Dani Barcia

futbolista galego

Daniel Barcia Rama, nado na Costa da Tapia (O Temple, Cambre) o 19 de xaneiro de 2003, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Modelo:BiografíaDani Barcia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalDaniel Barcia Rama
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
A Costa da Tapia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogodefensa central
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2010–2011 Atlético San Pedro
2011–2021 Deportivo da Coruña
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2021–2023   Deportivo Fabril 58(4)
2023–   Deportivo da Coruña 29(0)

Traxectoria

editar

Naceu o 19 de xaneiro de 2003 na Costa da Tapia, onde se instalaran antes de el nacer seus pais Sandra e Toni.[1] Seu pai, orixinario de Cabana de Bergantiños, fora futbolista de varios equipos da Liga da Costa, e militou tamén no Bergantiños de Xulio Díaz a finais da década de 1980.[1]

Socio do Deportivo da Coruña dende o seu nacemento,[1] comezou a xogar ao fútbol no equipo prebenxamín do Atlético San Pedro, co que marcou numerosos goles xogando no centro do campo. Aos oito anos incorporouse ao equipo benxamín do Deportivo e durante os seguintes anos foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club. No infantil B foi un dos tres capitáns do equipo, xunto a Jairo Noriega e Álvaro Carreras, e portou tamén o brazalete nos conxuntos cadete e xuvenil.[2]

Na tempada 2020/21 formou parte do equipo xuvenil que con Óscar Gilsanz como adestrador conquistou a División de Honra Xuvenil e tamén a Copa de Campións, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.[3] Na seguinte campaña disputou a Liga Xuvenil da UEFA, xa ás ordes de Manuel Pablo, sendo titular en todos os partidos, e xogou os 120 minutos do encontro fronte ao Dynamo de Kíiv, caendo xunto ao seu equipo na quenda de penaltis, nun Riazor con máis de 20.000 seareiros nas bancadas.[4]

Na tempada 2021/22 subiu ao Fabril, onde tivo como adestrador de novo a Gilsanz, e afianzouse na defensa titular do equipo. Na tempada 2022/23 formou unha sólida defensa xunto a Ángel Puerto, Marc Lachèvre e Iano Simão, encaixando só 18 goles, o que foi unha das claves do ascenso do equipo á Segunda Federación como campión de grupo.[5] Esa mesma tempada, o 12 de novembro de 2022, debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, da man de Óscar Cano, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Guijuelo, na que integrou a defensa titular xunto a Trilli, Puerto e Retu.[6]

Para a tempada 2023/24 subiu definitivamente ao primeiro equipo e renovou co club ata o 2026.[7] Non contou con demasiadas oportunidades ás ordes de Imanol Idiakez, que só o aliñou en 12 partidos da liga regular, pero proclamouse campión da categoría, conseguindo así o ascenso á Segunda División.[2] Debutou na categoría de prata na sexta xornada de liga, nunha derrota ante o Burgos en Riazor, formando como titular no centro da defensa xunto a Pablo Vázquez.[8]

Selección española

editar

O seu alto rendemento co Deportivo da Coruña Xuvenil levouno a debutar coa selección española sub-19 en setembro de 2021, nun amigable diante de México.[9]

Palmarés

editar
Fabril
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 1,2 Antelo, Iván (17 de novembro de 2021). "Así es Dani Barcia, la otra joya del Deportivo que desean los grandes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Pereira, Eder (25 de febreiro de 2025). "Capitán Barcia, un sueño cumplido en tiempo récord". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2025. 
  3. Antelo, Iván (27 de xuño de 2021). "Noel destroza al Barça y el Dépor alza la Copa de Campeones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  4. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  5. Antelo, Iván (24 de abril de 2023). "Las claves del éxito del Fabril: la tropa de Marbella da otro paso". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2025. 
  6. "O Dépor cae en primeira rolda de Copa (2-0)". Deportivo da Coruña. 12 de novembro de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2023. 
  7. "El Deportivo se asegura a Dani Barcia al menos hasta el 2026" (en castelán). 20 de setembro de 2023. Consultado o 26 de febreiro de 2025. 
  8. Pereira, Eder (25 de setembro de 2024). "El premio a la paciencia de Dani Barcia". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2025. 
  9. "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 11 de febreiro de 2023.