Ottavio Bugatti

futbolista italiano

Ottavio Bugatti, nado en Lentate sul Seveso, Milán, o 25 de setembro de 1928 e finado en San Pellegrino Terme, Bérgamo, o 13 de setembro de 2016, foi un futbolista e adestrador italiano.

Modelo:BiografíaOttavio Bugatti
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Lentate sul Seveso, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
San Pellegrino Terme, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1965) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1949–1951 U.S.D. 1913 Seregno Calcio
1951–1953 SPAL 72(87)
1953–1961   SSC Napoli 256(329)
1961–1965   Inter de Milán 25(15)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1952–1958   Italia 7(13)
Participou en
1952Xogos Olímpicos de 1952 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0119454 FIFA: 47036 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Como futbolista

editar

Comezou a súa carreira no Vis Nova de Giussano,[1] pasando en 1949 ao Seregno, da Serie C, equipo no que coincidiu entre outros con Aldo Boffi, no final da súa carreira. Tras conseguir o ascenso disputou co equipo o campionato 1950/51 na Serie B.

Na tempada 1951/52, despois de descender á Serie C co Seregno e aínda que Bugatti encaixara 67 goles, o presidente do SPAL, Paolo Mazza, decidiu a súa fichaxe. Foi titular durante a súa primeira tempada na Serie A, categoría á que o club de Ferrara acababa de ascender.[2] Ao ano seguinte contribuíu á consecución do noveno posto en liga. Para a tempada 1953/54 foi traspasado ao Napoli a cambio de 55 millóns de liras, cifra récord naquel entón para un porteiro.[1][2]

Ocupou a titularidade na portería de Nápoles durante os seguintes oito anos, e en 1956 recibiu o Premio Combi ao mellor porteiro da Serie A.[3] Realizou a súa mellor actuación co club o 24 de novembro de 1957, no campo da Juventus, onde a pesar de xogar con febre, parou os ataques de Omar Sívori, Giampiero Boniperti e John Charles, facilitando que o seu equipo vencese por 1-3, na que foi a única derrota na casa da Juventus esa tempada.[1] Trala marcha de Bruno Pesaola ao Genoa, converteuse no capitán do equipo, no que permaneceu ata que este descendeu á Serie B en 1961.[4]

Fichou entón polo Inter de Milán de Helenio Herrera, club que adquiriu ao mesmo tempo ao seu antigo rival Lorenzo Buffon, un ano máis novo que el. Foi suplente deste ata 1963, e a continuación foino de Giuliano Sarti. Disputou o seu último partido na Serie A o 10 de xaneiro de 1965, case con 37 anos, ante o Catania. O seu balance no Inter foi de 25 partidos de liga, 6 en competicións europeas e 2 na Copa de Italia, e proclamouse campión de dúas ligas, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.

Selección italiana

editar

Foi 7 veces internacional coa selección italiana, coa que debutou o 16 de xullo de 1952, nunha vitoria por 8-0 ante os Estados Unidos, nos Xogos Olímpicos de 1952 en Helsinqui.[2][5]

Adestrador

editar

Despois de retirarse do fútbol, iniciou unha carreira como adestrador. Na tempada 1975/76 substituíu a Carmine Longo no banco da Salernitana.[6] Ao ano seguinte regresou brevemente a Ferrara, para colocarse á fronte dun SPAL en crise. Chamado para substituír a Ballico, foi á súa vez substituído pola dupla Ottavio Bianchi - Luis Suárez.[2]

Faleceu o 13 de setembro de 2016.

Palmarés

editar
Inter de Milán

Cinema

editar

En 1961 aparece no filme Il giudizio universale de Vittorio De Sica, no que se interpretou a si mesmo.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 "OTTAVIO BUGATTI, L'EROE DI TORINO" (en italiano). 14 de setembro de 2003. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Fontanelli, Carlo; Negri, Paolo (2017). Il calcio a Ferrara (en italiano). GEO Edizioni. p. 143. 
  3. "NAPOLI STORY, Bugatti: il “gatto magico” che per due volte salì sul tetto d’Europa" (en italiano). 24 de abril de 2020. Consultado o 6 de maio de 2022. [Ligazón morta]
  4. Il Calcio e il Ciclismo Illustrato, numero 38, 22 de setembro de 1960, p. 15
  5. Almanacco illustrato del calcio 2007, ed. Panini, p. 593
  6. "Campionato Serie C Anno 1975-76". salernitanastory.it (en italiano). Consultado o 6 de maio de 2022. 
  7. "Il Giudizio Universale - 1961". albertosordi.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2010. Consultado o 6 de maio de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar