Antonio Álvarez Arias

futbolista galego

Antonio Álvarez Arias, coñecido simplemente como Arias, nado en Verín o 16 de xaneiro de 1933, é un exfutbolista galego, que xogaba como dianteiro.

Arias
Información persoal
Nome Antonio Álvarez Arias
Nacemento 16 de xaneiro de 1933
Lugar de nacemento Verín
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Sporting de Braga
1950–1952 Avilés
1952–1955 Deportivo da Coruña 23 (8)
1954 Xuvenil
1957–1958 Racing de Ferrol 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nacido en Verín, comezou a súa carreira como futbolista no Sporting de Braga, pasando logo ao Avilés, onde militou durante dúas tempadas.[1] En 1952 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou na Primeira División nun partido contra o Valencia en Mestalla, xogando como interior esquerdo, e marcando o único gol do seu equipo (1-1).[2] Disputou 17 encontros ata o final da liga, marcando 8 goles, e a continuación disputou a fase de permanencia na que o equipo logrou manter a categoría.

Con todo, na seguinte tempada non contou con minutos, e en marzo de 1954 saíu cedido ao Xuvenil, da Terceira División.[3] Alí compartiu equipo con xogadores como Manín, Juananco, Vegazo ou Rábade, e logrou un histórico ascenso a Segunda División despois de derrotar na antepenúltima xornada ao Lemos.[4] De regreso no Deportivo, disputou un só partido durante a tempada 1954/55, nun encontro da Copa do Xeneralísimo fronte ao Barcelona no que marcou o único gol deportivista (1-1). Deixou o club en xuño de 1955.

En 1957 realizou unha proba co Racing de Ferrol e acabou fichando polo club, que militaba na Segunda División.[5][6]

Notas editar

  1. "Arias". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de novembro de 1952. p. 6. 
  2. "Brillante empate del Deportivo". El Correo Gallego (en castelán) (25139). 11 de novembro de 1952. p. 4. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  3. "Arias, al juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de marzo de 1954. p. 4. 
  4. "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  5. "Nuevo jugador probado por el Club Ferrol". El Correo Gallego (en castelán) (2643). 10 de setembro de 1957. p. 6. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  6. "El Club Ferrol fichó al extremo izquierdo Arias". La Noche (en castelán) (11385). 14 de setembro de 1957. p. 3. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar