 e a Copa da UEFA de 1991. Estes anos a rivalidade entre os dous clubs máis importantes da cidade, o Inter e o AC Milan tiña unha especial forza, xa que a base dos primeiros eran os seus xogadores xermanos Lothar Matthäus, Rudi Völler e o propio Brehme e no caso dos segundos os neerlandeses Marco van Basten, Ruud Gullit e Frank Rijkaard.

Tras cinco tempadas en Italia, en 1992 ficha polo Real Zaragoza de onde sairá no verán de 1993. A derradeira etapa da súa carreira xogaría no seu primeiro club, o 1. FC Kaiserslautern. Antes do seu retiro en 1998 gañan a Copa de Alemaña de Fútbol en 1996 e a Bundesliga xa en 1998.

SelecciónEditar

Brehme xogou tanta na selección de Alemaña do Oeste coma despois na da Alemaña unificada.

Participou en tres mundiais, México 86, Italia 90 e EUA 94.

En México o equipo xermano quedou subcampión ao perder na final contra a Arxentina, na que destacaba Diego Maradona. O encontro rematou 3-2, despois de adiantarse os arxentinos por 2-0 e a posterior igualada dos xermanos, un xenial pase de Maradona no derradeiro intre do encontro deulle a vitoria ó cadro suramericano.

En Italia vingáronse da Arxentina, xa que de novo as dúas escuadras se enfrontaban na final. Desta volta Alemaña venceu 1-0 cun gol de penalti de Andreas Brehme.

Os seus derradeiros encontros internacionais disputounos no Mundial dos Estados Unidos en 1994. Aquí non lograron pasar dos cuartos de final, o que supuxo unha decepción para os daquela actuais campións do mundo.

AdestradorEditar

Despois de gaña-lo campionato da Bundesliga, Brehme retírase do fútbol e adícase a prepararse para ser adestrador. O seu primeiro club xa coma técnico foi 1. FC Kaiserslautern, no ano 2000. Dous anos máis tarde dimitiría do cargo polos pobres resultados que estaba a acadar, xa que o club atopábase neses intres a piques de descender de categoría.

Marchou ó SpVgg Unterhaching, da 2ª división xermana mais tivo que abandonar o club ante a crise de resultados que atravesaba.

Estivo tamén de axudante de Giovanni Trapattoni no VfB Stuttgart mais foron cesados do cargo ós poucos meses.

TriviaEditar

Brehme pode usar os dous pés coa mesma habilidade. De feito tiraba os penaltis co pé dereito e os córners e as faltas co esquerdo.