Manuel Ríos Quintanilla
Manuel Ríos Quintanilla, coñecido como Manolete, nado na Coruña o 26 de maio de 1945, é un exfutbolista galego. Nos seus inicios xogaba de defensa central, pasando máis tarde ao mediocampo. Desenvolveu case toda a súa carreira no Deportivo da Coruña, sendo un dos futbolistas máis emblemáticos da historia do club.[1] Xogou tamén no Valencia e o Hércules, e foi internacional coa selección española en dúas ocasións, en 1972.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1945 (79 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNacido na coruñesa rúa da Torre, comezou a xogar ao fútbol no Perseverancia de Santo Tomás, pasando despois ao equipo xuvenil do Deportivo Ciudad.[2] Durante esta época foi convocado varias veces por Rodrigo para a selección galega xuvenil, coa que disputou o Campionato de España de seleccións rexionais.[3]
En 1963 fichou polo Deportivo da Coruña, que o asignou na súa primeira tempada ao seu filial, o Fabril.[4] Disputou a tempada 1963/64 da Terceira División, formando na defensa xunto con Cholo e Minador. Xogou como titular os 30 partidos, clasifcándose para a fase de ascenso a Segunda, onde o equipo coruñés eliminou á Ponferradina, antes de perder contra a Gimnástica de Torrelavega, tras dous partidos de desempate no Molinón.
Na tempada seguinte pasou a ser futbolista do primeiro equipo, co que debutou en Primeira División na segunda xornada da tempada 1964/65, contra o Betis no Benito Villamarín.[5] Aínda que comezou como defensa central, acabou por adiantar a súa posición ao centro do campo.[6] Durante as seguintes oito tempadas disputou 250 partidos oficiais co Deportivo, converténdose nun dos futbolistas máis emblemáticos do club. Capitán do equipo desde os 23 anos, viviu tres descensos de categoría e outros tres ascensos.[7] A tempada 1971/72 con Arsenio no banco, foi a última de Manolete no Deportivo.
En 1972 fichou polo Valencia,[8] co que debutou en competiicón europea, disputando unha eliminatoria da Copa da UEFA contra o Estrela Vermella de Dragan Džajić.[9] Con todo, unha serie de lesións impedíronlle disputar máis de 7 partidos co equipo che en toda a campaña.[7] Na tempada 1973–74 marchou cedido ao Hércules CF a petición do adestrador Arsenio Iglesias, onde conseguiu o ascenso a Primeira división. Posteriormente regresou ao Valencia, pero unha lesión de clavícula mal curada obrigouno a retirarse definitivamente do fútbol.
De regreso en Galicia adestrou durante anos as seleccións galegas infantil e xuvenil. Trala súa retirada do fútbol traballou no sector da construción, en Fenosa e na banca, ademais de presidir a Asociación de Veteranos do Deportivo da Coruña.[7]
Selección española
editarFoi internacional coa selección española en dous partidos de clasificación para a Eurocopa de 1972. Convocado por Kubala, debutou o 16 de febreiro de 1972, nun partido contra Irlanda do Norte en Boothferry Park, substituíndo na primeira parte ao lesionado Quini.[10] Dous meses despois xogou como titular contra Grecia no estadio Kaftanzoglio de Salónica, nun equipo no que xogaban os tamén galegos Luis Suárez e Ufarte.[7]
Vida persoal
editarCasou en 1971 con María del Carmen Vila López,[11] despois de ter que adiar varias veces o casamento por mor da Copa do Xeneralísimo 1970/71, na que o Deportivo eliminou sucesivamente ao Salamanca, o Real Madrid e o Celta de Vigo ata acadar os cuartos de final.[7] Tiveron cinco fillos: Fernanda, Marimar, Víctor, Carolina e David.[7]
Notas
editar- ↑ "Manuel Ríos Quintanilla". Deportivo da Coruña. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Un juvenil de la Selección". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 1963. p. 4.
- ↑ Quesada, Emilio (20 de marzo de 1963). "Victoria de la selección gallega juvenil sobre la de Oeste". El Pueblo Gallego (en castelán) (13905). p. 9. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Manolete asegura que el Fabril será el campeón". El Progreso (en castelán) (17464). 28 de setembro de 1963. p. 6. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Betis, 4; Deportivo, 0". La Noche (en castelán) (13357). 21 de setembro de 1964. p. 5. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Manolete, el nuevo central deportivista". La Noche (13371). 7 de outubro de 1964. p. 5. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Manolete: «Mis nietos no se creen que jugué en Primera División»". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de outubro de 2018. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Me gusta tener problemas, sin ellos no habría deseos de superación". El Pueblo Gallego (en castelán) (17879). 20 de agosto de 1972. p. 16. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "El Valencia jugo bien pero no pudo con los de Dzajic". El Pueblo Gallego (en castelán) (17936). 26 de outubro de 1972. p. 12. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "España solo se defendió". El Pueblo Gallego (en castelán) (17724). 17 de febreiro de 1972. p. 12. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Ayer se casó Manolete". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xuño de 1971. p. 18.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán).
- Datos do xogador Arquivado 14 de decembro de 2021 en Wayback Machine. no sitio web oficial da selección española (en castelán).