Tim Caroutas

futbolista australiano

Thymos Nikitas Caroutas McDiarmid, coñecido como Tim Caroutas, nado en Illawarra, Nova Gales do Sur, Australia, o 2 de xaneiro de 2003, é un futbolista australiano que xoga como centrocampista no Fabril, da Segunda división RFEF.

Tim Caroutas
Información persoal
Nome Thymos Nikitas Caroutas McDiarmid
Nacemento 2 de xaneiro de 2003
Lugar de nacemento Illawarra
Altura 1,83 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Fabril
Carreira xuvenil
2018–2022 Cornellà
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2021 Cornellà 0 (0)
2022– Fabril 14 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De ascendencia grega,[1] naceu en Australia, onde comezou a xogar ao fútbol ata que aos 15 anos se trasladou a Cataluña, onde entrou na canteira do Cornellà. Pasou polo equipo cadete e o xuvenil, e o 16 de decembro de 2020, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante o Marino.[2]

En xullo de 2022 mudouse a Galicia, onde fichou polo Fabril, da Terceira División RFEF.[1] Xusto despois da súa chegada incorporouse ao primeiro equipo do Deportivo da Coruña, adestrado por Borja Jiménez, para realizar a pretempada, e debutou con este nun partido amigable contra o Racing Vilalbés na Magdalena, converténdose no primeiro futbolista australiano e oceánico en vestir a camiseta do club nos seus 116 anos de historia.[3] Marcou o seu primeiro gol co Deportivo no seguinte partido amigable, tamén na Magdalena, na goleada por 7-1 sobre a Ponferradina, equipo da Segunda División.[4]

Palmarés editar

Fabril

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El Fabril ficha a Tim Caroutas y libera a Runy, que se marcha al Villanovense". La Opinión A Coruña (en castelán). 25 de xullo de 2022. Consultado o 5 de agosto de 2022. 
  2. "17 de dec. de 2020" (en castelán). 17 de decembro de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2022. 
  3. "O Dépor impón a súa lei na segunda metade do clásico do verán branquiazul". 30 de xullo de 2022. Consultado o 5 de agosto de 2022. 
  4. "O Dépor mostra unha gran cara ante a Ponferradina (7-1)". 3 de agosto de 2022. Consultado o 5 de agosto de 2022.