Miguel González Pérez
Miguel González Pérez, nado en Santa Cruz de la Palma o 27 de abril de 1927 e finado en Madrid o 6 de xullo de 2021,[1] foi un futbolista e adestrador español. Xogaba de extremo dereito e desenvolveu a maior parte da súa carreira no Atlético de Madrid, sendo ademais internacional coa selección española.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1927 Santa Cruz de la Palma, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 6 de xullo de 2021 (94 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1964) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComo futbolista
editarComezou a xogar ao fútbol no Mensajero, na súa illa natal da Palma, iniciando unha carreira nas Canarias que despois continuou no Iberia de Tenerife,[2] e no Real Club Victoria de Gran Canaria.[3]
En 1949 fichou polo Atlético de Madrid, xa en Primeira División. Co equipo madrileño proclamouse campión de liga nas súas dúas primeiras tempadas (1949/50 e 1950/51), pero apenas tivo presenza nas aliñacións de Helenio Herrera. Na tempada 1951/52 foi cedido ao Real Oviedo, da Segunda División, co que marcou 9 goles en 21 partidos, logrando o ascenso á máxima categoría.
De regreso a Madrid, consolidouse na dianteira atlética durante as seguintes oito campañas, alcanzando os 252 partidos oficiais e 73 goles. Na tempada 1958/59 debutou na Copa de Europa, disputando 9 encontros e marcando un gol contra o Schalke 04. Despediuse do club en 1960, despois de conquistar a Copa do Xeneralísimo.
A continuación fichou polo Zaragoza, onde militou tres tempadas ás ordes de César, antes de pechar a súa carreira cunha última campaña no Murcia.
Selección española
editarDurante a súa etapa como xogador do Atlético de Madrid, foi internacional coa selección española en 15 ocasións. Debutou en novembro de 1953, da man de Luis Iribarren, nun partido contra Suecia,[4] e durante o seu paso polo combinado anotou dous goles, un contra Turquía e outro ante Suíza.
Como adestrador
editarTras colgar as botas tivo unha breve carreira como adestrador. Na tempada 1967/68 colleu as rendas do Atlético de Madrid na xornada 26, trala destitución do brasileiro Otto Glória. O seu labor foi avalado pola directiva, continuando como técnico do Atlético durante toda a tempada 1968/69, acabando sexto na liga.
A continuación dirixiu o Betis e o Hércules en Segunda, e o Getafe Deportivo en Terceira.
Palmarés
editar- Atlético de Madrid
- Primeira División (2): 1949/50, 1950/51.
- Copa do Xeneralísimo (1): 1959/60.
- Real Oviedo
- Segunda División (1): 1951/52.
Notas
editar- ↑ "Fallece Miguel González, leyenda del Atlético de los años 50". As (en castelán). 6 de xullo de 2021. Consultado o 13 de abril de 2022.
- ↑ "Biografía". Colchonero.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 13 de abril de 2022.
- ↑ "Palmeros Célebres". premiostaburiente.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2022.
- ↑ Dominguez García, Javier (2009). "MIGUEL "EL PALMERO" UN CANARIO EN WEMBLEY" (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador Arquivado 27 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. no sitio web da selección española (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán)