Mario Bertini

futbolista italiano

Mario Bertini, nado en Prato o 7 de xaneiro de 1944, é un exfutbolista italiano, que xogaba como centrocampista. Destacou principalmente na Fiorentina e no Inter de Milán e foi subcampión do mundo coa selección italiana no Mundial de 1970.

Bertini
Información persoal
Nome Mario Bertini
Nacemento 7 de xaneiro de 1944
Lugar de nacemento Prato
Altura 1,74 m.
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
Prato
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1962–1963 Prato 3 (0)
1963–1964 Empoli 31 (7)
1964–1968 Fiorentina 97 (13)
1968–1977 Inter de Milán 210 (31)
1977–1978 Rimini 22 (0)
Total 363 (51)
Selección nacional
1966–1972 Italia 25 (2)
Na rede
FIFA: 46533 UEFA: 36642 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista no Prato da súa cidade natal, co que debutou na Serie C na tempada 1962/63, logrando o ascenso á Serie B. A continuación xogou unha campaña no Empoli, antes de ser traspasado á Fiorentina no verán de 1964.[1]

Co equipo violeta xogou durante catro tempadas na Serie A, e gañou a Copa de Italia en 1966, marcando o gol decisivo nos derradeiros instantes da prórroga.[2] Un mes despois o equipo gañou tamén a Copa Mitropa, derrotando na final ao Jednota Trenčín eslovaco, un ano despois de perder na final contra o Vasas húngaro.

En 1968 fichou polo Inter de Milán, que estaba vivindo un momento de renovación trala marcha do presidente Moratti, do adestrador Helenio Herrera e de varios xogadores. Converteuse no lanzador de penaltis do conxunto e durante a súa primeira campaña en Milán, foi o máximo goleador do equipo, chegando a anotar un triplete fronte ao Verona. Militou no club durante nove tempadas, ata 1977, e foi un dos protagonistas do título da Serie A que os nerazzurri gañaron na 1970/71.[1] En 1971 gravou a canción Inter spaziale, escrita por Roberto Vecchioni e Renato Pareti.

Tras deixar o Inter xogou unha última tempada co Rimini na Serie B, antes de retirarse.

Selección italiana editar

Debutou coa selección italiana o 29 de xuño de 1966, nun partido amigable contra México, só uns días antes do comezo do Mundial de 1966. Viaxou coa expedición italiana a Inglaterra, pero sen facer parte oficialmente do cadro de xogadores para a Copa do Mundo, senón que viaxou como reserva adicional, xunto con Gigi Riva.

Xa como titular na Nazionale, disputou o seguinte Mundial, en 1970, onde o equipo italiano alcanzou a final. Foi titular en todos os partidos do torneo, e na final tivo a difícil tarefa de marcar a Pelé. O equipo brasileiro acabou gañando 4-1.

Disputou o seu último partido coa selección en 1972, pechando a súa carreira internacional con 25 partidos e 2 goles.

Palmarés editar

Prato
Fiorentina
Inter de Milán

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Nassetti, Filippo (31 de marzo de 2016). "Bagni: "I miei 5 mediani scudettati per 50 anni di Inter"" (en italiano). Consultado o 9 de abril de 2022. 
  2. "Coppa Italia 1965/66". rsssf.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar