Chus Pereda
Jesús María Pereda Ruiz de Temiño, máis coñecido como Chus Pereda, nado en Medina de Pomar o 15 de xuño de 1938 e finado en Barcelona o 27 de setembro de 2011, foi un futbolista e adestrador español, que xogaba como interior.
Nome orixinal | Jesús María Pereda Ruiz de Temiño | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 15 de xuño de 1938 Medina de Pomar, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de setembro de 2011 (73 anos) Barcelona (España) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Chus Pereda | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,70 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1957 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1964 | Eurocopa de Fútbol España 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Militou durante a maior parte da súa carreira no Barcelona, co que gañou dúas Copas do Xeneralísimo e unha Copa de Feiras. Xogou ademais en varios outros equipos, entre eles o Real Madrid, co que conquistou unha liga e unha Copa de Europa. Internacional coa selección española, coroouse con esta campión da Eurocopa na edición de 1964, na que marcou gol tanto nas semifinais como na final ante a Unión Soviética.
Traxectoria
editarInicios
editarNaceu en Medina de Pomar, na provincia de Burgos, sendo fillo dun carniceiro, e aos poucos anos emigrou coa súa familia a Chile. Ao seu regreso xogou no Alcázar do seu pobo natal, onde axiña empezou a destacar.[1] Aos 15 anos fichou polo Balmaseda, da localidade biscaíña de Balmaseda, pero apenas puido xogar ao ser denunciado por outro equipo debido a que non tiña a idade mínima necesaria.[1] Estudou o bacharelato en Bilbao e xogou na selección biscaíña sub-16, da que foi capitán.
Indautxu
editarA continuación fichou polo Indautxu, da Segunda División, categoría na que debutou o 18 de marzo de 1956, con 17 anos, nun partido ante o Sabadell. No seu segundo encontro, ante o Logroñés, marcou o seu primeiro gol. No club bilbaíno tivo como adestrador a Iriondo e coincidiu con futbolistas como Zarra, Raimundo Lezama, Uría, Isasi ou Miguel Jones, e xogou nel ata os primeiros días de 1958, acadando na tempada 1956/57 o terceiro posto. Tanto el como Jones, e máis tarde Gárate, foron rexeitados de xeito polémico polo Athletic de Bilbao por non seren vascos de nacemento.[2] Pereda fichou entón polo Real Madrid.
Real Madrid
editarDebutou co club branco na Primeira División un mes despois, na 21ª xornada da tempada 1957/58 diante do Jaén. Dúas semanas despois disputou o seu primeiro e único partido na Copa de Europa, marcando dous goles contra o Sevilla no Sánchez Pizjuán. Proclamouse campión tanto da liga como da Copa de Europa e disputou tamén a final da Copa do Xeneralísimo, sendo titular contra o Athletic, que acabou conquistando o título. O seu balance no club madrileño foi de seis partidos oficiais e tres goles.
Cesión ao Valladolid
editarPara a seguinte tempada foi cedido ao Real Valladolid, da Segunda División. Titular indiscutible no club adestrado por Saso, marcou 9 goles que contribuíron a que o equipo se proclamase campión e ascendese á máxima categoría.
Sevilla
editarEn 1959 foi traspasado ao Sevilla FC, nun intercambio por Pepillo II.[3] Xogou no club andaluz durante as seguintes dúas campañas, acadando na primeira delas un cuarto posto en liga, e formando un célebre ataque coñecido como a "dianteira de cristal", xunto a Agüero, Diéguez, Antoniet e Szalay.[4] Disputou un total de 64 partidos oficiais, nos que marcou 14 goles, 11 deles durante a primeira campaña.[5]
Barcelona
editarNo verán de 1961 fichou polo FC Barcelona, club no que militou durante oito anos, disputando un total de 203 partidos oficiais e 65 goles. Durante ese tempo gañou a Copa do Xeneralísimo dúas veces, en 1963 e 1963, sendo titular nas dúas finais e marcando o primeiro gol do equipo na de 1963, unha vitoria por 3-1 sobre o Zaragoza no Camp Nou.[6] Participou tamén en varias edicións da Copa de Feiras, proclamándose campión en 1966. Obtivo a súa mellor cifra goleadora na campaña 1963/64, na que marcou 16 goles, 12 deles na liga.
Sabadell
editarCon 31 anos deixou o Barcelona e pasou a xogar no Sabadell, tamén da Primeira División. Disputou só nove encontros co club catalán, adestrado por Pasieguito, entre eles o histórico debut europeo do equipo, na Copa de Feiras, ante o Brugge.[7]
Mallorca
editarEn novembro de 1970 fichou polo Mallorca, onde tivo de novo como adestrador a Saso.[8] Militou dúas campañas no club balear, co que disputou 59 partidos e marcou 10 goles. En 1972 puxo fin á súa carreira, despois de 442 partidos oficiais como profesional e 133 goles.
Selección nacional
editarFoi 15 veces internacional coa selección española, coa que marcou 6 goles. Debutou o 15 de maio de 1960 nun partido amigable contra Inglaterra no estadio Santiago Bernabéu, onde España venceu por 3-0. Marcou o seu primeiro tanto coa selección ese mesmo ano, nunha vitoria por 1-4 sobre Chile no estadio Nacional de Santiago.
Dous dos goles internacionais de Pereda chegaron na Eurocopa de 1964, onde España conseguiu o primeiro título da súa historia e onde Pereda foi elixido no once ideal do torneo. Nas semifinais contra Hungría xogou de interior dereito e marcou o gol que abriu o marcador.
Na final ante a Unión Soviética pasou ao interior dereito, intercambiando a súa posición pola do galego Luis Suárez, e volveu anotar o gol inicial ao pouco de comezar o partido, collendo un balón dentro da área e superando cun disparo ao histórico gardameta Lev Iashin. Con todo, o seu gol foi contrarrestado case inmediatamente por un tanto soviético, obra de Khusainov. Preto do final do encontro, Pereda, cun rápido movemento, desfíxose da marcaxe de Anichkin e colocou un centro ao dianteiro Marcelino, que este rematou de cabeza a gol, facendo así o segundo e definitivo tanto. As imaxes do gol mostradas en España no NO-DO foron manipuladas, mostrando un centro de Amancio en vez do de Pereda, polo que no imaxinario popular permaneceu durante décadas a idea errónea de que fora o coruñés quen dera a asistencia a Marcelino.[9]
Trala Eurocopa disputou só catro partidos máis como internacional. En 1968, despois de tres anos sen vestir a camiseta da selección, acudiu á convocatoria do muxián Eduardo Toba para xogar ante Iugoslavia en Belgrado, nun partido correspondente á clasificación para o Mundial de 1970. Xogou a parte final do partido como substituto de Marcial Pina, no que foi o seu último encontro coa selección.
Como adestrador
editarPouco despois da súa retirada iniciou unha carreira como adestrador. Dirixiu durante máis de 15 anos as categorías inferiores da selección española. En 1985 levou á selección sub-20 ao subcampionato mundial no torneo disputado na Unión Soviética, onde perdeu na prórroga da final ante o Brasil. Traballou tamén como axudante na selección absoluta e en 1992 substituíu a un enfermo Vicente Miera á fronte do equipo durante un partido.[10]
Na tempada 1995/96 tivo a súa primeira e única experiencia como adestrador dun club, dirixindo o Xerez CD na Segunda División B, onde rematou no 11º lugar. En 1998 dirixiu o primeiro encontro da historia da selección de Castela e León, un empate 1-1 diante de Aragón.[11]
Palmarés
editar- Real Madrid
- Primeira División (1): 1957/58.
- Copa de Europa (1): 1957/58.
- Valladolid
- Segunda División (1): 1958/59.
- Barcelona
- Copa do Xeneralísimo (2): 1962/63, 1967/68.
- Copa de Feiras (1): 1965/66.
- Selección española
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ortiz, Miguel Ángel (21 de xuño de 2016). "Chus Pereda, héroe del ’64" (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ Agiriano, Jon. "Voluntad de tradición" (en castelán). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ ""Chus" Pereda: el héroe entrañable de la Eurocopa de 1964". Mundo Deportivo (en castelán). 27 de setembro de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ "Luis Miró y la delantera de cristal, en la máquina del tiempo". Sevilla Fútbol Club (en castelán). 24 de maio de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Fallece Chus Pereda, uno de los campeones de la Eurocopa'64". El Mundo (en castelán). 27 de setembro de 2011. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ Payarols, Lluís (25 de marzo de 2015). "El Barça buscará ganar su quinta Copa en 'casa'". Sport (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Cuando el Sabadell jugó en Europa" (en castelán). 28 de novembro de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ Ruiz, Antoni (29 de xaneiro de 2016). "Chus pereda, el fichaje de un campeón de europa" (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ Olmedo, Álvaro (27 de setembro de 2011). "La asistencia de Pereda que el NO-DO le robó". Marca (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Chus Pereda fallece a los 73 años". ABC (en castelán). 27 de setembro de 2011. Consultado o 18 de agosto de 2022.
- ↑ "Luto en el fútbol de Castilla y León por la muerte de su primer seleccionador" (en castelán). 27 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2022. Consultado o 18 de agosto de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador no sitio web do FC Barcelona (en castelán).
- Datos do xogador no sitio web da FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016.
- Datos do xogador Arquivado 18 de maio de 2022 en Wayback Machine. no sitio web da selección española (en castelán).