Alberto Retuerta

futbolista español

Alberto Retuerta Cuadros, coñecido como Retu, nado en Madrid o 1 de xaneiro de 2002, é un futbolista español que xoga de lateral esquerdo no Hércules, da Segunda División RFEF.

Retu
Información persoal
Nome Alberto Retuerta Cuadros
Nacemento 1 de xaneiro de 2002
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,86 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Hércules
Número 16
Carreira xuvenil
2007–2010 Vicálvaro
2010–2012 Rayo Vallecano
2012–2021 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2022 Real Madrid Castilla 22 (0)
2022–2024 Deportivo da Coruña 3 (0)
2023 Hércules 15 (0)
2024– Hércules 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol nas canteiras do Vicálvaro e do Rayo Vallecano e aos 10 anos ingresou na estrutura do Real Madrid.[1] Subiu polos diferentes equipos do club durante a seguinte década e con 18 anos debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, da man de Raúl, nunha vitoria por 3-1 sobre o Navalcarnero.[2] Durante esa tempada (2020/21) compaxinou o filial co equipo xuvenil, co que disputou a Copa de Campións, caendo en semifinais fronte ao Deportivo da Coruña.[3] Na seguinte campaña subiu definitivamente ao Castilla, co que disputou a nova Primeira División RFEF, xogando 10 encontros, 9 deles como titular.

En xullo de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[4] Sen minutos en liga, disputou un só partido co equipo galego na tempada, a derrota fronte ao Guijuelo na primeira rolda da Copa do Rei. En xaneiro anunciouse a súa saída ao Hércules, en calidade de cedido ata o remate da tempada.[5] No equipo alacantino, que militaba na Segunda División RFEF, recuperou protagonismo, sendo titular indiscutible no lateral esquerdo do equipo ata o final da tempada.

De regreso no Deportivo, viviu unha situación similar á da anterior campaña, disputando só 4 partidos na primeira metade da 2023/24, polo que no mercado invernal, club e xogador acordaron a rescisión do seu contrato.[6] A continuación regresou ao Hércules.[7]

Notas editar

  1. "El Deportivo incorpora en propiedad a Alberto Retuerta, del Real Madrid". El Correo Gallego (en castelán). 27 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  2. "3-1: Brillante remontada del Castilla frente al Navalcarnero" (en castelán). 21 de novembro de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  3. Antelo, Iván (24 de xuño de 2021). "El Deportivo elimina al Madrid y jugará la final de la Copa de Campeones juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  4. "Alberto Retuerta, novo xogador do Dépor 22-23". 26 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022. 
  5. "Retu xogará cedido no Hércules até final de temporada". 25 de xaneiro de 2023. Consultado o 25 de xaneiro de 2023. 
  6. "Retu rescinde su contrato de mutuo acuerdo con el Deportivo" (en castelán). 1 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  7. V. Belmar, Lucas (1 de febreiro de 2024). "Retu llega a última hora al Hércules pero Miranda no" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar