Manuel Neira Martínez

futbolista galego

Manuel Neira Martínez, nado na Coruña o 25 de maio de 1916, foi un futbolista e adestrador galego. Xogaba de defensa.

Manuel Neira
Información persoal
Nome Manuel Neira Martínez
Nacemento 25 de maio de 1916
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1939–1941 Deportivo da Coruña 18 (2)
1941–1943 Murcia 9 (0)
1943–1944 Granada 10 (0)
1944–1945 Deportivo da Coruña 1 (0)
Adestrador
1953–1959 Fabril
1959–1961 Viveiro
1961–1963 Fabril
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xogou no Deportivo da Coruña dúas tempadas e media entre 1939 e 1942, logrando o ascenso a Primeira División na segunda delas pero sen poder debutar en primeira. Tras dous anos no Murcia, debutou co Granada en Primeira División na tempada 1942–43, permanecendo dúas campañas no club.

Na tempada 1944–45 volveu ao Deportivo da Coruña en Primeira División, sendo o defensa menos habitual do cadro adestrado por Ramón de la Fuente. Participou nun único partido, na xornada 7, nunha derrota a domicilio contra o Athletic Club (5–2). Relegado á suplencia, compartiu banquiño co outro defensa, Bernabé Prieto, aínda que este último xogou máis encontros. Ese ano os defensas titulares foron Pedrito e José Vara Martínez. Ao remate da campaña, o equipo descendeu a Segunda División.

En 1952 substituíu a Eduardo Toba como adestrador do Fabril, permanecendo no cargo durante sete anos, ata que en 1959 marchou ao Viveiro.[1][2]

En 1961 volveu tomar as rendas do Fabril, ocupando o cargo ata 1963.

Notas editar

  1. "Neira, entrenador del Fabril". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de xaneiro de 1953. p. 4. 
  2. "Neira al Vivero". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 14 de xullo de 1959. p. 5.