Mario Frustalupi

futbolista italiano

Mario Frustalupi, nado en Orvieto o 12 de setembro de 1942 e finado en San Salvatore Monferrato o 14 de abril de 1990, foi un futbolista e dirixente deportivo italiano.

Frustalupi
Información persoal
Nome Mario Frustalupi
Nacemento 12 de setembro de 1942
Lugar de nacemento Orvieto
Falecemento 14 de abril de 1990
Lugar de falecemento San Salvatore Monferrato
Altura 1,66 m.
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
1957–1960 Orvietana
1960 Sampdoria
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1960–1970 Sampdoria 202 (22)
1961–1962 Empoli 19 (2)
1970–1972 Inter de Milán 38 (2)
1972–1975 Lazio 88 (2)
1975–1977 Cesena 51 (8)
1977–1981 Pistoiese 108 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Gañou dous títulos da Serie A, un co Inter de Milán e outro coa Lazio.

Traxectoria editar

Deu os seus primeiros pasos como futbolista no Orvietana, equipo da súa cidade, co que debutou na tempada 1957/58.[1] Pasou logo aos xuvenís da Sampdoria, debutando aos 20 anos co primeiro equipo na Serie A o 5 de maio de 1963, nun partido contra o Torino no que marcou un gol.[1] Xogou durante oito tempadas coa Sampdoria, un deles na Serie B, sumando 202 partidos en liga e 21 goles.

No verán de 1970 foi traspasado ao Inter de Milán, nunha operación na que entraron tamén o galego Luis Suárez e Dino Spadetto, que pasaron a ser xogadores da Sampdoria.[2] Permaneceu en Milán dúas tempadas, onde tivo que competir polo seu posto con Sandro Mazzola. Gañou o título da Serie A na tempada 1970/71 e disputou a Copa de Europa 1971/72 no lugar de Mario Corso, sendo titular na final, onde o equipo caeu derrotado ante o Ajax no estadio de Rotterdam por 2-0, con dous goles de Cruyff.

Ao ano seguinte foi traspasado á Lazio de Tommaso Maestrelli, a cambio de Massa máis unha cantidade de diñeiro. No equipo romano viviu os mellores anos da súa carreira deportiva, sendo un dos artífices do primeiro título de liga da historia da Lazio na tempada 1973/74. Disputou todos os encontros daquela histórica campaña, actuando como organizador do xogo no campo.

En 1975 marchou ao Cesena, levando o equipo romañolo a conseguir o mellor resultado en liga da súa historia, sexto, e clasificándose así para a Copa da UEFA.

En outubro de 1977 fichou polo Pistoiese, onde xogou durante as seguintes catro tempadas. Foi un dos xogadores que na tempada 1979/80 conseguiron o primeiro e único ascenso á Serie A do equipo toscano.

Finalmente retirouse do fútbol en 1981, con 39 anos. Ao longo da súa carreira acumulou un total de 364 partidos e 34 goles na Serie A e 123 encontros e 6 goles na Serie B.

Trala retirada editar

Trala súa retirada como futbolista abriu un concesionario de Lancia, colaborando tamén co Pistoiese, club do que foi director deportivo e presidente.

Morte editar

O 14 de abril de 1990 viaxaba cara a Cervinia, para se reunir coa súa familia, cando o Lancia Thema que conducía chocou contra un Volkswagen Golf no que viaxaban outras catro persoas, membros dunha mesma familia, falecendo os cinco no acto.[3]

Vida persoal editar

Foi pai do adestrador de fútbol Nicolò Frustalupi.

Palmarés editar

Sampdoria
Inter de Milán
Lazio

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Mario Frustalupi, l'Orvietana costretta ad annullare il torneo alla memoria" (en italiano). 14 de abril de 2020. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  2. "El Sampdoria, afirma haber ultimado el traspaso de Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1970. p. 14. 
  3. "STRAGE SULLE STRADE DELL' ESODO PIEMONTE, FAMIGLIA DISTRUTTA". la Repubblica (en italiano). 15 de abril de 1990. Consultado o 19 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar