José González Dopeso

avogado e político galego

José González Dopeso, nado na Coruña o 28 de maio de 1916 e finado na Coruña o 11 de decembro de 1989, foi un avogado e político galego.

José González Dopeso
Nacemento28 de maio de 1916
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento11 de decembro de 1989
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]
Tumba de González Dopeso no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid. Foi letrado da Organización Sindical (1940-1945). Foi concelleiro da Coruña entre 1952 e 1958. Foi presidente do Español de Santa Lucía, da Federación Galega de Boxeo e do Club de Tenis da Coruña, ademais de vicepresidente do Deportivo da Coruña e da Federación Galega de Tenis.[1] Tamén presidiu o Fabril na época en que este se fusionou co Club Deportivo Xuvenil e pasou a ser filial do Deportivo da Coruña.[2] Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985), por Alianza Popular. En 1982 foi nomeado conselleiro de Xustiza e Interior. Foi fundador e presidente de Amigos de La Coruña (1972) e abandonou Alianza Popular en 1987 e presentouse á alcaldía da Coruña por Unión Coruñesa.


Predecesor:
-
  
Conselleiro de Xustiza e Interior
 
1982 - 1982
Sucesor:
José Manuel Romay Beccaría

Notas editar

  1. "José González Dopeso: Una vida dedicada a su ciudad". La Opinión A Coruña (en castelán). 22 de agosto de 2009. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  2. "Historia do Fabril". Consultado o 13 de outubro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar