FC Amsterdam

club de fútbol neerlandés

O FC Amsterdam foi un club de fútbol neerlandés con sede en Ámsterdam, que existiu entre 1972 e 1982.

FC Amsterdam
NomeFC Amsterdam
Fundación20 de xuño de 1972
Desaparición17 de maio de 1982
EstadioEstadio Olímpico
Ámsterdam, Países Baixos
Inauguración1928
Capacidade64.000
Na casa
Fóra

Foi fundado o 20 de xuño de 1972, a partir da fusión dos clubs Blauw Wit e DWS, aos que se uniu tamén o Volewijckers para a tempada 1973/74. Esa mesma tempada, o club rematou quinto na Eredivisie e clasificouse para a Copa da UEFA da seguinte campaña, competición na que derrotou ao Hibernians maltés por un resultado global de 12-0, ao Inter de Milán de Luis Suárez por 2-1 e ao Fortuna Düsseldorf por 5-1, antes de caer nos cuartos de final diante do Köln.

Despois de descender á Eerste Divisie na tempada 1977/78, reduciuse o seu número de seareiros e o club abandonou o Estadio Olímpico en 1980. Finalmente o FC Amsterdam disolveuse en maio de 1982.

Entre os xogadores que pasaron polo club figuran entre outros Jan Jongbloed (1972-1977), porteiro da selección neerlandesa na final do Mundial de 1974, Geert Meijer, Gerard van der Lem, Nico Jansen, Andre Wetzel, Martin Wiggemansen e Heini Otto.[1]

Notas editar