Txetxu Gallego

futbolista español
(Redirección desde «José Ramón Gallego Souto»)

José Ramón Gallego Souto, coñecido como Txetxu Gallego, nado en Durango o 7 de agosto de 1959, é un exfutbolista español, que xogaba como centrocampista. Desenvolveu case toda a súa carreira no Athletic de Bilbao, co que disputou 331 partidos oficiais en 11 tempadas.

Txetxu Gallego
Información persoal
Nome José Ramón Gallego Souto
Nacemento 7 de agosto de 1959
Lugar de nacemento Durango
Altura 1,76 m.
Posición centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1979 Cultural Durango
1979–1980 Bilbao Athletic 30 (1)
1980–1991 Athletic de Bilbao 259 (14)
1980–1981 Córdoba 36 (0)
1991–1992 Alavés 29 (1)
Selección nacional
1986 España sub-21 1 (0)
1986–1987 España olímpica 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira futbolística en 1978, nas filas da Cultural Durango da súa vila natal, en Rexional Preferente. Ao ano seguinte fichou polo filial do Athletic de Bilbao, o Bilbao Athletic, que militaba na Segunda División B.

No filial bilbaíno tivo como adestrador a Javier Clemente e antes de rematar a súa primeira tempada subiu ao primeiro equipo para disputar as últimas xornadas da tempada 1979/80. Debutou na Primeira División nun partido contra o Espanyol en Sarrià, entrando na segunda parte como substituto de José María Noriega.[1] Disputou outros seis partidos co primeiro equipo esa tempada, mentres que na seguinte xogou cedido no Córdoba CF, de Segunda B, mentres realizaba o servizo militar en Andalucía. Co club cordobés logrou o ascenso a Segunda División.

Regresou ao equipo de San Mamés en 1981, sendo un habitual no centro do campo titular durante os seguintes oito anos.[2][3] Formou liña media con De Andrés e Urtubi nas dúas ligas conquistadas de xeito consecutivo polo club vasco nas tempadas 1982/83 e 1983/84, e foi titular nas dúas finais de Copa do Rei que o seu equipo disputou neses anos, gañando a de 1984. Xogou ademais 4 partidos da Copa de Europa e 15 da Copa da UEFA.

Deixou o club en 1991, despois de 331 partidos oficiais e 17 goles (18 segundo o sitio web do Athletic). Xogou unha última tempada co Alavés en Segunda B antes de retirarse. Despois de colgar as botas foi durante anos encargado de material do Athletic.[4]

Selección española editar

Foi internacional coa selección española sub-21, coa que conquistou a Eurocopa sub-21 en 1986. Disputou tamén catro partidos coa selección olímpica, buscando a clasificación para os Xogos Olímpicos de 1988, pero sen lograr o obxectivo.

Palmarés editar

Athletic Club
Selección española sub-21

Notas editar

  1. "0-0: El Español jugó lo bastante para ganar". Mundo Deportivo (en castelán). 31 de marzo de 1980. p. 4. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  2. "El bilbaíno Gallego, premio a la regularidad". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de febreiro de 1987. p. 19. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  3. "Ath. Bilbao: Renovo Gallego". Mundo Deportivo (en castelán). 12 de maio de 1989. p. 64. Consultado o 23 de marzo de 2022. 
  4. Rivas, Jon. "Un lujo en el banquillo" (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar