Marco van Basten
Marcel "Marco" van Basten, nado en Oog in Al (Utrecht) o 31 de outubro de 1964, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol neerlandés. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección neerlandesa. Actualmente adestra o Heerenveen.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (nl) Marcel van Basten 31 de outubro de 1964 (60 anos) Utrecht, Países Baixos (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Países Baixos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol golf | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1992 | Eurocopa de Fútbol Suecia 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1988 | Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anteriormente foi un dianteiro centro que xogou para o Ajax Amsterdam e o AC Milan nas décadas dos 80 e 90. Está considerado un dos mellores atacantes de tódolos tempos a pesar da súa curta carreira por mor de repetidas mancaduras nos nocellos. Anotou un total de 276 goles, e foi galardoado tres veces co Balón de Ouro (1988,1989 e 1992) e unha vez co FIFA World Player en 1992.
Xogador
editarVan Basten xogou brevemente para o Elinkwijk antes de fichar polo Ajax. Debuta co primeiro equipo en abril de 1982, entrando ao campo en substitución de Johan Cruyff e anotando o seu primeiro gol para o club.
O crecemento de van Basten nos anos seguintes semellaba non ter límite. Non só coma un grande rematador senón tamén destacaba pola súa abriante técnica. Na tempada 1982-83 o Ajax contaba co Bota de Ouro Wim Kieft, o que fixo que van Basten só disputara vinte encontros. Aínda así o seu xogo convenceu ós técnicos do Ajax ata o punto de vender a Kieft ó Pisa e colocar a van Basten como titular.
A confianza depositada nel non foi en balde, xa que foi o máximo goleador da liga holandesa catro anos consecutivos (1984,1985,1986 e 1987). Un total de 117 goles en 112 encontros. En 1985-86 fixo 37 goles en 26 encontros en liga, gañando a Bota de Ouro
En 1987 Silvio Berlusconi ficha a van Basten para o Milan. Alí atoparíase con outros dous compatriotas seus, Ruud Gullit e Frank Rijkaard. Na súa primeira tempada no club italiano gañan o Scudetto, mais van Basten só pode xogar once encontros por problemas co nocello.
A pesar diso, na Eurocopa de 1988 deu un rendemento espectacular, rematando coma máximo anotador e mellor xogador do torneo. Un dos seus mellores goles foi unha volea sen apenas ángulo na final contra a URSS. Holanda venceu ese encontro por 2-0 e fíxose coa vitoria e o seu único ata o de agora título de seleccións. Un dato curioso dese gol é que o porteiro soviético Rinat Dasaev tiña o xeonllo mancado, e canto tenta saltar para dete-lo esférico só e quen de apoiarse nunha perna.
De volta ao Milan, Van Basten fai unha extraordinaria tempada nos anos 1988-89, sendo galardoado co Balón de Ouro, anotando 19 goles na Serie A e marcando dous tantos na final da Copa de Europa contra o Steaua de Bucarest.
Na 1989-90 rematou coma máximo anotador da Serie A e o Milan defendeu a Copa de Europa con éxito, vencendo desta volta ao Benfica. En troques, Holanda decepcionou no Mundial dese ano, caendo na segunda rolda.
Na 1991-92, adestrados por Fabio Capello o Milan perdeu un só encontro en liga e fíxose co Scudetto de novo. Van Basten anotu 25 goles e rematou coma Capocannoniere de novo.
Ao ano seguinte o Milan segue arrasando na liga, chegando a sumar 58 encontros sen coñece-la derrota. Van Basten destaca especialmente e gaña por terceira vez o Balón de Ouro. Pouco despois volta cos seus problemas co nocello, e tras varias operacións sen moito éxito decide retirarse do fútbol.
Aínda así desde entón si que participou nun par de encontros homenaxe, coma o de Demetrio Albertini e o de Dennis Bergkamp.
Títulos
editarClub
- Ajax Amsterdam:
- Recopa de Europa de Fútbol: 1987.
- Liga Holandesa: 1982, 1983, 1985.
- Copa dos Países Baixos: 1983, 1986, 1987.
- AC Milan:
- Copa de Europa: 1989, 1990.
- Copa Intercontinental: 1989, 1990.
- Supercopa de Europa de Fútbol: 1989, 1990.
- Serie A: 1988, 1992, 1993.
- Supercopa de Italia: 1988, 1992, 1993.
Internacional
- Eurocopa: 1988.
Individual
- FIFA World Player: 1992.
- World Soccer xogador do ano: 1988, 1992.
- Balón de Ouro: 1988, 1989, 1992.
- Bota de Ouro: 1986.
- Máximo anotador e mellor xogador da Eurocopa de Fútbol 1988.
- Máximo anotador da Serie A: 1990, 1992.
- Máximo anotador da Liga Holandesa: 1984, 1985, 1986, 1987.
Adestrador
editarVan Basten deixa oficialmente o Milan no ano 1995 retirándose do fútbol. Daquela declarou que nunca ía dedicarse a adestrar, mais non tardaría en mudar de opinión.
Comeza adestrando ao segundo equipo do Ajax no 2003 con John van 't Schip de axudante. O 29 de xullo de 2004 é nomeado adestrador da selección holandesa, xunto con van't Schip.
Os seus comezos no cargo son bastante polémicos o prescindir de estrelas coma Clarence Seedorf, Patrick Kluivert, Edgar Davids ou Roy Makaay.
Por vez primeira en moito tempo, ningún dos tres grandes holandeses (Ajax Amsterdam, PSV Eindhoven, e Feyenoord Rotterdam) aportan ós xogadores clave da selección, sendo o AZ Alkmaar o que conta con maior número de convacados: Denny Landzaat, Barry Opdam, Barry van Galen, Ron Vlaar, Jan Kromkamp e Joris Mathijsen.
A primeira proba real á que se tivo que enfrontar Holanda foi o Mundial de 2006 en Alemaña, onde foron eliminados en oitavos de final por Portugal. Aí chovéronlle críticas ó adestrador, sobre todo pola pouca participación que lle deu a Ruud van Nistelrooy é por deixar fóra da convocatoria a Roy Makaay ou Clarence Seedorf.
Van Basten ten contrato coa Federación holandesa para adestrar á selección até o 2008. A federación xa expresou os seus desexos de amplialo ata o 2010.