Narciso Pezzotti
Narciso Pezzotti, nado en Offanengo, Cremona, o 8 de xullo de 1942, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol italiano.
Pezzotti | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Narciso Pezzotti | ||
Nacemento | 8 de xullo de 1942 | ||
Lugar de nacemento | Offanengo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Crema | |||
–1964 | Bolzano | ||
1964–1967 | Chieti | 39+ | (3+[1][2]) |
1967–1969 | Empoli | 74 | (4) |
1969–1971 | SPAL | 42 | (3) |
1971–1974 | Solbiatese | 88 | (2[3]) |
Adestrador | |||
1978 | Como | ||
1981–1982 | Empoli | ||
1986–1992 | Sampdoria[4] | ||
1992–1993 | Roma | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarComo futbolista xogaba de dianteiro e militou en varios equipos, principalmente da Serie C, ata que a súa carreira se viu truncada por mor dunha grave lesión de xeonllo.
Despois de obter a licenza de adestrador comezou a traballar na canteira do Solbiatese, antes de coller en 1978 as rendas do Como, na Serie B, como substituto do galego Luis Suárez, cesado trala xornada 24. Con todo, non puido evitar o descenso do club. Posteriormente pasou polo Empoli e en 1982 comezou a traballar como segundo adestrador de destacados técnicos: ata 1984 traballou con Eugenio Bersellini no Torino e máis tarde foi segundo de Vujadin Boškov na Sampdoria e na Roma (aínda que durante a súa etapa co iugoslavo o adestrador oficial era Pezzotti, mentres que Boškov tiña o cargo de director técnico). Coa Sampdoria gañou a Recopa de Europa e a Serie A.
En 1994 comezou a súa colaboración con Marcello Lippi, co que traballou na Juventus, no Inter de Milán e na selección italiana, sendo o seu principal colaborador durante a conquista da Copa do Mundo de 2006. Traballou co técnico toscano tamén na China, primeiro no Guangzhou e logo na selección chinesa.
Palmarés
editarComo xogador
editarChieti
- Serie D (1): 1966/67.
Como adestrador
editarSampdoria
- Serie A (1): 1990/91.
- Recopa de Europa (1): 1989/90.
Notas
editar- ↑ V.V. A.A. (1966). "Narciso Pezzotti". Almanacco illustrato del Calcio (en italiano) (Carcano edizioni): 180.
- ↑ V.V. A.A. (1967). "Narciso Pezzotti". Almanacco illustrato del Calcio (en italiano) (Carcano edizioni): 198.
- ↑ V.V. A.A. (1973). "Narciso Pezzotti". Almanacco illustrato del Calcio (en italiano) (Panini edizioni): 263.
- ↑ Con Vujadin Boškov como director técnico.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do adestrador en Transfermarkt (en inglés).