Sergio Gori

futbolista italiano

Sergio Gori, alcumado Bobo, nado en Milán o 24 de febreiro de 1946 e finado en Sesto San Giovanni o 5 de abril de 2023,[1] foi un futbolista italiano, que xogaba como centrocampista e dianteiro.

Gori
Información persoal
Nome Sergio Gori
Nacemento 24 de febreiro de 1946
Lugar de nacemento Milán
Falecemento 5 de abril de 2023
Lugar de falecemento Sesto San Giovanni
Altura 1,78 m.
Posición dianteiro
Carreira xuvenil
1960–1964 Inter de Milán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1964–1969 Inter de Milán 24 (3)
1966–1968 Lanerossi Vicenza 56 (16)
1969–1975 Cagliari 166 (33)
1975–1977 Juventus 29 (7)
1978–1979 Sant'Angelo 26 (5)
Total 293 (67)
Selección nacional
1970 Italia 3 (0)
Na rede
FIFA: 174570 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

É un dos seis únicos futbolistas italianos (xunto con Giovanni Ferrari, Filippo Cavalli, Pierino Fanna, Aldo Serena e Attilio Lombardo) que gañou a liga italiana con tres clubs diferentes. Fíxoo co Inter de Milán, co Cagliari e coa Juventus.[2] Foi internacional coa selección italiana, coa que foi finalista no Mundial de 1970.

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Inter de Milán, debutando co primeiro equipo en 1964, na época do chamado Grande Inter, baixo a batuta do adestrador arxentino Helenio Herrera. Nas súas dúas primeiras tempadas co primeiro equipo interista, gañou dúas ligas, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais, aínda que a súa participación foi escasa, disputando só un total de 14 partidos en dous anos.

En 1966 foi cedido ao Vicenza, como parte do acordo que levou ao máximo goleador do campionato anterior, Luís Vinício, a Milán. Marcou oito goles en cada unha das súas dúas tempadas co club do Véneto, nun total de 56 partidos da Serie A, contribuíndo á salvación do equipo.

De regreso a Milán, xogou só 14 partidos antes de ser traspasado, xunto con Angelo Domenghini ao Cagliari, dentro da operación pola que o dianteiro centro Roberto Boninsegna pasou a ser xogador do Inter.

Na súa primeira campaña en Sardeña conquistou o seu terceiro scudetto, desta vez cun papel protagonista, formando un destacado dúo atacante con Gigi Riva, co que compartiría dianteira durante os seguintes anos. Na tempada 1974/75, con Riva lesionado, Gori foi o máximo goleador do equipo.

Ao ano seguinte fichou pola Juventus, coa que gañou un novo scudetto, o cuarto para el, con tres equipos diferentes.[2] Durante a mesma tempada conquistou ademais a Copa da UEFA, despois de derrotar na final ao Athletic de Bilbao. A continuación xogou no Verona e no Sant'Angelo, co que logrou o ascenso á Serie C1.

Selección italiana editar

Foi convocado para a selección italiana no ano no que gañou o scudetto co Cagliari. Debutou coa camisola azul durante o Mundial de 1970 en México, no partido de cuartos de final contra o equipo anfitrión, substituíndo na segunda parte ao seu compañeiro Domenghini. A selección italiana alcanzou a final, onde perdeu ante o Brasil de Pelé. Xogou dous partidos internacionais máis ese ano, contra Suíza e Austria.

Palmarés editar

Inter de Milán
Cagliari
Juventus

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar