Manuel Vegazo

futbolista español
(Redirección desde «Manuel Vegazo Bermejo»)

Manuel Vegazo Bermejo, nado en Ávila o 3 de setembro de 1933 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 12 de marzo de 2024, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.

Modelo:BiografíaManuel Vegazo
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Ávila, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 2024 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1956   Club Deportivo Xuvenil 21(6)
1955–1959   Deportivo da Coruña 11(1)
1956–1956   Real Zaragoza 5(2)
1959–1969   Racing de Ferrol 36(13)
1960–1967   UD Las Palmas 109(19)

Traxectoria

editar

Naceu en Ávila pero trasladouse coa súa familia á Coruña aos poucos meses vida. Comeza xogando en equipos coma o Sporting Burgo e Español, e logo pasou ao Xuvenil, no que disputou a histórica tempada 1954/55, primeira e única do club coruñés en Segunda División, despois de lograr o ascenso na campaña anterior.[1]

Na tempada 1955/56 xogou algúns partidos co Zaragoza en Segunda, e o resto da tempada co Xuvenil en Terceira. Na campaña seguinte (1956/57) continuou no Xuvenil e debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando o partido da xornada 19, que rematou en derrota fronte ao Athletic Club no vello San Mamés (2–0).

Disputou case toda a tempada 1957/58 nas filas do Xuvenil, ata que en abril de 1958 pasou a reforzar o Deportivo en Segunda, categoría á que descendera na campaña anterior. Xogou 10 encontros co club no treito final da tempada, marcando ante o Basconia o seu único gol coa camiseta branca e azul, e foi titular nos dous partidos da promoción de permanencia que o Deportivo tivo que disputar ante o Ourense.

En febreiro de 1959 asinou como novo xogador do Racing de Ferrol, da Segunda División, club no que militou durante o seguinte ano e medio, contabilizando 16 goles en 41 partidos.[2]

En 1960 deixou Galicia e instalouse nas Canarias, onde fichou pola UD Las Palmas. Xogou durante 7 anos no equipo amarelo, co que conquistou a Segunda División na tempada 1963/64, ascendendo así a Primeira. Disputou 127 partidos oficiais co equipo, co que anotou 24 goles.

Trala súa retirada continuou vivindo nas Palmas de Gran Canaria, onde faleceu o 12 de marzo de 2024, aos 90 anos de idade.[3]

  1. "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  2. "Vegazo firmó por el Ferrol". La Voz de Galicia (en s). 12 de febreiro de 1959. p. 5. 
  3. "Fallece Manuel Vegazo, ex jugador de la UD Las Palmas" (en castelán). 13 de marzo de 2024. Consultado o 13 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar