Mario Corso

futbolista italiano

Mario Corso, nado en San Michele Extra, Verona, o 25 de agosto de 1941 e finado en Milán o 20 de xuño de 2020, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como centrocampista.

Corso
Información persoal
Nome Mario Corso
Nacemento 25 de agosto de 1941
Lugar de nacemento Verona
Falecemento 20 de xuño de 2020
Lugar de falecemento Milán
Altura 1,75 m.
Posición extremo esquerdo
Carreira xuvenil
Azzurra Verona
Audace San Michele
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1973 Inter de Milán 413 (75)
1973–1975 Genoa 26 (3)
Total 439 (78)
Selección nacional
1961–1971 Italia 23 (4)
Adestrador
1978–1982 Napoli Primavera
1982–1983 Lecce
1983–1984 Catanzaro
1984–1985 Inter de Milán Primavera
1985–1986 Inter de Milán
1987–1989 Mantova
1955–1957 Barletta
1992 Verona
1992–1993 Verona
Na rede
UEFA: 36651 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Considerado como un dos xogadores italianos máis inventivos e imaxinativos da historia,[1][2][3][4] o seu nome está vencellado ao Inter do Milán, no que xogou de 1958 a 1973, antes de fichar polo Genoa, onde rematou a súa carreira en 1975. Disputou 502 partidos coa camiseta nerazzurra, coa que marcou 94 goles e gañou catro campionatos da Serie A, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.[5] Tamén foi adestrador de varios equipos, entre eles o propio Inter, ao que dirixiu na tempada 1985/86.

Foi 23 veces internacional coa selección italiana, coa que marcou 4 goles. Candidato tres veces ao Balón de Ouro, quedou na sétima posto na edición de 1964.[6]

Traxectoria editar

Como xogador editar

Naceu en San Michele Extra, un suburbio de Verona. Comezou a xogar no Azzurra Verona, un club do distrito de San Giovanni in Valle, en Verona, e despois pasou polo Audace San Michele antes de ser descuberto polo Inter, no que ingresou o 20 de xuño de 1958, xunto con Mario Da Pozzo e Claudio Guglielmoni.[5] O prezo total da operación foi de nove millóns de liras e o seu primeiro salario foi de 70 000 liras ao mes.[7] Debutou cos nerazzurri o 29 de xuño de 1958, con 16 anos e 10 meses de idade, nun partido da Copa de Italia ante o Monza, no que entrou como substituto de Claudio Guglielmoni, vencendo por 3-1. O 13 de xullo marcou o seu primeiro gol, na vitoria por 3-0 ante o Como, tamén na Copa de Italia, converténdose no goleador máis novo da historia do Inter. O 23 de novembro do mesmo ano debutou na Serie A, nunha goleada por 5-1 sobre a Sampdoria. Marcou o seu primeiro gol na Serie A, con 17 anos e 97 días, o 30 de novembro de 1958, nun empate 2-2 ante o Bologna.

 
Inter de Milán na tempada 1963/64.

Nos seguintes anos foi un dos piares e símbolos do Grande Inter, dirixido por Helenio Herrera,[8] xunto a xogadores como Sandro Mazzola, Giacinto Facchetti ou o galego Luis Suárez. Con todo, a súa relación co técnico Helenio Herrera non era boa e este pedía cada ano a venda do xogador, chocando coa negativa do presidente Angelo Moratti.[1][9] Xogou no Inter ata 1971, gañando catro títulos de liga (1963, 1965, 1966 e 1971), dúas Copas de Europa (1964 e 1965) e dúas Copas Intercontinentais, e exercendo como capitán nos últimos anos. O 26 de setembro de 1964 marcou o único gol do partido de desempate da Copa Intercontinental contra o Independiente no Santiago Bernabéu, dándolle ao club milanés a vitoria e o seu primeiro título de campión do mundo.

En 1973, tralo regreso de Herrera ao banco interista, foi finalmente traspasado, sendo o seu destino o Genoa. A súa primeira tempada no club lígur rematou co descenso á Serie B. A comezos do ano seguinte sufriu unha grave lesión, fracturando unha tibia,[10] Non chegou a recuperarse totalmente, fracturándose de novo durante un adestramento e poñendo fin á súa carreira.[11]

Selección nacional editar

Foi 23 veces internacional coa selección italiana entre 1961 e 1971, marcando 4 goles. Coa camiseta azzurra, porén, non puido igualar os resultados obtidos nos seus clubs.[1] Debutou internacionalmente en 1961, nun partido amigable perdido ante Inglaterra por 2-3. O 15 de outubro do mesmo ano marcou os seus primeiros goles ante Israel, nun partido correspondente á clasificación para o Mundial.[2]

Trala chegada ao banco da selección da terna Giovanni Ferrari - Helenio Herrera - Paolo Mazza, foi excluído desta e non foi convocado para o Mundial de 1962 en Chile, indo no seu lugar Gianni Rivera, con 18 anos. O Mundial rematou sen gloria para a selección italiana, eliminada na primeira fase e rodeada da polémica, motivada en gran parte pola exclusión de Corso.

Tampouco foi convocado para o Mundial de 1966, por un conflito persoal co adestrador Edmondo Fabbri, e tamén co segundo adestrador, Ferruccio Valcareggi,[12] máis tarde sucesor de Fabbri, que tamén o excluíu da Eurocopa de 1968, gañada por Italia. O 9 de outubro de 1971 xogou o seu último partido coa selección nacional, nun Italia-Suecia (3-0).

En 1967 a FIFA incluíuno nunha selección do Resto do Mundo, nun amigable contra España en homenaxe ao porteiro Ricardo Zamora. Compartiu once titular con xogadores como Gianni Rivera, Mário Coluna ou Eusébio e logrou a vitoria por 3-0.

 
Mario Corso anotando o gol da vitoria nun derbi contra o Milan en 1970.

Como adestrador editar

Despois de retirarse dos terreos de xogo, obtivo o título de adestrador, sendo o seu primeiro equipo o filial do Napoli, co que conseguiu o título do Campionato Primavera 1. Máis tarde dirixiu outros dous equipos do Sur: o Lecce e o Catanzaro. Co equipo do Salento conseguiu a permanencia no campionato da Serie B 1982/83, mentres que no equipo calabrés foi destituído tras só 10 partidos xornadas.

De volta ao Inter, adestrou o equipo xuvenil, ata que en novembro de 1985 o presidente Ernesto Pellegrini confioulle o primeiro equipo para substituír a Ilario Castagner. Debutou o 24 de novembro, cun empate 1-1 ante a Juventus de Trapattoni. O 6 de abril de 1986 gañou o derbi contra o Milan por 1-0, no que foi o primeiro derbi de Silvio Berlusconi ao mando dos milaneses. O Inter acabou o campionato na sexta posición, por diante do Milan, clasificándose para a Copa da UEFA. Non continuou no banco do Inter na seguinte tempada, ocupando o seu lugar Trapattoni.

Na tempada 1987/88 dirixiu o Mantova, ao que levou a gañar o campionato da Serie C2 ese ano a un sexto posto ao ano seguinte na C1. Posteriormente pasou polos bancos do Barletta e o Verona, antes de regresar ao Inter como observador.[7]

Vida persoal editar

Casou con Enrica. Faleceu o 20 de xuño de 2020 aos 78 anos, tras unha breve hospitalización.[13]

Palmarés editar

Como xogador editar

Inter de Milán
Selección italiana sub-19

Como adestrador editar

Napoli Primavera
Mantova

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Monti 2002, p. 660.
  2. 2,0 2,1 "I 70 anni dell' insolente Mariolino il sinistro che creò la foglia morta" (en italiano). 23 de agosto de 2011. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  3. "Morte Corso, il calcio si unisce nel cordoglio: "Campione eterno, dotato di infinita classe"" (en italiano). 20 de xuño de 2020. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  4. "Mario Corso, il ricordo di Marani: "Fantasia pura, uno dei più grandi negli Anni '60"" (en italiano). 20 de xuño de 2020. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Il 20 giugno nel nome delle stelle e della Grande Inter". inter.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2022. Consultado o 23 de novembro de 2022. 
  6. "Biografia di Mario Corso" (en italiano). Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Compleanno Inter per Corso mitico «piede sinistro di Dio»" (en italiano). 25 de agosto de 2001. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  8. Tosatti 1996, p. 77.
  9. Tosatti 1996, p. 51.
  10. Monti 2002, p. 661.
  11. "Muore MARIO CORSO … la fine di un mito (1941/2020)" (en italiano). 20 de xuño de 2020. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  12. "I "tesori perduti" dalle Nazionali: la storia dei 15 più forti giocatori epurati dai ct" (en italiano). 18 de novembro de 2014. Consultado o 15 de marzo de 2022. 
  13. Vanni, Franco (20 de xuño de 2020). "È morto Mario Corso, il fenomenale mancino della Grande Inter". Repubblica (en italiano). Consultado o 15 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar